jueves, 8 de diciembre de 2022

VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES: O QUE LEVAMOS NA MALETA

 Onte visitamos o Museo de Belas Artes da Coruña. Ali realizamos a actividade "O que levamos na maleta"


Ali coñecimos á Carolina , unha nena de cinco anos que ten que cambiar de cidade e á que lle gustaba moito os contos que lle contaba a súa avoa. 



Carolina tiña que mudarse de casa e tivemos que axudarlle a facer a maleta, metendo nela as cousas que íamos atopando percorrendo o Museo e falando das emocións que ía sentindo Carolina.

O primeiro que metimos na maleta foi un conto, o conto favorito de Carolina e que era un conto do mar.




Despois coñecimos a antiga casa de Carolina, unha casa de pedra que estaba no campo.
Carolina sentíase triste por ter que mudarse de casa da , por iso súa nai doulle unha cheve moi grande e moi importante que non podía perder. Era a chave da súa nova casa e nós gardámola na maleta tamén.




A nosa terceira parada no Museo foi nun cadro no que coñecimos ás amigas de Carolina.
Carolina despediuse das súas amigas cunha festa no campo e fixo unhas fotos para levarse de recordo na maleta e poder velas cando botase ás súas amigas de menos.







A seguinte parada no museo foi diante dunha escultura de pedra que representaba unha aperta, como a que lle dou a mamá a Carolina porque se sentía moi triste por ter que despedirse das súas amigas e ter mudar de casa. A mamá fixolle un agasallo a Carolina, un peluche dunha foca pequeniña, porque a súa nova casa ía estar preto do mar e dos animais mariños. Asi que tamén metimos na maleta o peluche da foca.








A última parada no Museo foi no cadro co que coñecimos o lugar onde estaba a nova casa de Carolina. Unha casa moi preto do mar.
Carolina foi coa súa nai a coñecer o mar por primeira vez, xogou coas ondas do mar e colleron cunchas na praia.
Logo nós gardamos a bolsiña coas cunchas na maleta.




Nesta última parada no Museo, a monitora contounos o conto favorito de Carolina que era un conto fermosísimo sobre o mar.












A maleta preparada con todas as cousiñas fomos a deixarlla ao vixiante do Museo antes de marcharnos.
Asi, cando Carolina pase a buscar a súa maleta levará unha gran sorpresa porque os nenos e nenas do colexio Ría do Burgo preparámola xenial ! ! !

Tamén fixemos unha merenda estupenda de picnic no xardín do Museo.







Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

Bibi

No hay comentarios:

Publicar un comentario