sábado, 30 de abril de 2022

CONTEXTO CASA-POBO ABRIL 2022: XOGAR, PENSAR E CONTAR

 Esta semana no Contexto casa-pobo adicámonos fundamentalmente ao traballo da loxica-matemática, sen descoidar outros aspectos.

Aprendemos xogando a contar e recoñecer os números ata o 9.


Tamén pensamos, contamos e trazamos.


Plantamos bulbos de. . . sorpresa! ! !
¿Non imos dicir máis de momento! jejeje





Visitamos a exposición do Día do Libro que hai na Biblioteca. Trátase dunha recreación de portadas de contos feita con pezas de Lego polo alumnado de 5º curso de Educación Primaria.


Seguimos investigando o marabilloso mundo dos pingüíns e aprendemos xogando e compartindo.


E seguimos ademáis coa motivación xurdida na asamblea ao redor dos refráns e ditos populares sobre os meses do ano e xa sabemos tres:
1- En abril, aguas mil (xurdiu na asamblea polo moito que choveu)
2- En maio a vella queima o tallo. ( aprendímola de Thiago porque ensinoulla a súa avoa para que a contase no cole)
3- Cando marzo maiea, maio marcea ( Aprendímola de Sabela porque a súa familia ensinoulla para que a contase no cole)
Graciñas familias pola vosa colaboración refranera!

¡Seguiremos actualizando!

Biquiños
Bibi

No hay comentarios:

Publicar un comentario