viernes, 30 de noviembre de 2012

MALETÍN E LIBRO VIAXEIRO.

Lembrades ese traballiño que fixéchedes c@s vosos pequen@s no mes de Outubro no que poñíades a súa foto e escribíades o seu xogo favorito ? ? ?
Seguro que non porque xa fai moito. . .
E seguro que pensábades. . . ¿qué faría esta muller co traballiño?
Pois a espera valiu a pena . . . Por fin teño os traballiños de tod@s e podemos desvelar o misterio !!!

O primeiro que facíamos ao chegar á escola co traballiño era presentarnos aos compañeir@s: dicir o noso nome, ensinar a foto e contar qué estábamos facendo nela, dicir cal é o noso xogo favorito e quén nos axudou a escribilo.
Aqui nos tendes presentándonos . . .

ASI SOMOS OS PIRATAS DA RÍA. on PhotoPeach

Pois ben, unha vez feitas as presentacións, plastifiquei todos os traballiños e Alfredo (o noso conserxe todoterreo) encuadernoumos. Puxemos de portada un debuxo que eleximos por votación popular e que trouxo Natalia e . . . Libro viaxeiro listo!!!
Fixemos un libro que levarán para casa  para desfrutar coas familias e presentarvos aos seus amig@s. Cada fin de semana tocaralle a un deles por orde de lista.
Pero como a todo hai que adornalo con algo de maxia. . .o libro viaxeiro vai dentro dun maletín viaxeiro. . .E asi ten que vir de volta á escola . . . Cando vos toque  tendes que coidalo moito para que todo o mundo poida desfrutalo en bo estado.

O maletín comezou a viaxar o fin de semana pasado e levouno Lena.


Esta fin de semana tocoulle a Ana.


 P.D. Lembrade que o luns ïmos facer unha degustación de froitos e hoxe levaron unha carta dicindo qué froito ten que traer cada un.
Xa veremos o que se atreven a probar e o que non . . .

bicos.




jueves, 29 de noviembre de 2012

SUPERNOTICIÓN. . . ONTE FUMOS DE EXCURSIÓN !!!

Onte tivemos a nosa primeira excursión dende que chegamos ao " cole de maiores".
Fumos á Coruña, ao CGAI para ver varias curtametraxes de debuxos animados tituladas " Contos de Canadá". Gustounos moito ir ao cine xunt@s e pasámolo moi ben.
Foi un día cargado de emoción e tamén de algunha sorpresa. . .
Ao chegar á escola descubrimos que o noso Pirata Malapata non estaba durmido dentro do seu cofre coma sempre, estaba desperto e sentado !!!
Tíña un tesouro  preparado para nós. . . pero dixo que só o ía repartir cos que se portasen ben na excursión . . . 
Falamos de cómo tiñamos que ir na fila,  de que non podíamos soltarnos, lembramos que no bus hai que ir ben sentad@s, que no cine temos que estar caladiñ@s, e  que non podemos chorar cando se apagan as luces porque é cando empeza o mellor . . . A PELÍCULA! ! !
E portámonos tan ben. . . que á volta estábanos agardando Malapata co seu tesouro de moedas de chocolate !!!
Mirade qué ben o pasamos. . .


CAMARÁ É. . . ACCIÓN !!! on PhotoPeach

bicos.

Bibi.

sábado, 24 de noviembre de 2012

DÍA DA INFANCIA, CASTAÑAS XIGANTES E OUTRAS AVENTURAS PIRATAS. . .

En 1.956, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas recomendou que se instituíse en todos os países un Día Universal da Infancia, adicado á fraternidade e comprensión entre os nen@s do mundo enteiro e destinado a actividades propias para promover o benestar dos nen@s.
O 20 de Novembro conmemórase a data na que a Asamblea Xeral aprobou a Declaración sobre os Dereitos do nen@ e a Convención sobre os Dereitos do nen@. Por iso, o 20 de Novembro pasou a ser o Día Universal da Infancia.
Non está de máis lembrar que non todos os nen@s teñen a sorte de poder celebrar este día, e que seguramente teríamos que facer algo máis que poñer un día para todo. . . 
Os nos@s pequen@s conmemoraron esta data cunha sesión de contacontos, xa que veu ao cole A Dragona Ramona, a mascota da Biblioteca do Concello. E aproveito para recomendarvos levar aos peques á Biblioteca, onde podedes consultar o calendario de sesións de contacontos que teñen.
 Notouse que moit@s xa ídes e xa coñecían a Ramona!!!




Seguimos traballando a lectoescritura partindo dos seus nomes. Esta semana tocou atopar cada un o seu nome entre os dos demáis compañeir@s de equipo e pintalo. Mirade qué ben o facemos !!!



Tamén rematamos e levamos para casa unhas castañas ben grandes e chulas que diseñou a profe Pilar e que nos quedaron ben vistosas. Verdade? Graciñas  a  Pilar  e á profe Elena que nos axudou a recortar !!!




Xa sei. . .xa sei. . . falta o vídeo de rigor. . . e estades desexando ver as nosas aventuras piratas. . . Pois. . . ollos ben abertos. . . e orellas ben atentas que temos moitas novidades !!!

AS AVENTURAS PIRATAS CONTINÚAN . . . on PhotoPeach

Graciñas a tod@s polo moito que colaborades e á profe Sandra por prestarme o cofre . . .

LEMBRADE QUE O MÉRCORES ÍMOS DE EXCURSIÓN AO CGAI !!!

bicos.

Bibi.


viernes, 23 de noviembre de 2012

CUMPLEANOS DE SILVIA E HUGO E . . . DESCUBRIMENTO SORPRESA !!!

Hoxe tivemos unha supermerendola, porque Silvia e Hugo estiveron de cumple e convidaron a biscoito e rosquilas. . .  Puxémonos as botas e tamén convidamos aos nen@s da profe Pilar !!!
Non vos asustedes si algún tiña a súa merenda sin comer na mochila. . . fame non pasaron. . . je je je...


Graciñas pola invitación á parelliña feliz e ás súas familias !!!


E mirade o descubrimento que fixen hoxe cando facíamos os libros de cumpleanos para agasallar a Silvia e Hugo. . . Impresionante !!!


A verdade é que levamos un tempo traballando os nosos nomes, e hoxe dóuseme por poñer o nome do cumpleañer@ no encerado xunto co debuxo,  tod@s tentaban copialo . . . e fíxome moita ilusión . . .
Sementar está ben. . . pero recoller. . .moito mellor !!!


bicos.

Bibi.




sábado, 17 de noviembre de 2012

CON P DE PIRATAS. . .

Nestes días as letras dan voltas nas nosas cabeciñas e ao final vemos letras por todas partes. . . falamos de que a palabra pirata comeza con P (como papa), de que luns empeza por L ( como Lena e Lucas), contamos as letras dos nosos nomes outra vez e coloreamos cada unha dunha cor, tentamos recoñecer os nosos nomes, algúns ata escribilos, recoñecemos a letra I  e pintamos un indio, e dímonos conta de que os nomes de Ismael e Ian comezan pola letra I .

Pero, como non todo van ser letras, tamén seguimos recibindo información de piratas e pouquiño a pouco ímola lendo e escoitando con moita atención, ao tempo que aprendemos vocabulario novo: timón, vela, catalexo, mástil, etc.
GRACIÑAS pola vosa colaboración !!!


CON P DE PIRATAS ... on PhotoPeach


E aqui nos tendes a voltas cas letras dos nosos nomes. . .

A VOLTAS CAS LETRAS. . . on PhotoPeach

bicos.

Bibi.

sábado, 10 de noviembre de 2012

@S PIRATAS SOMOS XENTE DE ACCIÓN !!!

A verdade é que non paramos nin un intre, por iso non temos tempo de aburrirnos na escola.
Poñédevos cómod@s que temos moitas fotos que ensinarvos !!!

Nestes días, como xa sabedes, estamos recollendo información para iniciar un Proxecto de Piratas e xa trouxemos ao cole un lote de cousas para o noso recuncho dos piratas,  fumos á biblioteca con Luz que nos contou un conto de piratas, comezamos a decorar o recuncho. . .

@S PIRATAS SOMOS XENTE DE ACCIÓN !!! on PhotoPeach

 Pero ademáis de meternos no papel. . . fixemos moitas máis cousas como por exemplo: traballar o trazo na nosa "pizarra máxica", aprendemos a gardar os traballos na carpeta para levalos para casa, aprendemos o nº 1, traballamos os personaxes do conto " A qué sabe a lúa" ca profe Elena, xogamos cas letras dos nosos nomes e contámolas e  Marc fixo panellets ca avoa para convidarnos a merendar a tod@s o venres. . .  Marc explicounos  á súa maneira cómo os fixo e despóis limos unha carta da súa nai onde nos contaba que en Cataluña cómense cas castañas e que os fixeran con améndoas, azúcre, pataca cocida e chocolate. A verdade é que non quedou nin rastro deles porque estaban boísimos. . .  Graciñas a Marc e á súa familia. 
É un pracer que sexades tan colaboradores !!!
E agora outra tanda de fotos. . . ollo que algunhas  son de antes da ponte. . . porque con tanta festa aínda non tivéramos tempo de amosárvolas.


SEN TEMPO DE ABURRIRSE !!! on PhotoPeach

E  xa para rematar, as fotos que fixemos xogando cos nosos nomes, primeiro tentamos recoñecer cada un o seu, despois pintamos as súas letras por orde e de cores distintas, e descubrimos que uns remataban antes que outros de pintar porque tiñan menos letras ! ! ! Así que contamos as letras dos nosos nomes e. . .

Ana e Ian foron os primeiros en rematar porque os seus nomes teñen 3 letras!!!







P.D. Isto non vai ser sempre así . . . non sempre temos tantas fotos. . .

bicos.

Bibi.






jueves, 1 de noviembre de 2012

MAGOSTO E SAMAÍN, EU NUNCA TAL COUSA VIN !!!

Nestes días, como xa sabedes estivemos moi ataread@s preparándonos para festexar o Magosto e o Samaín. Esta semaniña, resultou outra vez curta pero moi intensa. . . Rematamos o libro do conto "Corre, corre, cabaciña" que levaremos para casa á volta da ponte, decoramos a clase con cabazas e outros adornos que trouxemos da casa, fixemos arañas noxentas que metían moito medo , trouxemos castañas para o Magosto, visitamos a decoración de Samaín que está na entrada do cole, traballamos o medo (algo bastante habitual nestas idades) e sacamos algunha foto sorpresa unha vez que desvelamos o misterio da castaña xigante que tiñan @s compañeiros da clase de 4 anos B. 
Seguro que estades desexos@s por ver tanta cousa. . . pois. . . sentádevos  tranquil@s e tomádevos o voso tempo porque temos moitas fotos. . .


MAGOSTO E SAMAÍN... EU NUNCA TAL COUSA VIN !!! on PhotoPeach

Afondamos un pouquiño nos nosos medos, xa que as datas préstanse para tratar o tema, tratamos de restarlles importancia e rirnos do medo. . . Por exemplo, xa ninguén lle ten medo os monstruos !!! Queredes saber cómo?

Contamos o conto " Dónde viven los monstruos" de Maurice Sendak. Un clásico polo que non pasan os anos. . .



E perdimos o medo aos monstruos xogando asi na nosa pizarra máxica. . .




Aqui vos deixamos o enlace do xogo por si queredes xogar na casa. Premede onde pon XOGO DE MONSTRUOS, debaixo do debuxo.



E desvelado o misterio da castaña xigante que tiñan os compañeir@s de 4 anos B, fíxonos moita ilusión que nos deixaran sacar unha foto no seu "castañomatón ", unha idea xenial da profe Sandra. Graciñaaaaaas !!!




Boa ponte a tod@s.

bicos.

Bibi.