Un día ao chegar ao colexio atopamos unha carta misteriosa moi especial.
Ao ler a postal descubrimos que estaba escrita por un paxariño que se chamaba OLE. Contábanos como chegou voando á cidade da Coruña e fixo a súa casa na Biblioteca do Fórum no Parque Europa.
Alí fíxose amigo das bibliotecarias e convidábanos a visitalo e coñecer a Biblioteca do Fórum.
Cando chegamos á Biblioteca xa nos estaban agardando, contáronos como organizaban os libros, como había que facer para levar contos para ler pola noite en casa antes de durmir, escoitamos contos e poesías, rímonos moito e cantamos co paxariño Ole, etc.
Antes de rematar a visita puidemos elexir contos libremente e buscar un sitio confortable e tranquilo para ler como maiores.
Foto de grupo para o recordo.
Clicade sobre a imaxe para vela ampliada.
De volta na escola, falamos de todo o que vimos e aprendimos e pintamos ao paxariño OLE.
Recadiños importantes :
1. Lembrade que o xoves 8 de marzo é día non lectivo.
2. Igual que fixemos ao final do 1º trimestre, dentro duns días levaremos para casa as nosas carpetas grandes de gomas cos nosos traballiños deste trimestre. Lembrade que os traballiños son para quedar na casa , pero as carpetas baleiras había que traelas de volta ao colexio. Algúns nen@s non trouxeron de volta a carpeta baleira despois do 1º trimestre e precisámolas canto antes para comezar a preparar os nosos traballos deste trimestre.
3. O venres levaron para casa unha carta do paxariño Ole, si queredes facervos socios/as da Biblioteca do Fórum, tendes que entregar a documentación alí persoalmente.
3. O venres levaron para casa unha carta do paxariño Ole, si queredes facervos socios/as da Biblioteca do Fórum, tendes que entregar a documentación alí persoalmente.
Que teñades boa semana ! ! !
Bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario