Esta semana que remata estivemos no Contexto de Arte e pasámolo xenial facendo
cousiñas mooooi chulis.
Pero tamén comezamos a recibir material da casa para o noso Proxecto dos Pingüíns.
Pintamos unha casiña de paxaros para poñer nunha das árbores do cole.
Fixemos copos de neve con sal seguindo unha idea de @a_profe_inne .
E logo pintámolos con colorante alimentario diluído en auga e un contagotas.
E xa para rematar pegámoslle ao redor, facendo un marco, papel charol de tonos azuis facendo unha serie ( claro-escuro).
Fixemos ademáis composicións artísticas con pintura, rotus ou cunchas e peiteados moi especiais lanzando o dado dos grafismos creativos.
E tamén unha pomba da paz moi fermosa con pasta de modelar de secado rápido que logo pintamos cuns rotus especiais.
Quédame pendente ensinarvos uns debuxos de pingüíns alucinantes que fixeron o venres, pero que non me dou tempo de facerlles foto a todos.
Ata pronto! ! !
Biquiños
Bibi
No hay comentarios:
Publicar un comentario