lunes, 31 de octubre de 2016

Samaín 2016

Aprendemos a debuxar morcegos.



Decoramos corredores, hall de entrada, portas, etc.




Tivemos unha sesión de contacontos co libro: Atrapemos al mostruo ! ! !
E descubrimos que ao final. . . o monstro era un pequeno rato roncando. . .


Fixemos uns debuxos do conto moi fermosos.



Posamos coas nosas cabazas e. . . algúns atrevémonos incluso a poñer cara de medo para asustarvos ! ! !
Lembrade que se pinchades sobre as fotos podedes velas máis grandes.











Ensaiamos o baile do Samaín con dúas nenas maiores: Sara e Zoe.


Encantoume recibir a Sara de novo na clase, pois ela foi unha das primeiras Piratas da Ría ! ! !
Lembramos o moito que che gustaba debuxar. . . asi que alá vai unha fotiño de pirata debuxando! ! !


Preparamos un xogo con motivos Samaín co que traballar a memoria e a agudeza visual e estar moi entretidos nestes días sen cole.


Estamos feitos uns actores e actrices estupendos e fixemos un pouco de teatro á hora de facer os nosos posados de Samaín co que nos rimos moitiiiiiisimo e o pasamos moi ben.
Co ben que actúan. . .é para pensarse facer algunha pequena obriña de teatro. . .
Veredes. . .

Silvia emprega a súa superpoderosa variña maléfica para convertir a Manu-Lobezno en sapo ! ! !



Os esqueletes zombies invaden a nosa clase e ameazan con comernos ! ! !



Kayla e a profe preparan unha pócima segreda para defendernos dos esqueletes ! ! !



A bruxa Olaya impartindo un curso de despegue e aterraxe á morcega Itziar . (Si hai alguén máis interesado no curso que veña pola nosa clase. . . puntúa para concursos e oposicións)



O sindicato de vampiros maniféstase para pedir maiores descontos cando van ao dentista! ! !



O zombie Asier convida á moza zombie Nikol a un groliño de. . . veleno! ! !
Xa se sabe. . . non pode un fiarse dos zombies. . .



Cando remataron a comida do frigorífico, os nosos pequenos demos decidiron . . . comerse entre eles! ! ! Deixará a poderosa Sofía que os seus aprendices a merenden? ? ?



Nicolás a piques de hipnotizar a Daniela cun bico e un movemento de ás ! ! ! Empregará Daniela os seus poderes? ? ?


Agardamos que os nosos posados teatreros de Samaín vos gusten tanto como a nós xa que. . . rímonos moito facéndoos e aprendemos que o medo. . .  tamén pode dar risa ! ! !

Antes de merendar e para ir abrindo boca, visitamos todos os postres terrorificos que se presentaron ao concurso e que estaban expostos no comedor.


Agora amosámosvos as larpeiradas arrepiantes da nosa clase.

Itziar trouxo unhas magdalenas terroríficas e Marina un biscoito-cabaza.


Kayla trouxo ósos de chocolate para compartir con nós á hora da merenda e Isaías e a súa irmá Virginia compartiron o seu terrorífico biscoito de chocolate coas súas respectivas clases.


Despois de merendar e de xogar no recreo, xuntánomos no patio dos maiores para bailar.


E isto é todo do noso Samaín 2016 ! ! !

Próximamente contarémosvos cómo van as nosas aventuras na granxa ! ! !

Bicos e . . . lembrade que o mércores voltamos ao cole.

sábado, 29 de octubre de 2016

Aniversario de Brais ! ! !

Esta semana o noso amigo Brais  cumpriu anos convidándonos a merendar un rico biscoito de chocolate.


Nós axudámoslle a soprar o número 5 con moita forza e agasallounos cunhas piruletas que él mesmo axudou a facer.
Parabéns Brais ! ! !
Moitos bicos e agardamos que tiveses moitos agasallos ! ! !

lunes, 24 de octubre de 2016

Visita a Afundación: Galicia cen.

A semana pasada visitamos unha exposición en Afundación.
Chamábase Galicia cen: Obxectos para contar unha cultura.
Alí Laura ensinounos unha bandeira de Galicia enorrrrme, pandeiretas e pandeiros, o primeiro muíño que existiu feito con dúas pedras, recipientes antigos para o leite, máquinas de coser e. . . ata o primeiro futbolín que existiu e que . . .  inventou un galego ! ! !


