sábado, 26 de enero de 2013

EN XANEIRO, BUFANDA, ABRIGO E SOMBREIRO.

O título da entrada desta semana é unha pequena poesía que aprendimos, xa que seguimos falando moito do inverno. Pero ademáis, fixemos nubes con moita choiva (como a que caiu nestes días. . . ) decoramos un paraugas moi divertido, aprendemos a facer a letra E, rematamos o libro do noso nome (que levaremos  para casa próximamente),  aprendemos vocabulario de inverno xogando na "pizarra máxica". . .  Queredes vernos en acción??? Pois aqui están as fotos desta semana. . .

EN XANEIRO, BUFANDA, ABRIGO E SOMBREIRO. on PhotoPeach

O xogo do inverno co que traballamos na nosa "pizarra máxica" e que nos encantou é unha actividade LIM que atopamos no blog http://actividadeslim.blogspot.com.es/ e que fixo Belén Velasco. É  moi de agradecer que outr@s compañeir@s compartan o seu traballo e o poñan a disposición de todo o mundo!!! Aquí volo deixamos para que poidades seguir xogando. . .
Premede no cadradiño que ten na parte superior dereita para poñelo grande (pantalla completa) e premede a frechiña amarela que ten na parte inferior dereita para comezar e cambiar de pantalla e de xogo. É moi doado e os peques manéxanse moi ben. . .



 

Estiven pensando nestes días, que xa que pretendemos ensinar a compartir aos nos@s alumn@s na escola, non estaría de máis que predicásemos co exemplo.
Xa vedes que moitos compañeir@s ofrecen actividades desinteresadamente e estou convencida de que nesta vida recolles o que sementas.
Así que irei escaneando as actividades que poida para subilas ao blog e que poidan empregalas outr@s compañeir@s.
Polo momento, deixo algunhas das cousas que fixemos en 3 anos para traballar o inverno.
Fíxeno como vin noutros blogs, en formato JPEG .





bicos.

sábado, 19 de enero de 2013

PIRATEAMOS NO INVERNO. . .

As nosas cabeciñas están desexosas sempre de novidades, aventuras, de que nos conten cousas novas e. . . tamén de facer travesuras. . .

Nestes días falamos moito do Inverno, decoramos o mural do corredor, contamos historias de piratas, aprendemos o número 2 cunha idea da profe Pilar (pintando un coelliño na man e levantando 2 dedos para fecerlle as orellas), empezamos o caderniño de mates do 2º trimestre, espertamos a curiosidade polas letras e cada vez recoñecemos o nome de máis compañeir@s e tentamos escribilo na pizarra magnética que temos no rincón das letras, o venres voltamos a facer merenda de cine (comemos a merenda vendo unha peli ), aprendemos cancións de piratas e do Inverno, etc.

Pero tamén hai que recoñecer que este tempo pon a proba o noso sentido do humor, estamos máis alterad@s, e facemos máis travesuras. . . e a profe di que lle vai sair fume polas orellas, aínda que Andrea miroulle e dixo: " no tale nada "  (Non sae nada. . .je je je. . . ) Esperemos que a choiva poida darnos unha tregua a vindeira semana, porque non poder ir ao parque polas tardes, nin saír ao patio a desfogar nos columpios e correr polo campo no recreo, fai que estemos máis toliñ@s que de costume. . .

Gustounos moito este vídeo do Inverno, aqui volo deixamos para que o vexades con nós outra vez.


E aqui vos deixamos o noso vídeo-resumo da semana.
 Agardamos que vos guste ! ! !
PIRATEAMOS NO INVERNO. . . on PhotoPeach

RECADO IMPORTANTE : Precisamos cartonciños dos do papel hixiénico, así que cando rematedes o papel non  tiredes o cartón. . . temos unha manualidade en mente. . .
bicos.


jueves, 17 de enero de 2013

JENNIFER XA É UNHA CHICA DE 4 ANOS !!!

