Por desexo de Alba, a nosa encargada do venres, Martina abriu o sobre do día 4.
Dentro, unha vez máis atopamos dous sobres.
Un sobre tiña escrito: Reyes Magos. E máxico foi o sorriso que se lles puxo a tod@s falando deles e do que lles querían pedir, contamos cántos eran, falamos de cómo se chamaban, de cómo viaxaban e facían para chegar a todas partes, tamén falaron do carbón! ! ! Pero estou segura de que non lle van traer carbón a ninguén! ! !
O segundo sobre tiña escrito a proposta para este sábado día 4: xogar en familia.
Asi que agardamos que o pasedes moi ben porque algúns paxariños decían que querían xogar en familia á plastilina, pintar, ir ao parque, xogar ao escondite, etc.
Animádevos a mandarnos as vosas fotos xogando en familia e pasade bo sábado.
Biquiños
Bibi
No hay comentarios:
Publicar un comentario