Ola familias!
Aqui tendes a apertura do sobre número 20.
A tarxeta para traballar a linguaxe ten a palabra : CALCETÍN
A tarxeta coa proposta de facer en familia pon : SESIÓN DE FOTOS NAVIDEÑA
Así que xuntando as dúas propostas , ocúrreseme algo moi divertido. Qué vos parece facer uns posados fotográficos de Nadal amosando pos vosos calcetíns favoritos e máis divertidos.?
Veña, animádevos a mandarme as fotos dos vosos calcetíns máis divertidos! ! !
Déixovos ademáis, algunhas propostas para aprender xogando.
1 - Carteliños para poñer na porta da vosa habitación e que os Reis Magos saiban onde durmides.
2 - Xogo para odenar as letras seguindo o modelo e escribir as palabras correctas
3 - Buscamos a letra I
4 - Xogo de atención para buscar o obxecto que se repite
E agora tomade asiento porque chega o photocall ! !
Martina disfrutando coas propostas de Nadal para aprender xogando.
Tamén xogou moito coas letras .
Adrián fixo unha carta moi fermosa para os Reis Magos.
David fixo o boneco de neve.
Preparou a carta para As Súas Maxestades de Oriente.
E aprendeu moito xogando coas nosas propostas interactivas.
A Sabela gustoulle moito o conto de : Así es mi corazón
Por iso despois de escoitalo, fixo estes corazóns tan fermosos e tamén aprendeu xogando coas nosas propostas interactivas.
Moitos biquiños
Bibi
No hay comentarios:
Publicar un comentario