domingo, 30 de marzo de 2014

MALETÍN SORPRESA DOS BOLECHAS.

Esta semana, ao chegar á nosa clase atopámonos cunha sorpresa misteriosa. . . 


O curioso foi, que nos sentamos como todos os días e ninguén se atreveu a levantar o pano que cubría o noso obxecto misterioso, pero a expectación era máxima, e os primeiros en chegar corrían ao baño para apurar aos demáis a sacar abrigos e mochilas e sentarnos tod@s o mais rápido posible.

Decidir quen levantaba o pano foi fácil. Tod@s dicían  que fose o encargad@.
Sacamos un nome do sobre ao azar, sen mirar, e. . . tocoulle a Adrián ese privilexio, previo toque de variña máxica, por suposto.


Ao levantar o pano, apareceu un maletín, pero seguía a ser un misterio o seu contido, pois tardaron un anaco en decatarse de que nun dos seus lados poñía " Os Bolechas".
Por fin, abrimos o maletín e atopamos un lote de libros dos Bolechas cos que ímos aprender moitas cousas, pero temos que coidalos moito, porque son contos que a Bruxa Pepita trouxo da Biblioteca do noso cole e que temos que devolver en bo estado para que outr@s nen@s poidan desfrutar deles.


 LEMBRADE QUE MAÑÁN ENTREGAMOS AS NOTAS E LEVAREMOS OS NOSOS TRABALLIÑOS DESTE TRIMESTRE PARA CASA.
SI ALGUÉN NON TROUXO A CARPETA DE VOLTA DESPÓIS DAS VACACIÓNS DE NADAL, POR FAVOR QUE MAÑÁN NON SE OLVIDE DE TRAELA PARA LEVAR OS TRABALLIÑOS NELA.

Que teñades unha boa semana.
Bicos.

viernes, 28 de marzo de 2014

21 DE MARZO: DÍA DA ÁRBORE.

O pasado 21 de marzo foi o día mundial da árbore.


Nós celebrámolo acudindo a un concerto didáctico no Conservatorio de Culleredo, no que participamos facendo distintos xogos musicais, aprendimos cousas relacionadas ca música e tamén ca importancia das árbores nas nosas vidas.

Neste vídeo podedes comprobar o ben que o pasamos no concerto! ! !

CONCERTO DIDÁCTICO DO DÍA DA ÁRBORE on PhotoPeach

Despóis, na clase, fixemos un traballiño cunha ficha que nos pasou a profe Lucia.
Falamos un pouquiño das árbores e de que non todas son iguais: unhas perden as follas no outono, outras consérvanas todo o ano, algunhas teñen flores, outras froitas, etc.
Foi un traballiño ao que adicamos varios días.

Un día escribimos e pintamos as folliñas con ceras. . . 


Outro día coloreamos a árbore con pintura e pincel ! ! ! Que maiores imos xa ! ! !


Outro día, cando as árbores secaron, decidimos poñerlle flores, laranxas ou mazás vermellas.


E quedaron unhas árbores chulísimas ! ! !

Pero ademáis aprendimos, que ás veces hai que ter paciencia, e temos que facer o traballo a pouquiños para que quede ben bonito.


Mirade canto traballamos ! ! !

21 DE MARZO: DÍA DA ÁRBORE on PhotoPeach
Bicos.

sábado, 22 de marzo de 2014

A MÁQUINA DE SUMAR ! ! !

Agora que están tan de moda as novas tecnoloxías, nós temos un invento do mais rústico pero que nos axuda a entender as sumas.
Si, si, tal cual como o estamos contando. . . temos unha máquina de sumar ! ! !


E como sabemos que sumar é xuntar, aqui nos tendes en acción. . . 
2 pezas vermellas por un lado + 3 pezas amarelas polo outro = 5 pezas ! ! !




E despóis, levámolo á práctica de maneira individual no papel, axudándonos de gomets.
Pero a profe, que ás veces é un pouco mais bruxa que Pepita. . . púxonos sumas diferentes para que non puidésemos copiar polo veciñ@ do lado. . . e empregásemos o cerebro. . . 


E non o fixemos nada mal ! ! ! 

Bicos.

XOGAMOS CON JORGE PETEIRO.



Agora que isto xa é pan comido . . . aqui tendes outro xogo novo! ! ! 
Pasádeo ben e ide practicando, que esta semana xogaremos con él na clase! ! !

Bicos.

sábado, 15 de marzo de 2014

CANTAMOS SEGUINDO A "PARTITURA".

Onte fixemos un pequeno experimento.
Estivemos aprendendo e cantando unha canción, seguindo cada un a nosa "partitura".
Aínda que realmente, non se trataba dunha partitura, tod@s se sentían músic@s profesionais, e tomaban a actividade mooooooi en serio.
Puxemos na pizarra dixital o vídeo da cancíón e tiñamos que cantar seguindo a letra acompañada de pictogramas. Tal que asi: 


Trátase dunha canción do grupo "Siempre así", que se chama: "El hombre del tiempo".

Esta actividade tan divertida, serviunos ademáis para practicar a direccionalidade que seguimos cando lemos ou escribimos: de enriba cara abaixo e de esquerda a dereita. Era asi, como tiñamos que seguir a nosa "partitura" para non perdernos e cantar ben.

Aprendimos qué é un estribillo, e como tiñamos que repetilo dende onde estaban as gotiñas de choiva, dicindo : "Y lloverá. . . " 

Acordamos ensaiar ata que nos pareceu que o facíamos ben, e daquela chamamos á profe Sandra  (como avaliadora externa e obxectiva ) para que decidíse si o facíamos tan requeteben como para levar a partitura e cantarvos na casa.
Fixémolo tan estupendamente. . . pero tanto. . . que a profe Sandra desmaiouse da emoción. . . e a nós iso fíxonos moita gracia, por suposto. . . ja ja ja. . . 

