Comezamos a semana vendo o vídeo que fixo Burguiña coas fotos cos nosos libros favoritos.
Si queredes ver o vídeo premende no seguinte enlace.
Fixemos creacións artísticas con distintos materiais.
Rematamos as portadas dos nosos traballiños do 2º Trimestre e tamén as contraportadas.
Fixemos unhas flores estupendas seguindo a inspiración do libro de Hervé Tullet: Flores
Seguimos investigando Os Pingüins e en Psicomotricidade imitamos aos papás pingüíns cando transportan os ovos na súa bolsiña, pero nós no medio das pernas os levábamos.
Visitamos a Biblioteca, como cada semana, para xogar e aprender nos distintos recantos da Biblioteca Creativa.
Pintamos unhas flores de primavera mooooooi coloridas con moito coidadiño co pincel.
Tamén aprendemos a lavar o pincel para cambiar de cor.
E limpamos ao rematar todos os utensilios de artistas.
O último día de cole antes das vacacións, Burguiña deixounos un xogo de pistas co que percorrimos o colexio en busca dun enigma cunhas letras agachadas para formar unha palabra segreda, e tamén na procura dos ovos que perdeu.
Finalmente, tras descubrir e seguir todas as pistas que nos deixaba e percorrer un circuíto no ximnasio, atopamos unha caixa con ovos de Pascua, gusanitos e un conto seguindo as pistas de Burguiña! ! !
Seguiremos actualizando. . .
Biquiños
No hay comentarios:
Publicar un comentario