domingo, 14 de mayo de 2017

Noticias piratas ! ! !

Hoxe toca contarvos as últimas novas piratas de clase.

Jacobo gañou un trofeo nunha carreira en bici, fíxonos moita ilusión que o trouxese a clase a ensinalo e dímoslle un aplauso ben grande.


Noraboa amigo! ! !

Tamén temos que contarvos que Omar puxo uns lentes para ver mellor e quédanlle xenial.


Estás guapiiiiiiisimo Omar! ! !

Rematamos de clasificar animais coa profe Luz.
Esta vez tocou clasificar animais vertebrados e invertebrados, e con iso finalizamos esta tarefa coa que tanto desfrutamos.


Todos os murais onde temos animais clasificados atendendo a distintos criterios poden verse na parede do corredor que temos diante da nosa clase.

E xa por último, temos que contarcos que estamos feitos uns expert@s plantando  sementes de distintos tipos.

O xoves coa profe plantamos sementes de chícharos e traballamos o vocabulario relacionado co tema en galego e castelán, lembrando o aprendido no proxecto da Granxa sobre o necesario para que medre un vexetal.





O venres, na sesión de Inglés coa profe Teresa, traballamos o vocabulario en Lingua Inglesa ao tempo que plantamos xirasois ou . . .sunflowers.


Grazas a Luz e Teresa ! ! !
Bicos e. . . seguiremos actualizando.


2 comentarios: