Esta semana unha noticia sobre o Guernica chamou a nosa atención, algúns escoitámola na tele, outros vímola no xornal e o profe Xoán mandounos a noticia da edición dixital dun xornal.
As nosas cabeciñas, (ou "o celebro", como dí algún...) comezaron a traballar. Así que atopamos a noticia nun xornal, recortámola e fixemos unha copia para cada un, para analizala detidamente.
Falamos das distintas seccións que teñen os xornais (e Sara contounos que sempre fai os 7 erros da sección de pasatempos ca súa nai), aprendimos a atopar o titular da noticia e rodeámolo, e tentamos ler o pé de foto e alguha outra cousiña máis, pero algunha palabra era moi difícil.
Ca axuda da profe, despois de ler a noticia, fixemos un resumo e escribímolo como verdadeiros xornalistas.
Pero non pensedes que iso foi todo, seguimos reinventando o Guernica pouquiño a pouco, falamos da pomba da paz de Picasso, a profe trouxo un libro do corpo interesantísimo e Pablo un xogo para sumar que lle trouxeran os Reis que estaba xenial!!!
sábado, 28 de enero de 2012
sábado, 21 de enero de 2012
Picasseando...
Como vedes, estivemos facendo un lote de cousas nestes días.
O día que nos tocou ir ao rincón de arte pintamos un cadro de Picasso con ceras brandas, estivemos lendo a información que trouxeron Alexis, Adrián e Aday, e a profe leunos un libro que se chama "Un cuadro de Picasso" co que aprendimos un lote de cousas do Guernica.
Tamén pintamos o cadro "Os tres músicos", cada un ao noso gusto, e debaixo escibimos o título.
E xa sabemos asinar. Cada un inventou a súa sinatura para poñer dende agora nas súas obras de arte e...xa veredes que as temos para todos os gustos.
viernes, 20 de enero de 2012
sábado, 14 de enero de 2012
Felicidades Belén!!!
A nosa Belén xa é unha chica grande, estivo de cumple e trouxo unha tarta riquísima para merendar todos xunt@s.
Graciñas Belén!!!
Graciñas Belén!!!
Seguimos investigando...
Esta semana seguimos investigando a Pablo Picasso.
Antes de Nadal, comezamos pensando no que xa sabíamos del e no que nos gustaría aprender, e estivemos lendo o material que trouxeron Xabi, Daniel Pereyra e Marcos Regueiro. Tamén colocamos pola clase as láminas con cadros que trouxeron Pedro e Belén, e as fotos con cadros que trouxo Sara, e falamos de todos eles un pouquiño.
Esta semana estivemos lendo o material que trouxeron Belén, Pablo e Dani Pastoriza, estamos comezando polo máis sinxelo, e ademáis estamos facendo un libro cas cousas que aprendemos.
O luns, subimos á pizarra dixital a investigar cousas cos nen@s da outra clase de 5 anos, os da profe Elena, e gustounos tanto que o xoves as profes leváronos outra vez!!!
Estivemos lendo un conto co que aprendimos moito que se chama "El sueño de Picasso", no que o texto e as ilustracións son de Marta Rivera Ferner.

jueves, 12 de enero de 2012
A volta ao cole.
Chegamos con moitas ganas de vernos, de falar, de contarnos cousas das vacacións (xa sabemos que a algún lle deixaron carbón os Reis...) e de xogar xuntos. Por iso, o luns aproveitamos para cambiar os equipos de xogar nos rincóns porque, aínda que algún non quedou moi conforme co cambio, xogando tamén se aprende e temos que aprender a xogar con tod@s.
lunes, 9 de enero de 2012
sábado, 7 de enero de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)