sábado, 23 de abril de 2022

CONTEXTO DE TEATRO ABRIL: AVENTURAS COA LINGUAXE ORAL E ESCRITA

 Esta semana que remata, estivemos no contexto de Teatro e fixemos un mooooontón de cousas divertidas coas que aprendimos moito.

Aprendimos unha adiviña de primavera, e tamén dous refráns populares.

Para o mes de abril: EN ABRIL, AGUAS MIL.

Para o mes de maio, Thiago ensinounos a tod@s un que aprendeu da súa avoa: EN MAIO A VELLA QUEIMA O TALLO.

Grazas avoa de Thiago por seguirnos o xogo dos refráns! ! !

Encántame cando contan cousiñas na casa e veñen con outras de volta! ! !



Fomos á Biblioteca a xogar-aprender nos distintos recantos da Biblioteca Creativa.



Fixemos marcapáxinas do Día do Libro facendo unha flor coa nosa man.


Tamén fomos á Biblioteca a escoitar un conto fabuloso que tiñan preparado para nós dous compis de 6º de Educación Primaria.


Inventamos historias coa "Caixa de inventar contos".
Eleximos un personaxe, un lugar e un obxecto e deixamos voar a nosa imaxinación para inventar e debuxar unha historia que contamos logo ao resto da clase.


Traballamos a atención, a paciencia e a memoria visual facendo puzzles.


Como teatreras e teatreros somos un lote. . . e imaxinación temos mooooooita,  fixemos teatrillo con títeres .


Seguimos xogando e aprendendo coas cartas de vocabulario de primavera.


E tamén pasámolo xenial aprendendo cos xogos de letras do Contexto de Teatro.


Seguiremos actualizando ! ! !

Biquiños

Bibi

No hay comentarios:

Publicar un comentario