Hoxe a nosa encargada, Alba, abriu o sobre número 3 da nosa árbore-calendario de Advento.
Agardan con moita ilusión o momento de abrir o sobre do día e poder saber qué nos atopamos.
No sobre atopamos dúas tarxetiñas.
Unha tarxetiña coa palabra : PAZ. Falamos moito desta palabra na aula e para eles e elas a paz é: non pelexar, dar apertas, querer a papá e mamá, darse bicos, non empuxar nin berrar, compartir, axudar aos demáis, e incluso houbo quen dixo que a paz era estar acostadiño na cama tranquilo! ! ! je, je, je. Foi unha ocurrencia moi boa, pero moi certa tamén. Menuda paz cando nos deitamos na cama por fin despois dun día intenso! ! !
A segunda tarxetiña tiña a proposta parafacer hoxe en familia: un tarro das grazas.
Explicamos na clase que teñen que pensar en todas esas cousas que lles gustan moito e darvos as grazas ás familias por elas. Na aula falaron de agradecervos: os xoguetes, os paseos, ir ao parque, pasar o día fóra, que os levedes á praia e á piscina, etc
Todas estas cousiñas que vos querían agradecer, tiñan que escribilas nun papel coa vosa axuda e meter todos os papeliños no tarro das grazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario