domingo, 29 de mayo de 2016

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Por fin o tempo dou unha pequena tregua e puidemos celebrar o Día das Letras Galegas no patio.


Vimos a entrega dos premios de relato curto e poesía, as distintas actuacións dos nosos compañeir@s maiores e, para o fin de festa, rematamos cantando tod@s xunt@s.



Bicos.

"LA ARDILLA MIEDOSA"

Paula e Elena, dúas compañeiras de 6º curso, viñeron a contarnos un conto que nos encantou.
Ademais quedamos abraiad@s do marabillosamente ben que o fixeron.


Grazas chicas! ! ! Encantounos recibir a vosa visita ! ! !

Bicos.



domingo, 22 de mayo de 2016

VISITA Á PANADERÍA DE CARNOEDO EN FONTECULLER.

O venres día 20 visitamos a Panadería de Carnoedo que se atopa en Fonteculler.
De maneira totalmente desinteresada e gratuíta abríronos as portas do seu obrador para ensinarnos a facer pan con toda a paciencia e o cariño do mundo.

Grazas María e Irene!!! Sodes as mellores! ! !


Previamente, na clase preparamos a visita cun material que nos mandaron.
Falamos do que significa o pan para nós, dos tipos de pan que coñcecemos, contrastamos as nosas ideas previas dos ingredientes do pan cos ingredientes que leva realmente a receita e vimos un vídeo da elaboración do mesmo.
Todas estas actividades previas remataron coa realización dun mural co que as agasallamos o día da visita.


Cando chegamos á Panadería de Carnoedo puxéronos uns gorriños de panadeiros/as profesionais e ensináronos a "masa madre" coa que fixemos uns boliños con distintas formas inventadas por nós.
Alí había de todo: corazóns, flores, caras, serpes, gatos , xoaniñas. . . 


Para que a masa medrase máis deprisa metémola nunha máquina mentres nós preparábamos masa de pan coas nosas propias mans.


Levábamos os ingredientes ben aprendidos das nosas investigacións previas.


Mesturamos coas nosas mans ata conseguir unha masa que puidésemos despegar do bol e amasar dando forma redondiña sobre a mesa.


Mentres que estes boliños quedan na máquina que os fai medrar, Ímos con María para ver como mete os boliños de formas no forno.


Xa por útlimo aprendimos a facer a masa para unha torta doce. Esta vez os ingredientes eran diferentes, pois levaba ovos e azucre.
Como necesitábamos masa para todos e era moita cantidade, María ensinounos como funcionaba a máquina amasadora. Tiña uns brazos moooooooi grandes ! ! !
Fixemos unha fila para vela traballar.


Cando a masa estivo preparada, María e Irene repartiron un cachiño de masa a cada un/unha e ensináronos como tiñamos que traballala co rodillo para dar forma á torta doce.


Despois de todo o que traballamos, ao final tod@s levamos para casa dous anaquiños de pan feitos coa receita tradicional (un con forma inventada por nós e outro redondiño) e unha torta doce.

Grazas a María e Irene polo seu tempo, cariño e esforzo para ensinarnos! ! !
Grazas á profe Luz por acompañarnos e axudarnos! ! !

Aqui vos deixamos un vídeo resumo en imaxes da visita.

Visita á panadería de Carnoedo en Fonteculler. on PhotoPeach
Bicos e boa semana.

miércoles, 18 de mayo de 2016

COUSAS DE BICHOS.

Seguimos aprendendo cousiñas relacionadas cos bichos.
Para aprender a diferenciar aos que son insectos facemos traballiños individuais e colectivos.



Conversamos e poñemos en común o aprendido.


Consultamos o material do recuncho para seguir aprendendo cousas novas, comparámolo cos nosos traballiños e facemos hipóteses para saber de qué bicho se trata. Tras chegar á conclusión de que se trata dun escaravello de terra (que é un insecto), escribimos as partes do seu corpo de xeito colectivo (na pizarra dixital) e de xeito individual. 


Cubrimos de xeito individual un traballiño con parte do aprendido.


Acondicionamos o terrario dos insectos pau con corteza de pino e gardamos a terra para. . . algo que xa vos contaremos.


Con moito coidado trasladamos aos insectos para o seu novo fogar e Isaías bótalles auga co sprai simulando a choiva.


O profe Óscar ensínanos o hotel de insectos que fixeron @s nen@s maiores de 2º.
Explícanos cómo o fixeron e que agora hai que deixalo secar ata que esté preparado para colgar dunha das árbores do colexio.
Tamén nos contou que podemos ir visitar un máis grande ao Xardín Botánico que se atopa no Paseo do Burgo e así ademais podemos coñecer moitas especies de plantas diferentes.


Manuel Vila tróuxonos a súa colección de insectos para ensinar.


