Hoxe traemos un pouquiño de todo.
Comezamos contándovos que esta semana que remata estivemos no Contexto de Xogos, onde seguimos aprendendo moito dun xeito lúdico con propostas moi motivadoras.
Falamos da paz e limos contos relacionados co tema.
Fixemos unhas fermosas nubes con desexos e palabras de paz coas que decoramos as árbores do noso cole e tamén recortamos unha letra P moi especial que semella unha pombra branca.
No patio do cole temos un recuncho especial da paz e da calma e algunhas propostas de xogos novos.
Ademáis esta semana tamén estivemos xogando a coller pompas que nos facían as profes axitando moooooi forte o pompero co brazo.
Tivemos a derradeira sesión de MUS-E Danza coa profe Xus e pasámolo xenial bailando con globos.
Aqui tendes unha montaxe coas nosas fotos e vídeos bailando.
bien de Bibiana Boedo
Aqui vos deixamos algunhas propostas de xogos para seguir aprendendo na casa,
Tamén uns xogos novos coas letras.
¡Moitos biquiños e ata pronto!