Mirade que atent@s. . . porque tamén estamos traballando a atención ! ! !


Que profesionalidade. . . 


Xa casi estamos preparad@s para sacar un disco. . . 


Algúns levamos o ritmo co pé e todo ! ! !


Este é o vídeo que puxemos na pizarra dixital para cantar, así que a seguir practicando ! ! !




 Despóis da nosa actuación estelar, preparamos a "partitura" para levala para casa ben bonita, así que pintámola e decorámola. Algúns aínda non a remataron, esperemos que o luns a collan con ganas e a rematen para levala para casa.

Que teñades unha boa semana.

Bicos.

sábado, 8 de marzo de 2014

XOGAMOS NO MAR ? ? ?



Despóis de turrar un pouquiño. . . ejem. . . conseguín subir este xogo que fixen para os meus piratillas ! ! !
Ás veces, as cousas son máis sinxelas do que parecen . . . pero custoume darme conta . . . 
E eu prometéralles que lles ía subir un xogo que fixera para eles! ! !
Agora si. . . a xogar ! ! !

Por certo, se premedes no botonciño que ten na parte superior dereita con forma de cadrado, ponse en pantalla completa. 

Bicos e boa semana !!!

COUSIÑAS DO MAR. . .

Esta semana foi moi curtiña, así que ímos aproveitar a ocasión para ensinarvos cousiñas do mar que aínda non víchedes, cousiñas que fixemos ao longo deste trimestre que está a piques de rematar, igual que a nosa aventura mariña.
Buscamos nunha caixiña de números o ano de nacemento de Peteiro.


Xuntámonos cos nen@s de Pilar para ver a peli "Movida bajo el mar".


Aprendimos que Peteiro naceu na Coruña, que nela está a Torre de Hercules, coñecemos a lenda do xigante Hércules e xa sabemos que a torre é un faro e para qué serven os faros.



Limos na pizarra dixital o conto "Unha casa para un cangrexo ermitaño", repasamos os nomes dos meses do ano, falamos dos cangrexos e aprendimos cousas sobre eles.


Aqui vos deixamos o conto que empregamos na clase, montado por outra mestra que se chama María Pousa.


Anxo trouxo un submariño que fixo o seu tío. Según nos explicou él: "o meu tío é un artista como Peteiro e como Warhol".
 E nós creémolo ben, non hai mais que ver que chulada de submariño ! ! !


Isto motivounos a querer saber mais ! ! !
Asi foi como investigamos o funcionamento dos submariños, por que flotan ou "bucean",  como din eles, polo fondo do mar. . . 


E tamén buscamos quen inventou semellante máquina complicadísisma para os nosos cerebros! ! !
Despóis plasmamos os nosos coñecementos nun pequeno traballiño.


E. . . o mellor de todo. . . coma sempre para o final ! ! !
Estamos pintando, a medias cos nen@s da clase de Pilar, un cadro de Peteiro ! ! !






Bicos.

CUMPLEANOS DE VICTOR ! ! !

E  aínda sen recuperarnos da enchenta de filloas, orellas e rosquillas do Entroido, nin da tarta de Martín. . . o venres tivemos festa outra vez ! ! !
Celebramos o cumple de Victor cunha tarta que nos trouxo a súa nai e que tiña forma de campo de fútbol! ! !


Outro mocetón ao que lle debemos a postal asinada. . . porque esta semana foi moi curta e estivemos asinando aínda a de Sara ! ! !

Pero non nos esquecemos ! ! !

Un bico grande e espero que tiveses moitos agasallos ! ! !

CUMPLEANOS DE MARTÍN ! ! !

Prométovos que tentei facelo rir, pero este homiño é tan serio e formal. . . que foi misión imposible! ! !
O xoves celebramos o cumple de Martín cunha tarta enorme de "Cars".


Un bico grande e espero que tiveses moitos agasallos!!!
Debémosche a postal asinada. . . pero os cumples se acumulan e parecemos famosos asinando autógrafos !!! Qué traballo ! ! !

Bicos.

lunes, 3 de marzo de 2014

ENTROIDO 2014

TALLER DE MÁSCARAS.

Ao longo da semana, organizamos un taller de máscaras no que traballamos xunto cos nen@s da clase de Pilar.


Eleximos a máscara que mais nos gustou e puxémonos máns á obra. . . 


Fíxonos moita ilusión traballar xunt@s.


Temos que agradecer á profe Lola que nos estivo axudando a facer máscaras.


E tamén á profe Eva que lle puxo a goma ás máscaras das dúas clases.
Graciñas chicas ! ! !

POSADOS.

Así de guap@s viñemos o venres para a festa e posamos como artistas de cine ! ! ! 








Sacamos foto de grupo.


MERENDOLA DE ENTROIDO

E. . . a comer. . . 


Graciñas familias pola vosa colaboración enviando postres de Entroido ! ! !


DESFILE.

Desfilamos para lucir o modelito ! ! !


Posamos. . . 


As profes fan o indio ! ! !


Vemos como desfilan os campañeir@s dos outros cursos.




Bailamos ! ! !


E volta a desfilar pero camiño da clase ! ! !


E agora o vídeo dos choqueiros do Burgo ! ! !

Choqueirada 2014 ! ! ! on PhotoPeach

Lembrade que as clases comezan o xoves día 6 de marzo.

Bicos.