sábado, 24 de septiembre de 2022

ARRANCAMOS NOVO CURSO 2022 - 2023

¡  Xa estamos de volta con novas aventuras !

Agora somos as/os maiores de Infantil e imos contarvos algunhas das cousiñas que fixemos estes primeiros días de cole.

Fixemos uns minidebuxos co que máis nos gusta do cole para dar a benvida ao novo curso e colocar nunhas letras enormes que decoran a entrada.



No Contexto casa - pobo , xogamos a ordear a recta numérica de menos a maior e logo a asociar número-cantidade, tamén xogamos a facer a compra , fixemos algunha tarefa individual, etc.



No Contexto  de Arte: Xogamos no recanto sensorial, pintamos ao Monstro de cores con pincel, fixemos modelado, composicións con pinchitos, etc.





No Contexto de xogos o que máis nos gusta é o recanto adicado ás tecnoloxías e a robótica.


No contexto de Teatro contamos co Kamishibai o conto : O monstro de cores.
Xogamos para entender as nosas emocións e expresalas mellor.



Xogamos e aprendemos coas letras no recanto da imprenta.


Pasámolo xenial coas ruletas de inventar historias e inventando personaxes.


Facemos puzzles.



E tamén fixemos algunhas tarefas invididuais en papel.



¡ Seguiremos actualizando !
Biquiños

Bibi

No hay comentarios:

Publicar un comentario