domingo, 30 de diciembre de 2012

FELIZ 2013 ! ! !


Winter Snow Card Comments

Unhas fotiños para despedir o ano. . . dos auténticos  e inimitables Piratas da Ría. . .

FELIZ 2013 !!! on PhotoPeach

bicos.


sábado, 22 de diciembre de 2012

A VISITA DAS SÚAS MAXESTADES. . .

Como xa saberedes, onte recibimos a visita dos Reis Magos na escola cheos de emoción e feitos un manoxo de nervios. . . Fixemos unha supermerendola de Nadal con todas as cousiñas que trouxéchedes, que eran tantas que algunhas nin as abrimos porque non tiñamos capacidade para comer máis. . .
E o fin de festa, amenizárono os maiores do cole que viñeron co profe de música a tocar e cantar para nós.
Pero botamos de menos a Rita e a Adrián nun día tan especial. . .  un bico peques !!!

Esta semana foi un pouco diferente porque estiven un par de días enferma na casa e por iso non temos máis fotos. Pero onte non quixen perderme aos Reis Magos porque eu tamén tiña que darlle a miña carta, xa sabedes pido cousas sinxelas. . . que non berren na clase, que saiban compartir os xoguetes, que merenden sentad@s, que aprendan a falar por orde e non tod@s á vez, que non teñan mal xenio, que sexan obedientes. . . ejem. . . non teño claro o qué me traerán. . .

Aqui vos deixo as fotos de onte . . . 

VISITA DAS SÚAS MAXESTADES . . . on PhotoPeach

Os traballiños que levaron na carpeta, son para quedar na casa. 
Á volta das vacacións teñen que traer a carpeta baleira de volta á escola.


Os traballiños de piratas e os que estamos facendo xogando cas letras dos nosos nomes, non os levamos porque terán continuidade no seguinte trimestre e cando os rematemos encuadernarémolos por separado. E á volta das vacacións tamén  levarán unha pequena sorpresa que agora non tiven tempo de rematar con eles e preparar. . .

Só me queda agradecervos a tod@s a vosa colaboración ó longo deste trimestre e aos meus compañeir@s de infantil graciñas por meterme os traballiños nas carpetas dos peques, asinar as notas por min, etc. 

bicos e. . . atent@s que pode aparecer algunha sorpresa para despedir o ano. . .


viernes, 21 de diciembre de 2012

XA TEMOS TOD@S 3 ANOS !!!

Nesta semana tivemos os 2 derradeiros cumples do ano 2012, o de Adrián o luns e o de Ian o martes.
Os meus pequerrechos de decembro !!!
Qué mérito tendes e cánto traballáchedes neste trimestre!!!
E como nesta semana estiven "pochiña", non vos fixen a coroa nin o libro do cumple para que levásedes de recordo. . . Pero non vos preocupedes, prométovos que o faremos á volta !!!

Felicidades Adrián !!!



Felicidades Ian !!!



bicos.




sábado, 15 de diciembre de 2012

CONTA ATRÁS PARA O NADAL. . .

Estas datas están cargadas de emoción para nós, poñémonos especialmente intranquil@s, tentamos portarnos mellor. . . e todo o que nos rodea é máxico e misterioso. . . é o que ten a inocencia dos vos@s pequen@s. . . que agardan con ilusión a chegada de Papá Noel e dos Reis Magos. . .
As  Maxestades de Oriente, virán ao colexio o vindeiro venres pola mañán, pero entre tanto, nós preparámonos facendo algún traballiño de Nadal para engalanar a clase e decorar despóis na casa, vendo debuxos animados de Nadal, falando co Rei Melchor outra vez por teléfono. . . ejem . . .

Un lote de cousiñas, que será mellor que vexades vos mesm@s. . .


CONTA ATRÁS PARA O NADAL. . . on PhotoPeach

Pero non pensedes que só nos adicamos a prepararnos para o Nadal, tamén  seguimos ca nosa degustación de froitos e aqui nos tendes tomando marmelo con galletas.


Tamén fixemos outros experimentos cas froitas. . . Estampamos un limón de amarelo e unha mazá de verde e de vermello, ao tempo que lembramos o nome das froitas e as cores.


E seguimos pirateando. . . poñendo os nosos nomes nas bandeiras piratas que trouxo Ana para tod@s.


bicos.





jueves, 13 de diciembre de 2012

DECORAMOS A ÁRBORE DE NADAL !!!

Hoxe, na nosa pizarra dixital (ou máxica, como din el@s), xogamos a poñer a árbore de Nadal.
Gustoulles moito e prometinlles que poñería o enlace no blog para que poidan seguir xogando na casa, así que. . . aqui o tendes. . .
Pinchade debaixo do debuxo, onde pon  "ÁRBORE DE NADAL"  e a pasalo boooomba. . .
Ah! rinse moito cando cando caen os adornos e rompen. . . esperemos que na casa non fagan igual. . . je je je...



bicos.



domingo, 9 de diciembre de 2012

EDUCACIÓN INFANTIL: QUÉ DIFÍCIL É SER PAI / NAI HOXE EN DÍA. . .

Ao fío do artigo que nos recomendou Loli no vídeo que vos deixei o outro dïa (graciñas por darme o pé. . .), aproveito para facer unha entrada adicada ás familias, papás e mamás aos que ás veces presiónanvos con opinións de expertos de todo tipo e xa non sabedes qué é o mellor para os vosos pequen@s. . .

Pensade que a infancia non é unha competición, que están en pleno desenvolvemento e que o voso fill@ non é mais ou menos list@ porque escriba antes ou despóis, por exemplo. Cada quén ten os seus tempos.
A clave nestas idades está na motivación (facer que teñan curiosidade e ganas de aprender cousas novas) e no aprendizaxe lúdico (que aprendan xogando, sen decatarse case e dun xeito divertido ).

Tendes que saber tamén que a Educación Infantil (que noutros países non existe como tal) aqui non é obligatoria. De feito hai xente que non os escolariza ata que teñen 6 anos e entran na Educación Primaria. Polo tanto, o que facemos de 3 a 6 anos, en Educación Infantil é iniciación á lectoescritura e á loxica-matemática. Para entendernos: xogar coas letras e os números, e descubrir o mundo. Hai moitas maneiras de xogar e moitas maneiras de aprender, nin pasar todo o día facendo fichas, nin non facer ningunha. . .
Asi que non vos sintades presionad@s e, sobre todo, non vos deixedes presionar. Ides ler e escoitar moitas opinións ó longo da vida dos vosos fill@s, pero que non vos abandone o sentido común, non vos agobiedes,  non agobiedes aos vosos cativ@s e confiade e nós.

Preocúpavos moito a lectoesritura, xa o sei. . . é un clasico. . .
Ca iniciación á lectoescritura que se fai en Infantil (xogando cas letras. . .) algúns chegarán lendo a Primaria e outros non, pero cada un ten os seus tempos e xa dixemos que non é unha competición !!!
Iso non é o importante, o importante é a motivación, o gusto pola lectura, polos libros, que descubran un mundo a través das palabras, que poidan aprender a desfrutar, emocionarse. . . e todo a través das palabras e dos libros. . .

Xa que tanto se fala da Educación en Finlandia ultimamente, déíxovos un artigo no que falan dalgunhas cousas cas que estou en consonancia: confianza, transparencia, respecto e ensinar a pensar. E eu engadiría, que neste barco estamos tod@s xunt@s: familia e escola. Non vos esquezades diso !!!

Aqui vos deixo o artigo que nos recomenda Loli, por si alguén non o atopa:

O artigo da Educación en Finlandia que atopei eu:

E un manual dos soños. . . que sigo ó pé da letra e que vos recomendo !!!



 bicos.







jueves, 6 de diciembre de 2012

NOVIDADES PIRATAS E OUTRAS AVENTURAS. . .

 A verdade é que sodes moi colaboradores e traedes un lote de cousiñas que enchen de emoción e maxia a nosa clase.
 A semana pasada, como vos ensinamos as fotos da nosa primeira excursión e do libro viaxeiro, non vos ensinamos as novidades piratas que recibimos nin o moito que traballamos: lemos cousas de piratas, aprendemos a escoitar con atención, a  levantar a man para falar e escoitar aos compañeir@s e ás profes, a facer círculos, o nº 1 e identificar a letra i, tentamos poñer o noso nome, rematamos algún traballiño de Outono, aprendemos cousas sobre as froitas e degustámolas, falamos de cómo resolver os problemas falando e non pegando e . . . ata da Constitución falamos. . .

E á pregunta de si falaron co Rei Melchor por teléfono. . . a resposta é SIIIII. . . Teño o seu teléfono e o martes chamámolo e algún falou con él e. . . o Rei tamén escoitou como algún berraba e pataleaba no chan. . . Non sei eu si terá que mercar máis carbón. . .

 Hoxe tócavos ver un bo lote de fotos. . .
Tomade asiento que comezamos. . .


NOVIDADES PIRATAS on PhotoPeach

E agora outras cousiñas que fixemos ao longo destes días. . .


COUSIÑAS QUE NON VOS ENSINAMOS AÍNDA. . . on PhotoPeach

Ah! Esta fin de semana non mandamos o libro viaxeiro porque é tan longa que non me parecía xusto que ninguén o tivese máis tempo que os demáis. . .

Que pasedes unha boa ponte e que non teñades que sonarvos tantas veces coma min. . .

bicos.