O martes celebramos o cumpreanos de Jennifer.
Moitas felicidades e graciñas á súa familia por convidarnos a biscoito riquíiiiiiisimo. . .


 E unha aperta para a avoa que nos axudou á hora da merenda e para a súa curmá pequeniña que veu a celebralo no cole de maiores !!!


bicos.



sábado, 12 de enero de 2013

O REENCONTRO TRAS O NADAL.

Nesta curta pero intensa semana, reencontrámonos tras as vacacións de Nadal. Vernos de novo foi un momento cheo de nervios, emocións, ledicia e . . . tamén dalgunha bágoa por ter que voltar despois de tantos días. . . Pero non vos preocupedes, porque nestas idades é normal que tras un período longo coma este na casa á volta a rutina supoña unha nova mini-adaptación. . . Prométovos que a tristeza dura pouco, porque pronto voltan a entreterse cos amig@s , a querer contar unha e outra vez o que trouxeron os Reis, a xogar nos rincóns, etc. e esquécense de chorar. . .

En xeral, véxoos máis maiores e maduros, aínda que teño que confesar que hai quen segue de vacacións. . . e a volta ao traballo estalle custando especialmente. . . je je je. . . 

Teño que facervos unha petición especial, antes de ensinarvos as fotos desta semana. Os Reis Magos deixaron un agasallo para nós na clase. Trouxeron unha casa-tenda de piratas que había no Lidl a principios de decembro e. . . que viña sen as varillas de sujección. . . (tipo tenda de campaña).  Agora as Súas Maxestades non teñen o tiket de compra e xa pasou o tempo . . . asi que, como a casa é moi chula andan á procura dunhas varillas que nos servan para montala. Se alguén ten algunhas doutra casiña infantil ou tenda de campaña que pensa que nos pode servir. . . agradeceríamos moooooito que nos faga un préstamo unha temporadiña para desfrutar do noso agasallo. . .

E agora si, mostrámosvos o que fixemos nestes días. . .


O REENCONTRO TRAS O NADAL. on PhotoPeach

Bicos.


miércoles, 9 de enero de 2013

MILI É A MÁIS MAIOR DA CLASE !!!

Onte celebramos o noso 1º cumpreanos do ano 2013 !!!
Mili foi a primeira en cumprir 4 anos . . . xa é unha chica !!!
Mirade qué biscoito máis rico trouxo a súa familia para convidarnos a merendar. . . mmm . . . estaba boísimo. . .


Graciñas pola merenda !!!


bicos.





viernes, 4 de enero de 2013

A XOGAR COS REIS MAGOS !!!

Cada vez falta menos para ver a inocencia e a ilusión en estado puro nas caras dos nosos pequen@s, os Reis Magos xa están á volta da esquina.
 Para ir contendo os nervios de última hora aquí vos deixo o enlace da páxina das Súas Maxestades. Nela podedes atopar xogos, coñecer os seus palacios, e un montón de sorpresas máis.  
A pena foi que non a atopei antes. . . descubrina onte de casualidade. . . Pero está xenial !!! 
Premede debaixo do debuxo, onde pon "O BUZÓN DOS REIS MAGOS" en letras de cor amarelo.

Aclaración importante antes de entrar: á dereita onde pon "sorprende y educa a los niños con los Reyes Magos" suponse que é para que os Reis Magos manden unha carta aos vos@s fill@s . . . e pídevos a clave do voso correo electrónico, datos bancarios. . . Ejem. . .Falando claro. . . están flipados !!! Esos datos NON hai que dalos NUNCA !!! Pero todo o demáis está xenial, eu mireino todo e penso que lles vai gustar moito. . .



Lembrade que o martes voltamos á escola ! ! ! Os traballiños que levaron son para quedar na casa, pero a carpeta, sen nada dentro, teñen que traela de volta á escola. Precisámola para levar traballos para casa en vindeiras ocasións. . .
E graciñas aos incondicionais polos vosos comentarios ! ! !

bicos.