sábado, 3 de marzo de 2018

Día de Rosalía

O 24 de febreiro conmemórase o nacemento desta xenial poeta galega, unha muller innovadora, comprometida e adiantada ao seu tempo.
Este ano, posto que a conmemoración coincidía en fn de semana, decidimos trasladar a súa celebración ao luns 26 de febreiro.

Xuntámonos toda a escola no patio para que a obra de Rosalía cobrase vida a través das voces dos nenos e nenas.
Nas aulas de tres anos traballamos o poema O MOUCHO, musicado no libro- disco PAN DE MILLO do grupo teatral MIGALLAS.


Fixemos uns títeres duns fermosos mouchos cunha estrofa do poema de Rosalía para levar a casa.



O luns cantamos e representamos xenial a canción do moucho diante de todo o colexio.
Aqui tendes unha escolma de fotiños da nosa actuación.


Seguiremos actualizando. . .

Bicos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario