No Contexto de Casa-Pobo estamos xogando con distintas propostas matemáticas coas que aprendemos casi sen decatarnos.
Por exemplo, a partir do conto "7 ratones ciegos" aprendemos a contar, tamén os números ordinais (1º, 2º, 3º...), as cores, caraterísticas ou atributos dos obxectos (longo, curto, ancho, estreito, etc)
Facemos conteo de menor a maior e de maior a menos co ábaco.
Contamos e asociamos número con cantidade coa axuda das castañas do Magosto.
Contamos e asociamos número con cantidade con policubos. Comparamos:onde hai máis cubos? e menos?
Aprendemos a contar coas regletas, o valor de cada regleta, cal número vai antes e cal despois, ordeamos de menor a maior (escaleira que sube ) e de maior a menor (escaleira que baixa).
Tamén facemos series de dous elementos e melloramos a nosa orientación espacial co xogo "atrapa ao gato".
Seguiremos actualizando. . .
Biquiños