sábado, 29 de enero de 2022

REMIX: APRENDER XOGANDO, DÍA DA PAZ E PROPOSTAS PARA CASA

 Hoxe traemos un pouquiño de todo.

Comezamos contándovos que esta semana que remata estivemos no Contexto de Xogos, onde seguimos aprendendo moito dun xeito lúdico con propostas moi motivadoras.







Falamos da paz e limos contos relacionados co tema.
Fixemos unhas fermosas nubes con desexos e palabras de paz coas que decoramos as árbores do noso cole e tamén recortamos unha letra P moi especial que semella unha pombra branca.






No patio do cole temos un recuncho especial da paz e da calma e algunhas propostas de xogos novos.
Ademáis esta semana tamén estivemos xogando a coller pompas que nos facían as profes axitando moooooi forte o pompero co brazo. 






Tivemos a derradeira sesión de MUS-E Danza coa profe Xus e pasámolo xenial bailando con globos.
Aqui tendes unha montaxe coas nosas fotos e vídeos bailando.
bien de Bibiana Boedo

Aqui vos deixamos algunhas propostas de xogos para seguir aprendendo na casa,


Tamén uns xogos novos coas letras.

 ¡Moitos biquiños e ata pronto!

viernes, 28 de enero de 2022

COMEZAMOS PROXECTO SEGUINDO AS PISTAS DE BURGUIÑA

 Estes días coñecimos a Burguiña, a mascota da Biblioteca do colexio.




E na nosa clase apareceu unha caixa misteriosa na que cada día Burguiña nos deixaba unha pista.



O luns aparecereon unhas pisadas .


O martes un pico.


O mércores dubidábamos si era un ala ou unha aleta, pero había quen xa pensaba en pingüíns.


O xoves apareceu unha letra P. . .que tiña algunha pista máis. . .


O venres Burguiña deixounos a pista definitiva cun conto moi fermoso e xa tod@s adiviñamos que se trataba de pingüíns, uns animais moi divertidos e curiosos que imos investigar na clase.


O venres , ademáis de contar o conto que nos deixou Burguiña, apadriñamos un pingüín no seguinte enlace:




Cada un de nós dixo un nome para o pingüín e escribímolo nun papel. Despóis metimos todos os papeliños nun bote e fixemos un sorteo. Martina como encargada e man inocente sacou un papel sen mirar e saíu o nome proposto por Sofía, así que o noso pingüín chámase : RON



Aqui vos deixamos un vídeo resumo cos mellores momentos do noso xogo de pistas.
AS PISTAS DE BURGUIÑA de Bibiana Boedo

Próximamente máis aventuras.
Biquiños

Bibi

sábado, 22 de enero de 2022

CONTEXTO CASA-POBO : APRENDENDO MATES DE XEITO MANIPULATIVO

 A esencia deste contexto é a aprendizade da lóxica-matemática dun xeito manipulativo e lúdico.

No seguinte vídeo podedes ver un resumo en imaxes dalgunhas das actividades que fixemos esta semana.

contexto de Bibiana Boedo

Tamén estivemos na Biblioteca mellorando a nosa competencia dixital e xogando e apredendo moito. 
Empregamos en equipos por recantos todos os recursos que temos na Biblio do noso cole.







Tamén estivemos xogando coas palabras, como facemos todas as semanas dende comezo de curso.
Esta semana tocou xogas ás palabras compostas.
Si vos apetece, podedes voltar a xogar ou seguir practicando.


 Moitos biquiños

 Bibi

sábado, 15 de enero de 2022

PRIMEIRA SEMANA DO ANO NO CONTEXTO DE TEATRO

 Nesta semana estivemos xogando coas vogáis e cun xogo novo aprendimos a colocar cada debuxo/palabra na fila da vogal pola que comeza.





Tamén  estivemos aprendendo a xogar-aprender en todos os recantos da Biblioteca do cole a atendendo moito para poder saber empregar todos os recursos que temos nela: os contos, os ordenadores e os robots.


E por suposto, pasámolo xenial o venres no Mus-e facendo Danza.



Na seguinte montaxe podedes ver 4 vídeos de como bailan coa cinta por equipos.

mus-e de Bibiana Boedo

Estivemos aprendendo esta canción do inverno con pictogramas.


E tamén xogamos a estes dous xogos con temática invernal.
No primeiro había que atopar o intruso.
Pinchade no seguinte enlace para xogar


No segundo xogo nos iniciamos nos cadros de doble entrada ao tempo que aprendemos vocabulario de  inverno e repasamos as cores. Pincha no seguinte enlace para xogar.


Pasade boa semana.

Biquiños

Bibi