sábado, 17 de diciembre de 2022

ACTIVIDADES DE NADAL

Hoxe toca contarvos as actividades que estivemos facendo estes días previos ao Nadal.

Estivemos decorando entre tod@s a árbore de Nadal que temos en Educación Infantil.





















Tamén fixemos, no Contexto de Arte, uns adornos estupendos de pasta de modelar para colgar da árbore de Nadal da nosa casa. O venres levámolos para casiña nunha bolsa cunha pegatina en forma de corazón coa nosa foto, que podemos despegar da bolsa e pegar para que nos quede de recordo noutro sitio.













Trouxemos para decorar o cole adornos de Nadal feitos na casa .













Fixemos unhas bolas de Nadal moi divertidas pegando papeliños de cores no Contexto de Arte.






Este venres as profes organizaron un Contacontos especial de Nadal.
Había 6 contos de Nadal para elexir polo seu título e vendo a portada. 
Colocamos a nosa foto no conto que máis nos apetecía escoitar e á volta do recreo...Sorpresa!!! Descubrimos quén o contaba! ! !








No Contexto de Arte aprendimos a pintar uns renos con pincel.


















Os renos quedáronos así de estupendos.



Gustounos moito facer  uns grafismos creativos de luces e dunha árbore de Nadal.












Seguimos traballando no proxecto do corpo. Esta vez comezamos falando da importancia que tiñan os números nas nosas vidas pois estaban presentes ao noso redor e pensamos entre tod@s onde se atopaban: no noso portal, no noso piso, nos ascensores, nas cartas, no mando da televisión, nos teléfonos, nas matrículas dos coches, etc.
Así , a través desta conversa chegamos á conclusión de que os números podían axudarnos tamén a coñecer cómo é o noso corpo por fóra e medímonos e falamos dos centímetros.







Xogamos a facer  asociacións lóxicas: temos que elexir dúas imaxes, emparellalas e explicar o motivo. Por exemplo regadeira con flores porque coa regadeira botamos auga ás flores, ou pantalón co cinto porque co cinto suxeitamos o pantalón.
Con este xogo traballamos vocabulario e razoamento.















Tamén fixemos un xogo de lectoescritura de Nadal no que aprendimos vocabulario de Nadal, contamos as sílabas de cada palabra e despóis ordeámolas para escribir a palabra de forma correcta.























E por último, o venres xusto antes do almorzo recibimos na clase a visita de Papá Noel.


Seguiremos actualizando. . .

Biquiños.

Bibi

No hay comentarios:

Publicar un comentario