Aqui tendes a apertura do sobre número 19 coas novas propostas.
Este é o contido dos sobres
A palabra para traballar a linguaxe é : ESTRELA
Podedes comezar falando do seu significado, da existencia de estrelas no ceo pola noite pero tamén da existencia de estrelas de mar.
Aqui vos deixamos un vídeo sobre estrelas de mar e outros aimaliños ben curiosos.
Por si vos apetece imprimir unha proposta , aqui vos deixamos unha idea.
A tarxetiña coa proposta para facer en familia di : ler un conto de Nadal.
Por si non tendes ningún a man, aqui vos deixamos un ben fermoso : SUEÑOS DE NIEVE ( de Eric Carle)
Cántos animais tiña o granxeiro do conto?
Eres capaz de debuxalos todos?
Hoxe propóñovos facer unha merenda de Nadal moi saudable. Precisades: uvas, plátano, fresas e queixo.
Qué vos parece?
1 - Para os que queredes aprender xogando, aqui tendes un xogo interactivo de laberintos de Nadal.
2 - Quén é capaz de facer este rompecabezas e montar a árbore de Nadal como a do modelo?
3 - Agora tendes que unir cada motivo de Nadal coa súa sombra.
E ata aqui as propostas de hoxe.
Pasade un bo domingo
Biquiños
Bibi
No hay comentarios:
Publicar un comentario