Neste Contexto priorizamos o traballo da linguaxe e a expresión oral e escrita.
Fixemos un montón de xogos de letras cos que aprendimos moito sen darnos conta.
Temos uns pingüíns con unhas palabras de vocabulario de inverno que tentamos escribir na imprenta e debuxar o seu significado, xogamos ás adiviñas de inverno, tamén fixemos puzzles e xogos de vogáis, etc.
CONTEXTO DE TEATRO de Bibiana BoedoCoa caixa de inventar contos, eleximos: obxecto, lugar e personaxe. Logo inventamos unha historia que debuxamos e contamos aos compis.
Tamén xogamos a atopar a "Palabra secreta" que nos deixaba Burguiña dentro duns sobres moi misteriosos. E nalgúns había trampa e non había nada dentro! ! ! Esta Burguiña é unha bromista! ! !
Tiñamos que pegar a palabra, copiala, contar cántas letras tiña e facer o seu debuxo.
Tamén estivemos traballando nunhas letras colaborativas para construír a palabra ENTROIDO.
E disfrutamos dos novos xogos do recuncho de relax do patio.
Seguimos actualizando. . .
Biquiños
Bibi
No hay comentarios:
Publicar un comentario