viernes, 3 de diciembre de 2021

CALENDARIO DE ADVENTO, DÍA 3

 Hoxe a nosa encargada,  Alba, abriu o sobre número 3 da nosa árbore-calendario de Advento.

Agardan con moita ilusión o momento de abrir o sobre do día e poder saber qué nos atopamos.

No sobre atopamos dúas tarxetiñas.

Unha tarxetiña coa palabra : PAZ.  Falamos moito desta palabra na aula e para eles e elas a paz é: non pelexar, dar apertas, querer a papá e mamá, darse bicos, non empuxar  nin berrar, compartir, axudar aos demáis, e incluso houbo quen dixo que a paz era estar acostadiño na cama tranquilo! ! ! je, je, je. Foi unha ocurrencia moi boa, pero moi certa tamén. Menuda paz cando nos deitamos na cama por fin despois dun día intenso! ! !

A segunda tarxetiña tiña a proposta parafacer hoxe en familia: un tarro das grazas.

Explicamos na clase que teñen que pensar en todas esas cousas que lles gustan moito e darvos as grazas ás familias por elas. Na aula falaron de agradecervos: os xoguetes, os paseos, ir ao parque, pasar o día fóra, que os levedes á praia e á piscina, etc

Todas estas cousiñas que vos querían agradecer, tiñan que escribilas nun papel coa vosa axuda e meter todos os papeliños no tarro das grazas.






Aqui vos deixamos tamén algunhas das fotos que nos mandades coas propostas que facedes en familia.
Eu no meu tarro das grazas metín un papel agradecénvos a tod@s a vosa colaboración dende principio de curso! ! !



Aqui tendes a Thiago e Martina posando coa súa árbore do día 1.



Estas son as árbores fermosas que pintaron Daniella e Thiago.


O día 2 a larpeira de Martina fixo este picnic de Nadal.


E Thiago sorprendeunos cun picnic na casa dos avós.
Grazas avoa de Thiago por unirte ao picnic! ! !

Estade moi atent@s porque tamén abrimos os sobres dos días sen cole desta ponte.
Alba elexiu axudantes para abrir todos os sobres necesarios para estes días.


Así que vos seguiremos sorprendendo con novas propostas para facer en familia cada día.

Biquiños

Bibi














No hay comentarios:

Publicar un comentario