sábado, 4 de diciembre de 2021

CALENDARIO DE ADVENTO, DÍA 5

 A tarefa de abrir o sobre número 5, Alba encomendoulla a Sabela.

Dentro do sobre, a elfa Sabela atopou dúas tarxetas.

Nunha delas había unha palabra para traballar a linguaxe : bolas. E aqui cada quen entendeu o que quixo, pois falaron de: bolas de Nadal, bolas de fútbol, pelotas, etc Pensamos palabras que empezasen por B: bolas, barco, Bibi, e moito ollo! ! !Que Alba non empeza pola letra B pero ten unha B no seu nome tamén e casi nos pon unha reclamación por non decilo, jejeje Moi ben Alba por darte conta!!!

Na outra tarxetiña había a proposta para facer en familia: facer unha bola de Nadal

Algúns decían que querían facela de plastilina, había quen prefería cartulina, debuxala, poñerlle moooooita purpurina, facela como unha pelota, ata pensaron en facela para comer e non para colgala na árbore. . . Estes peques sonche moi larpeir@s! ! !




Mañá imos pola seguinte proposta en familia! ! !
Animádevos a mandarnos fotiños! ! !

Biquiños

Bibi


 



No hay comentarios:

Publicar un comentario