Estes derradeios días do trimestre prantamos máis amorodos no invernadoiro e regamos os que xa estaban medrando.
martes, 26 de marzo de 2024
PRANTAMOS AMORODOS NO INVERNADOIRO
lunes, 25 de marzo de 2024
EXPOSICIÓN DE INVENTOS NO COLEXIO
Como xa sabedes, este curso o PdI da nosa Biblioteca está adicado aos Inventos. Por iso, co motivo de poder organizar unha exposición no colexio, pedimos colaboración das familias para que os/as peques trouxeran inventos da casas para expoñer.
Estes son algúns dos inventos que trouxemos e explicamos aos nosos compis na clase antes de colocalos na exposición.
Iria trouxo un teléfono Móbil dos antigos, dos primeiros que houbo. Tentamos chamar a Burguiña oara contarllo pero o teléfono non funcionaba xa . Por iso, Iria contounos que agora o usa de xoguete.
Carmela trouxo unha huevera na que se mantiñan os ovos fresquiños antes da existencia nas neveiras actuais. E para que lucise estupenda na exposición colocámoslle uns ovos de xoguete.
Ayane trouxo un fonendoscopio e un esfingomanómetro. Para explicar o seu funcionamento contamos o conto "Josefina se resfría".
Ayane empregou o fonendoscopio para ver como respiraba a nosa Josefina da clase .
E logo miroulle a tensión ao encargado .
domingo, 24 de marzo de 2024
DESPEDIDA DE ELENA
Había unha vez unha nena que se chamaba Elena que estudou no colexio Ría do Burgo.
Anos despois, decidiu que quería ser profesora e, voltou ás aulas nas que comezou a súa andaina educativa para facer as súas prácticas da carreira.
Esta semana tocou despedirnos de Elena.
Querida Elena queremos agradecerche que nos elexises para compartir connosco as túas pácticas de Maxisterio. Foi un verdadeiro privilexio contar contigo nas nosas aulas de 3 anos.
Fuches unha fonte de inspiración para todos nós, tanto para os/as peques como para as profes.
A túa alegría, a túa paciencia e o teu compromiso coa educación son marabillosos.
Ainda que as túas primeiras prácticas cheguen ao seu fin, levaremos sempre con nós a lembranza do teu paso como profe deste teu cole. Sabemos que deixarás unha pegada imborrable na educación.
Volta pronto!
Biquiños
Pilar e Bibi
sábado, 23 de marzo de 2024
XOGAMOS COAS GALIÑAS DE PASCUA
Antes de marchar de vacacions de Semana Santa, rematamos o 2º trimestre xogando coas galiñas de Pascua e aprendendo a recoñecer os números, contar, asociar número con cantidade, as cores, etc.
miércoles, 20 de marzo de 2024
8 DE MARZO: DÍA DA MULLER
O pasado 8 de marzo, polo Día da Muller, levamos para casa unhas fermosas macetiñas con lavanda para agasallar ás mulleres da nosa vida.
Primeiro coñecimos a planta da lavanda, ulímola e tocámola.
domingo, 17 de marzo de 2024
TEATRO EN INGLÉS
Os nenos e nenas de Educación Infantil desfrutamos o pasado 8 de marzo da representación dun Storytime en inflés na biblioteca do noso colexio.