domingo, 5 de diciembre de 2021

CALENDARIO DE ADVENTO, DÍA 6

Para abrir o sobre número 6 a elfa elexida por Alba foi Alicia.
Alicia atopou dentro do sobre dúas tarxetiñas. Coma sempre unha delas contiña unha palabra para falar e traballar a linguaxe na clase: ÁNGEL.

Na outra tarxeta estaba a proposta para facer hoxe en familia: avós, faládeme de vós. Esta proposta gustoulles moito e tiñan moitas ganas de preguntar aos avós e ás avoas qué cousas facían de pequenos, a qué xogaban, qué lle pedían aos Reis Magos, cales eran os seus mellores amig@s, a súa comida favorita de pequenos, etc

Espero que se lembren de todas as cousiñas que querían preguntar aos avós e ás avoas e que pasen un momento inolvidable conversando xunt@s 💚💚💚💚



Aqui vos deixamos tamén algunhas fotiños das propostas en familia que nos ides mandando.
Martina é unha campeona que non se perde unha ! ! ! Fixo un tarro das grazas estupendo, pasouno xenial xogando en familia e elaborou unha bola de Nadal chulisima! ! !


Daniella e a súa familia tamén se apuntan ás nosas propostas! ! !


Grazas por compartir as fotos con nós ! ! !

Animádevos a mandarnos fotiños das propostas en familia ao correo.

Biquiños

Bibi




No hay comentarios:

Publicar un comentario