Xogamos coas cartas de bichos para emparellar cada bicho co lugar onde lle gusta vivir.


E agora un vídeo resumo en imaxes de todas estas bicho-aventuras.

Cousas de bichos on PhotoPeach

Bicos.


martes, 17 de mayo de 2016

UN DESAFORTUNADO INCIDENTE.

As entradas habitualmente son para amosar o que facemos, os nosos logros e avances, o que aprendemos, investigamos, o noso día a día na escola, etc. Pero nesta ocasión , e posto que este tipo de incidentes suceden de forma habitual tamén, quero amosarvos outro tipo de cousas que tamén pasan na nosa clase.
Non é algo exclusivo dos contos, tamén pasa con xoguetes doutros recunchos e con distinto tipo de material de uso común.
Penso que non é algo que se faga a propósito, sen embargo si penso que se trata dun mal hábito no trato das cousas, de non valoralas suficientemente e andar "ao bruto" con elas,  incluso nalgunha ocasión pensando "no pasa nada, se compra otro". . . 
Esa non é a filosofía que me gustaría transmitir dende a escola, prefiro cambiar consumismo por coidado do que é de tod@s.


Como podedes imaxinar vendo as fotos, o tema tratouse na aula, falamos do incidente, razonamos, pensamos no que implica ter as cousas rotas, de cómo nos gusta ter as cousas que son nosas e de cómo debemos comportarnos coas que son de tod@s e debemos saber compartir. E saber compartir tamém implica non romper nin estropear o que temos para desfrute de tod@s e que, polo tanto debemos coidar entre tod@s.

O habitual despois deste tipo de incidentes é NON saber quén foi o/a responsable, ninguén o fixo, ninguén sabe nada, ninguén viu nada. . .Ao máis que chego, pola propia organización da actividade nos recunchos é a saber en qué grupo de xogo se producen os incidentes, pero non quén, cómo e/ou por qué se romperon as cousas.

Penso que é tarefa de tod@s coidar as cousas e que @s pequen@s as valoren e respecten.
Non me gustaría ter que tomar a decisión de deixar de investigar e facer proxectos coa vosa colaboración e aportación de material da casa (porque ademáis sodes moi colaboradores )por medo a que non tod@s o tratan ben e non me gusta devolver as cousas en mal estado.

Pídovos por favor a vosa colaboración para que na casa faledes cos pequen@s deste tema, da necesidade de coidar e respectar as cousas, de avisar cando algo se  nos rompe sen querer  ou cando vemos que alguén non está tratando algo correctamente (pois hai que ensinarlle a facelo), que pregunten e/ou pidan axuda cando non saben como funciona algo ou non poden abrilo ou pechalo (antes de que se rompa), pero o máis é importante tratar as cousas de tod@s como nos gustaría que tratasen as nosas.

Graciñas de antemán pola vosa colaboración.

Bicos.





CONCERTO DE PABLO DÍAZ ! ! !

Para conmemorar a semana das Letras Galegas, tivemos a sorte de asistir a un concerto de Pablo Díaz no ximnasio do colexio.

Antes, preparamos unha guitarra para decorar o telón de fondo.


Cantamos e pasámolo boi ben durante todo o concerto.


Aqui vos deixamos un resumo en imaxes .

Concerto de Pablo Díaz on PhotoPeach

Bicos.

CUMPLEANOS DE ISAÍAS ! ! !

A semana pasada celebramos o cumpleanos de Isaías.


O noso amigo convidounos a un riquísimo biscoito con chocolate para merendar e. . . non quedou nin unha miguiña ! ! !
Grazas por convidarnos ! ! !

Moitos bicos e que teñas moitos agasallos! ! !

domingo, 8 de mayo de 2016

SOMOS BICHÓLOGAS E BICHÓLOGOS! ! !

Imos aprendendo cousiñas novas e convertíndonos en expert@s bichólog@s ! ! !

Pero, antes de entrar en materia, estivemos explorando as ideas previas sobre o tema e debuxando todos os bichos que coñecíamos e. . . outras cousiñas que considerábamos bichos e pouco a pouco aprenderemos que non o son.


Aprendimos algúns trucos para distinguir aos bichos que son insectos dos que non son insectos.


Agora xa sabemos que os insectos teñen 6 patas, antenas, ás e que o seu corpo divídese en 3 partes: cabeza, tórax e abdome.


Xa temos clarísimo que arañas, cempés ou caracois NON son insectos.

Fixemos distintos tipos de bichos para adornar o mural da primavera que temos na entrada de Infantil.


Fomos quen de distinguir as tres partes dos insectos sobre o seu corpo nun traballo de investigadores profesionais casi ! ! !


Comezamos a facer un mural grande coas tres partes dos insectos.


O bichólogo Miguel sitúanos as  partes dos insectos sobre o corpo dunha formiga.


