Ainda que ultimamente estivemos moi polifacétic@s (Entroido, excursións, mariscador@s, Rosalía, etc), seguimos coas nosas investigacións no noso proxecto de PITIÑOS.
Agudizamos o oído, pois Anxo trouxo un saquiño misterioso no ha había uns ovos moi especiais, e temos que estar en silencio e moi atent@s para atopar os ovos que soan igual.
Con Sara Fernández falamos de como a mamá galiña abriga aos seus pitiños, os ensina a comer, etc.
Sara trouxo unhas fotos estupendas que colocamos na parede no noso recuncho dos PITIÑOS.
Adrea sorprendeunos a tod@s con dúas actividades plásticas que fixo para adornar e xogar no recuncho.
Con Thiago comparamos as partes do corpo dos PITIÑOS coas partes do corpo das PERSOAS, e falamos de semellanzas e diferenzas.
Tamén seguimos lendo o material que recibimos da casa na procura de información para seguir aprendendo moito.
Algunhas das cousas que imos aprendendo plasmámolas por escrito, non todas porque non temos tempo suficiente e tamén é preciso que @s pequen@s aprendan a expresarse e contar verbalmente os nosos descubrimentos e aprendizaxes.
Contamos as distintas partes do corpo dos PITIÑOS e plasmamos algunhas das nosas contas en papel.
Aprendimos adiviñas e poesías relacionadas co tema que incluiremos no noso LIBRO DOS PITIÑOS para que poidades desfrutar delas na casa.
Aqui vos deixamos un divertido xogo no que hai que poñer os pitiños a salvo. É para xogar en familia, pois precisarán seguramente un pouco de axuda.
Clicade aqui para xogar.
Atopamos unha presentación en internet que resume moi ben algunha das cousas que fomos aprendendo sobre os PITIÑOS.
E para rematar, un conto relacionado co tema.
Seguiremos actualizando. . .
Bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario