domingo, 10 de abril de 2022

CONTEXTO DE ARTE : EN ABRIL ARTISTADAS MIL

 Comezamos a semana vendo o vídeo que fixo Burguiña coas fotos cos nosos libros favoritos.


Si queredes ver o vídeo premende no seguinte enlace.


Fixemos creacións artísticas con distintos materiais.


Rematamos as portadas dos nosos traballiños do 2º Trimestre e tamén as contraportadas.


Fixemos unhas flores estupendas seguindo a inspiración do libro de Hervé Tullet: Flores



Seguimos investigando Os Pingüins e  en Psicomotricidade imitamos aos papás pingüíns cando transportan os ovos na súa bolsiña, pero nós no medio das pernas os levábamos.


Visitamos  a Biblioteca, como cada semana, para xogar e aprender nos distintos recantos da Biblioteca Creativa.



Pintamos unhas flores de primavera mooooooi coloridas con moito coidadiño  co pincel.
Tamén aprendemos a lavar o pincel para cambiar de cor.
E limpamos ao rematar todos os utensilios de artistas.





O último día de cole antes das vacacións, Burguiña deixounos un xogo de pistas co que percorrimos o colexio en busca dun enigma cunhas letras agachadas para formar unha palabra segreda, e tamén na procura dos ovos que perdeu.
Finalmente, tras descubrir e seguir todas as pistas que nos deixaba e percorrer un circuíto no ximnasio, atopamos unha caixa con ovos de Pascua, gusanitos e un conto seguindo as pistas de Burguiña! ! !






Seguiremos actualizando. . .

Biquiños

No hay comentarios:

Publicar un comentario