Seguimos aprendendo cousas dos insectos, como por exemplo que son invertebrados e non teñen ósos, ao contrario que as persoas que sí temos ósos no noso corpo.
Buscamos os ósos no noso corpo e no dos compis.


Seguimos buscando información sobre bichos nos libros que trouxemos da casa para investigar e plasmamos algunhas das cousas aprendidas en traballiños individuais.


Aqui vos deixamos un resumo en imaxes d@s expert@s bichólog@s.


BICHÓLOG@S DO BURGO ! ! ! on PhotoPeach

Moitos bicos e boa semana.

UN BICO ANTES DE ALMORZAR E. . . UNHA CARTA NO BUZÓN.

Todas as mañás, antes de marchar para o traballo, a nai de Violeta déixalle un bico na súa almofada.
Aquela mañá, o bico, despois de bicar a Violeta, saltou pola fiestra e marchou voando dando lugar a distintas aventuras ao seu paso.


Despois de escoitar con atención o conto falamos dos bicos, qué expresan, por qué os damos, a quén nos gusta darlle bicos, quén nos gusta que nos dea un bico, etc.

Lembramos como o bico de Violeta se mete na bolsa do carteiro e todas as cartas que recibe a xente son moi fermosas.
 Nós tamén temos unhas cartas moi fermosas no noso buzón con corazón e non pasou por alí o bico inquedo de Violeta, pero sí pasaron as nosas amigas e amigos para dicirnos o que máis lles gusta de nós.
É tan importante que resalten as nosas cualidades positivas! ! !


Abrimos as cartas que tiñamos no noso buzón e comprobamos quén era a/o remitente para poder agradecerlle con bicos e apertas a súa carta.

Aqui vos deixamos un resumo en imaxes da sesión de emocións.

Bicos, cartas e apertas. . . on PhotoPeach

Bicos.

sábado, 7 de mayo de 2016

JUANITA E OS SEUS AMIGOS. . .

Seguimos pensando con Juanita e os seus amigos.
Coñecimos a Guillermo, o grilo saltarín e así foi como o debuxamos falando con Juanita.



Guillermo salta moi alto, por iso buscamos en internet distintos tipos de saltos (esquiando, bailando, coa bici, etc)  e falamos da actitude de Guillermo que axuda a Juanita a saltar e tamén a levantarse cando cae.
Ademais, como Guillermo xoga con Juanita, tentamos atopar xogos no cadro de Bruegel "Xogo de nenos".


Juanita recoñece que non sabe saltar como Guillermo.
Falamos das cousas que non somos capaces de facer e da nosa actitude cando isto sucede.
Plasmamos parte das nosas reflexións e afrontamos con sentido do humor o que non somos capaces de facer.


Coñecimos tamén a Carlos o colibrí e fixemos uns debuxos marabillosos nos que aparece con Juanita.


Xa vedes que estamos feitos uns artistas ! ! !


Falamos do traballo de Carlos o colibrí dando bicos ás flores e non había acordo sobre si lles parecía divertido ou aburrido. Pensamos noutros traballos que coñecíamos e que nos gustaban.
Observamos o cadro de Henri Rousseau: Pescadores.
Tardamos en darnos conta da profesión que estaban desempeñando.

Resultado de imagen de rousseau pescadores

Carlos o colibrí coñece todas a flores e nós tamén pensamos en todas as flores que coñecemos.
Logo tentamos escribir o nome dalgunhas.


Por último, coñecimos a Tania a araña.
Resaltamos a actitude de Juanita que da as grazas a Tania por regalarle a súa tea.
Falamos das ocasións nas que debemos dar as grazas ou decir por favor.
Representamos algunhas esceas do conto.


Debuxamos a Tania na súa casa.


Falamos dos distintos tipos de vivenda que coñecíamos : iglús, tipis, rascaceos, etc.
 Tamén da xente que non ten cartos e non pode vivir nunha casa como as nosas.
Vimos unha  foto das favelas de Brasil. Ao principio non sabían de qué se trataba pero pouco a pouco fomos descubrindo que as casas non tiñan cristais nas fiestras, que tiñan as fachadas rotas, que había lixo tirado na rúa, que os tellados non estaban en bo estado, etc.
Pensamos nas comodidades que temos nós nas nosas casas e que non teñen as persoas que viven en casas como as da foto
Reflexionamos moito, na medida en que a nosa idade nos deixa claro, pero teñen bastante empatía e un corazón moi grande para ser tan pequenos.


Tamén falamos das dinstntas "casas" que teñen os animais: tea para as arañas, o mar para os peixes, a colmena para as abellas, etc.

Aqui vos deixamos un resumo en imaxes destes momentos nos que xogamos a pensar cos amigos de Juanita.

Pensando con Juanita on PhotoPeach

Bicos.