viernes, 20 de junio de 2014

FELIZ VERÁN E. . . ATA SETEMBRO ! ! !

Queridas familias, hoxe pecharei o "chiringuito" ata setembro.
Quixera agradecervos a tod@s a vosa colaboración ao longo deste curso, a vosa confianza e o voso cariño! ! !


Os meus piratas levaron hoxe para casa os seus traballiños cheos de emoción.
Adicádelles un tempo a velos con eles e a valorar o seu esforzo e traballo.

 Lembrádelles, no verán, que para o vindeiro curso van ser os maiores de Infantil ! ! ! 
E xa se sabe, que todo gran poder conleva unha grande responsabilidade ! ! !
 A súa responsabilidade para o vindeiro curso, será mellorar a súa atención, a súa autonomía e ser un bó exemplo para os "peques" (como din eles) que cheguen ao cole.
Axudádeos a seguir medrando no verán ! ! !


Mirade que hoxe levasen todo e, se falta algo, lembrade que ata fin de mes eu estou polo cole e podedes vir a buscar o que falte. 
Pablo tes que vir a pola peli de "Bichos", que estivemos rematando de vela e quedou posta no ordenador!!!
E Silvia, ti tamén tes que vir a por uns contos que deixaches! ! !

Se non deixaron nada na mesa, nin abriron a carpeta antes de tempo (ejem. . . ) tiveron que levar o seguinte: Os traballiños que encadernamos ca portada das chanclas, o sobre cas "notas", os traballos de insectos, un pequeno libriño no que traballamos os son das vogáis, o que fixemos de "El jardín de las letras", O Galopín ( que é a revista do cole), o caderniño de lóxica-matemática e o libro de inglés.
Ah!!! E enganchado na goma da carpeta quedaba un chupa ! ! !
Espero que ninguén collese o do veciño. . . xa sabedes que Pepita o ve toooooodo! ! !


E despedimos o curso amosándovos as nosas derradeiras aventuras ata setembro.

Aventuras de final de curso. on PhotoPeach

E deixamos para o último día,  un truco de maxia que nos trouxo a profe Pilar. Hoxe preparamos con moita ilusión un verme que se convirte en bolboreta, para sorprendervos coas súas dotes de mag@s.


Espero que lles saise moi ben o truco e que vos sorprendesen moito ! ! !


Foi unha pena que faltase Naiala e non saia na foto.

Graciñas Sandra por sacar a foto para que eu tamén poida saír ! ! !
Voute a estranar moito para o curso que ven! ! !

Despídome ata setembro! ! !
Moitos, moitos, moitos bicos aos meus pequenos grandes piratas e un especial para "a miña Pilar " ! ! !



CUMPLE DE MARC ! ! !

Onte celebramos o derradeiro cumple deste curso.
A nai e a tía de Marc, acompañáronos á hora da merenda para convidarnos a unha tarta de chocolate que estaba riquíiiiiiiisima e ca que nos untamos de chocolate ata as pestanas ! ! !


Tamén repartiu uns carameliños brandos e nós fixémoslle a súa postal de cumple e a de Carmen, que con tanto preparativo de fin de curso. . . tiñámola aínda sen asinar ! ! !

Moitos bicos e que teñas moitos agasallos ! ! !

sábado, 14 de junio de 2014

UN POUCO DE TODO. . .

Nestes últimos días fixemos un pouco de todo.
Tentaremos facervos un resumo.

Preparamos as portadas dos traballos do terceiro trimestre. Moi veraniegas, porque xa estamos preparados para ir á praia ! ! ! Alguén necesita unhas chanclas ??? O patrón atopeino na páxina http://krokotak.com/.


Fixemos un cadro con rotus de cores , facendo liñas rectas e unindo puntiños.


Rematamos as caixas para levar para casa o loto de animais mariños.


Temos que xogar a facer as parellas e así traballar a memoria e a atención.


E convén que conservemos o xogo para poder completalo para o próximo curso facendo os nomes dos animais, e traballar a lectoescritura.

Merendamos vendo a peli de "Bichos", e non só os venres por ser venres  de cine ! ! !


Martín trouxo unha maqueta dunha vacaloura, igualiña á de verdade ! ! !


E. . . a pouquiños. . . xunto cos campañeir@s da clase de Pilar, rematamos o cadro de Jorge Peteiro que estabamos a versionar á nosa maneira.
E quedou ben bonito ! ! ! 

Peteireando xuntos ! ! ! on PhotoPeach

Bicos e boa semana.
Xa non queda nada ! ! !

MENOS LOBOS ! ! !

Hai uns días levaron para casa un títere dun lobo, pero aínda non vos contamos como decidimos facelo.
O noso compañeiro Marc trouxo un conto que fixo a súa tía Iria. O conto titulábase: En boca del lobo.


Cando lin a historia, pensei que me podería dar moito xogo para facer unha pequena actividade na que facelos pensar. Comparar a imaxe ca que sempre aparece o lobo nos contos tradicionais que todos coñecemos, ca imaxe real do lobo que nos amosaba esta fermosa historia.

O primeiro que fixen foi contarlles o conto de Carapuchiña, ben coñecido por tod@s.


 Pero na versión de Lucy Cousins, que ten unhas ilustracións que me gustan moito.


Tras a lectura do conto, fíxenlles distintas preguntas sobre o carácter dos personaxes, e ao chegar ao lobo, toooooood@s por unanimidade pensaban que era malo malísimo.
Iso si, era malo pero moi listo, porque se disfrazaba de avoíña para enganar a Carapuchiña. (Este é o tipo de razonamentos que me encantan ! ! ! ja ja ja! ! !)


Pregunteilles si coñecían outros contos onde aparecese un lobo, e as súas respostas foron , como non podía ser doutro xeito, encamiñadas cara a outros contos tradicionais:

O lobo e os 3 porquiños , onde o lobo destrúe a sopridos as casas dos porquiños porque é malo malísimo e os quere comer.


E outro clásico; O lobo e os sete cabritos. Con outro lobo doente, que tamén só pensa en comer aos cabritiños.


Chegados a este punto, tirei do fío. . . Preguntei por qué o lobo era malo nos tres contos. Chegaron á conclusión de que en todos quería comer a alguén.
Seguín tirando. . . e sementei unha dúbida: Pero si sempre quere comer a alguén. . . non será que ten fame??? E vos qué facedes cando tendes fame ???
- Mamá nos pone la comida.
- La compra en en super.
- O en la carnicería.
E seguín tirando. . . pero mamá e papá van cazar cousas para darvos de comer???
- Nooooo, compran las cosas en el supermercado.
E seguín tirando. . . E os lobos van comprar no supermercado???
- Nooooo, los lobos no tienen supermercado
E eu veña a tirar. . . Daquela qué fan os lobos para comer?
- Pues cazar, porque non tienen supermercado en el bosque.
Tirei e tirei ata chegar onde eu quería: Daquela  os lobos cando teñen fame e necesitan comer coma nós, para ter forza e medrar . . . ¿qué fan?
- Cazar otros animales.
E non facían o mesmo os peixes grandes do mar?
- Es verdad, si, se comían a los pequeños.
-E eran malos os peixes grandes?
- No.
- Qué comen as xoaniñas?
- Pulgones.
- Os pulgóns son animais más pequenos que elas?
- Si.
- Daquela son malas as xoaniñas por comer pulgóns?
- No son buenas, tienen hambre y los pugones se comen las hojas de las plantas.
-Daquela cada un ten que comer o que necesita para vivir?
- Si
E os lobos serán tan malos como din nos contos ou comerán o que necesitan para vivir?
Diferencia de opinións chegados a este punto, pero a dúbida xa estaba no aire, e iso era o que eu quería.
- Son malos.
-Un poco malos y un poco buenos.
- Malos en los cuentos, pero los de verdad no son malos.
- Necesitan comer, pero en el bosque no hay tiendas.
Chegados ata aqui, como xa os fixera pensar, propúxenlles pensar niso na casa e seguir falando ao día seguinte, para que as ideas repousen.

Ao día seguinte, linlles o conto da tía Iria: En boca del lobo.
Ao rematar, repetín a pregunta do día anterior:

E os lobos serán tan malos como din nos contos ou comerán o que necesitan para vivir?

Xa había unanimidade:

-Los lobos no son malos
- Cazan porque necesitan comer
- También tienen que tener cuidado de que non los cacen a ellos.
- Tenemos que cuidarlos para que no se acaben los lobos del bosque

Ao final, como sucede sempre, nin os bos son tan bos, nin os malos son tan malos.
E o lobo é un animal ben fermoso, co que non debemos asustar aos nen@s.


Rematamos as nosas sesións de "xogar a pensar" adicadas ao lobo facendo un títere de lobo, que atopei na páxina http://krokotak.com/


E eu remato esta entrada cambiando un conto clásico, cunha versión que estou segura que vai gustar máis. . .  


Bicos e graciñas a Marc e Iria ! ! !

viernes, 13 de junio de 2014

CUMPLE DE CARMEN ! ! !

Hoxe celebramos o cumpleanos de Carmen.
Convidounos a un biscoito de iogur riquísismo que tomamos á hora da merenda.


Tamén trouxo un paquetiño con galletas que levamos para casa e que, cas presas, non tiven tempo de fotografiar. Eran dous bonequiños: unha dun neno e outra dunha nena, e estaban moi ricas ! ! !

Graciñas por convidarnos a tantas cousas ricas! ! !

Moitos bicos e que teñas moitos agasallos! ! !

viernes, 6 de junio de 2014

UNHA PLAGA DE INSECTOS ! ! !

Hai moitas cousas de insectos que aínda non vos ensinamos.
Por exemplo, seguimos recibindo axuda: pegatinas para as nosas portadas dos traballos, bonecos, debuxos e ata insectos de verdade ! ! !



Despóis de ver o escarabello real que trouxo Marc, fixemos o noso propio e escribimos o nome de distintas partes do seu corpo.





Xa temos claro que a única que non traballa no formigueiro é a raíña, que se adica só a poñer ovos ! ! !





Ordeamos as formigas según o seu tamaño, de menor a maior.


Vimos na pizarra dixital unha presentación intererantísima sobre as abellas.


Fixemos insectos de plastilina como esta estupenda xoaniña ! ! !



Sumamos bolboretas con Paula ! ! !



Cantamos e bailamos o RAP POS ARÁCNIDOS, que NON son insectos ! ! !


E escoitamos, con moita atención, toda a información sobre insectos que nos vai lendo a profe para saciar a nosa curiosidade, que ás veces parece infinita ! ! !
Aqui vos deixamos un vídeo resumo do moito que imos facendo.


UNHA PLAGA DE INSECTOS ! ! ! on PhotoPeach

Que teñades unha boa semana! ! !
Mirade as gafas que fixemos e o ben que o pasamos no parque dos maiores, nas entradas que hai a continuación.

Bicos.