Fai uns días, unha caixa misteriosa acompañada dunha postal e un libro chegaron á nosa clase.
Investigamos e lemos a postal para saber quen deixara esas sorpresas na nosa clase.
Así foi como descubrimos quen era "A ovella tecelá", unha ovelliña á que querían cortar a súa lá toooooooda e que nos pedía axuda, para o que tiñamos que visitala na Biblioteca do Fórum do Parque Europa da Coruña.
Limos o conto que nos enviou, abrimos a caixiña misteriosa e comprobamos como dentro había unha pouquiña da lá que lle quitaron.
Nos días previos á visita á Biblioteca aprendimos a diferenza entre: libros informativos e libros de contos, xa que tiñamos qué saber o que atoparíamos na nosa visita.
Cos libros informativos aprendimos algunhas cousiñas das ovellas, da Coruña, e . . . moitas cousas do mar.
Pasaron os días e chegou o momento da visita.
Antes de entrar na Biblioteca, mentres que os nen@s da profe Pilar estaban dentro, nós estivemos xogando no parque e pasámolo fenomenal. . . despóis de tantos días chovendo ! ! !
E por fín, entramos na Biblioteca, coñecimos á "Ovella Tecelá" e a súa amiga Uxía, que era a bibliotecaria.
Ensináronos moitos libros, cousas sobre ovellas, contáronos un conto, vimos un vídeo e . . . descubrimos por que lles cortan a lá ás ovellas e qué fan con ela.
E xa para rematar, antes de coller o bus de volta ao cole, visitamos un dragón ! ! !
E de volta ao cole, fixemos una debuxos chuliiiiiiisimos.
E agora a poñerse cómod@s que temos un lote de fotos !!!
MIrade qué ben o pasamos no parque. . .
Xogando no Parque Europa da Coruña ! ! ! on PhotoPeach
E así de formaliños estivemos na Biblioteca. . .
Biblioteca Fórum Parque Europa on PhotoPeach
Bicos e boa semana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario