sábado, 1 de octubre de 2022

SEMANA DO 26 AO 30 DE SETEMBRO DE 2022

 Esta semana o luns  no Contexto de Teatro : xogamos coas letras, aprendimos e tentamos escribir vocabulario de Outono, xogamos a adiviñar personaxes, fixemos puzzles e fixemos teatriño de marionetas.



No Contexto de Casa-Pobo o martes : estivemos aprendendo a facer a lista da compra, ir á compra e atender o supermercado, xogamos cos números, puxemos a mesa, fixemos a comida coa nosa compra, clasificamos, contamos, etc.




O mércores e o venres no Contexto de Xogos : xogamos e aprendemos, compartimos, tentamos respectar as regras dos xogos, gardar as quendas de xogo e ter paciencia ata que nos toque , tamén decoramos as mascotas dos nosos equipos de mesa e. . . deixamos voar a imaxinación inventando e debuxando qué podería estar chupando o neno do debuxo misterioso! ! !







No Contexto de Arte o xoves, fixemos unha composición con círculos e cores de Outono estampando tubos de cartón,  debuxamos animáis da granxa empregando siluetas, fixemos modelado con plastilina e tamén composicións empregando os distintos materiais do recanto sensorial e fixemos debuxo libre con pincel e témperas de cores.





Os/as cumpleañer@s do mes de Setembro e algún de verán, subiron á cociña o venres coa profe Mónica a facer uns biscoitos para comer nas clases . . .cos que nos chupamos os dedos de riquísimos que estaban! ! !



Seguiremos actualizando. . .
Biquiños
...
Bibi

No hay comentarios:

Publicar un comentario