No taller con Ruth buscamos cousas típicas de Galicia e despois de pintalas pegámolas nun mapa coas nas catro provincias galegas.


Aqui vos deixamos un pequeno vídeo resumo da nosa visita.

Agardamos que vos guste! ! !

Galicia cen: obxectos para contar unha cultura. on PhotoPeach

Moitas grazas a Laura e Ruth por facer que as visitas a Afundación SEMPRE sexan fantásicas ! ! !

Bicos.


domingo, 23 de octubre de 2016

Aprendendo na asamblea e en Psicomorticidade.

Na clase estivemos traballando a asociación número cantidade, e o concepto de par e/ou parella, logo no ximnasio tiñamos que poñelo en práctica.
Xogamos aos avións e cando tocaba facer a aterraxe non podía haber máis dun par de avións en cada pista (que eran os aros).

Mirade que ben o pasamos.


Na clase de Inglés cantamos na asamblea  coa profe Teresa moi ben ! ! !
Pero. . . non é posible poñervos o vídeo, así que polo momento cunha fotiño tendes que conformarvos e para outra vez poñeremos máis fotos que reflexen o traballo que se fai na asamblea cando temos clase de inglés.


Coa profe Luz, tamén aprendemos adiviñas de Outono.

Arquiña pechada
que ten que comer
e no mundo enteiro 
non hai carpinteiro
que a poida facer.

Qué será ???



Bicos.

viernes, 21 de octubre de 2016

Aniversario de Miguel ! ! !

O mércores celebramos o cumple de Miguel.
Convidounos a merendar un biscoito con chocolate riquísimo e nós axudámoslle a soplar.


Parabéns Miguel ! ! !
Espero que tiveses moitos agasallos ! ! !

Bicos.

miércoles, 12 de octubre de 2016

Ourizos e poesías de outono.

Coa profe Luz aprendemos poesías de outono na asamblea.


Ademais, cando ven a profe Luz a axudarnos podemos facer traballos plásticos tan fermosos como este ourizo, que nos requeriu moito tempo, traballo e precisión e. . . xa se sabe. . . dúas profes mellor que unha !!!

Primeiro pintamos a cara e as patas do ourizo e colocamos no nariz unha boliña de papel de seda vermella.


Logo fixemos as púas cun tenedor,  pintura laranxa e moita paciencia.


E xa por último, con moita precisión e poñendo a proba a nosa motricidade fina, pegamos folliñas de outono troqueladas de papel charol amarelo.


Grazas Luz pola túa axuda e por facer que as nosas "artistadas" sexan máis fáciles! ! !

Bicos.

Temos moito conto. . .

Xa estamos de volta e. . . temos tanto conto que non facemos máis que escoitar contos que nos inspiran para facer distintas actividades.

Por exemplo, xa que iniciamos o proxecto adicado á granxa, un día subimos á Biblioteca do cole a escoitar o conto da Ovella Carlota e outro día fomos a contar o conto  da Galiña Marcelina.
Despois falamos destes e outros animais que podemos atopar na granxa.


Estivemos contando 7 contos de ratos que nos inspiraron para facer debuxos preciosísimos.


Seguimos contando os contos da "mariquita Juanita" e coñecendo a todos os amigos e amigas da nosa famosa xoaniña.
Desta vez, tocou coñecer a Norma a formiga, con ela fixemos unha interesante sesión de xogar a pensar na que falamos da amizade, de como portarnos cos amigos e amigas, das cousas que lles regalamos e cando, de prantas orixinais como o dente de león, etc.
Como vedes, rematamos ilustrando o conto á nosa maneira.


Tamén coñecimos a Luís e Luísa, dúas miñocas moi simpáticas que ían casar. Falamos de como nos vestimos e peinamos para ir a festas e sitios elegantes, de cando procede levar un agasallo aos anfitrións ou anfitrionas de según que eventos,  da conveniencia de non ir a un sitio se non fomos invitados, etc.
A conversa foi moi interesante, pois son moi ocurrentes e hai algúns con moitas ganas de poñer gravata e incluso sombreiro! ! ! ja, ja, ja...

Vestimos elegante a un invitado á cerimonia do casamento e, por suposto, non esquecimos poñerlle un agasallo para que levase.


E, por último, aínda que non é un conto pero si un libro, fixemos unhas etiquetas moi chulas con forma de lápis para poñer nos nosos caderniños de mate.




Temos moito conto ! ! ! on PhotoPeach

Bicos.