viernes, 24 de diciembre de 2021

CALENDARIO DE ADVENTO DÍA 24

 Ata aqui chegamos co noso calendario especial que nos acompañou dende o comezo de mes.

Hoxe o sobre ten contido especial por ser o derradeiro.

Agardo que  teñades  tod@s unhas Felices Festas ( e tranquilas! ! !) e  desexo de corazón que no ano 2022 se cumpran todos os vosos soños.

Grazas pola vosa colaboración ao longo deste trimestre.

Unha aperta enorme e biquiños a moreas! ! !

E agora a sorpresa. . .

AOS NOSOS AMIG@S E FAMILIARES de Bibiana Boedo


Agora si, pechamos por vacacións ! ! !

Unha aperta enorme e moitos biquiños.

Bibi


jueves, 23 de diciembre de 2021

CALENDARIO DE ADVENTO DÍA 23 E NOVAS PROPOSTAS

Xa queda menoooooos! ! !

Mañá abrimos o derradeiro sobre coa sorpresa final.

Pero hoxe vos amosamos o contido do sobre número 23.


A palabra do día é : CORONA

Por si vos apetece unha última manualidade, aqui vos deixo unha idea de cómo facer coroas de Nadal.

 

 E a proposta para facer en familia é : FALAR DO MELLOR DO ANO QUE REMATA

Aqui ven unha pequena sesión de fotos


Allen facendo receitas de Nadal, escribindo a carta aos Reis e . . . xogando con Layla coas serraduras da madeira ! ! ! Iso de xogar coas serraduras ten que ser moooooooi divertido! ! ! Qué sorte! ! !


A Cheff Sabela , despois de escribir á carta aos Reis, púxose mans á obra a facer galletas de Nadal. . . e de chocolate ! ! !

E aqui tendes o resultado ! ! !
Como boa Chef que se precie, probou que a calidade das galletas era axeitada. . . jijiji

Moitos biquiños

Bibi 

miércoles, 22 de diciembre de 2021

CALENDARIO DE ADVENTO DÍA 22 E NOVAS PROPOSTAS

 

Na nosa árbore de Nadal xa quedan cada día menos sobres para abrir e no último. . . haberá sorpresa especial ! ! !


Aqui tendes o contido do sobre número 22.


A palabra de hoxe é : LUCES

E a proposta para facer en familia : VISITAR ALGÚN DECORADO DE NADAL

E agora póñovos uns deberes importantísimos ! ! !
Atención ! ! !


Abrigádevos ben e saíde a pasear cando se faga de noite para ver ben as luces e o decorado de Nadal, disfrutade moito do paseo e da compañía, das luces , do aire fresquiño na cara e. . . facédevos unhas fotiños de recordo.
Logo xa , para sacer nota, mandar as fotos dos vosos paseos coas luces de Nadal ! ! !

Mooooooitos biquiños.

Bibi

martes, 21 de diciembre de 2021

CALENDARIO DE ADVENTO DÍA 21 E NOVAS PROPOSTAS

Hoxe tivo lugar a apertura do sobre número 21 do noso calendario de Advento.


E dentro atopamos as seguintes tarxetas


Destro a palabra para falar e escribir é : GALLETAS DE JENGIBRE
Podedes falar do seu significado, buscar máis palabras que comecen pola letra G, falar das súas galletas favoritas, etc.

A proposta para facer en familia é: COCIÑAR GALLETAS DE XENXIBRE OU DO SABOR QUE VOS GUSTE MÁIS.

Encantaríame ver as vosas fotos cociñando! ! !

E agora unhas propostas de xogos de Nadal.





Moitos biquiños

Bibi








lunes, 20 de diciembre de 2021

CALENDARIO DE ADVENTO DÍA 20 E NOVAS PROPOSTAS

 Ola familias!

Aqui tendes a apertura do sobre número 20.



A tarxeta para traballar a linguaxe ten a palabra : CALCETÍN
A tarxeta coa proposta de facer en familia pon : SESIÓN DE FOTOS NAVIDEÑA

Así que xuntando as dúas propostas , ocúrreseme algo moi divertido. Qué vos parece facer uns posados fotográficos de Nadal amosando pos vosos calcetíns favoritos e máis divertidos.?
Veña, animádevos a mandarme as fotos dos vosos calcetíns máis divertidos! ! !

Déixovos ademáis, algunhas propostas para aprender xogando.

1 - Carteliños para poñer na porta da vosa habitación e que os Reis Magos saiban onde durmides.

2 -  Xogo para odenar as letras seguindo o modelo e escribir as palabras correctas



3 - Buscamos a letra I



4 - Xogo de atención para buscar o obxecto que se repite



E agora tomade asiento porque chega o photocall ! !


Martina disfrutando coas propostas de Nadal para aprender xogando.


Tamén xogou moito coas letras .


Adrián fixo unha carta moi fermosa para os Reis Magos.


David fixo o boneco de neve.


Preparou a carta para As Súas Maxestades de Oriente.


E aprendeu moito xogando coas nosas propostas interactivas.


A Sabela gustoulle moito o conto de : Así es mi corazón
Por iso despois de escoitalo, fixo estes corazóns tan fermosos e tamén aprendeu xogando coas nosas propostas interactivas.

Moitos biquiños

Bibi

sábado, 18 de diciembre de 2021

CALENDARIO DE ADVENTO DÍA 19 E NOVAS PROPOSTAS

 Aqui tendes a apertura do sobre número 19 coas novas propostas.


Este é o contido dos sobres


A palabra para traballar a linguaxe é : ESTRELA
Podedes comezar falando do seu significado, da existencia de estrelas no ceo pola noite pero tamén da existencia de estrelas de mar.

Aqui vos deixamos un vídeo sobre estrelas de mar e outros aimaliños ben curiosos.


Por si vos apetece imprimir unha proposta , aqui vos deixamos unha idea.


A tarxetiña coa proposta para facer en familia di : ler un conto de Nadal.
Por si non tendes ningún a man, aqui vos deixamos un ben fermoso : SUEÑOS DE NIEVE ( de Eric Carle)



Cántos animais tiña o granxeiro do conto?
Eres capaz de debuxalos todos?

Hoxe propóñovos facer unha merenda de Nadal moi saudable. Precisades: uvas, plátano, fresas e queixo.
Qué vos parece?


 1 - Para os que queredes aprender xogando, aqui tendes un xogo interactivo de laberintos de Nadal.



2 - Quén é capaz de facer este rompecabezas e montar a árbore de Nadal como a do modelo?



3 -  Agora tendes que unir cada motivo de Nadal coa súa sombra.


E ata aqui as propostas de hoxe.

Pasade un bo domingo

Biquiños

Bibi

CALENDARIO DE ADVENTO DÍA 18 E NOVAS PROPOSTAS

 Como somos unhas mulleriñas moi dispostas, onte Jennifer e eu xa abrimos o sobre de hoxe para telo todo listo.


Aqui tendes o contido dos sobres.


A palabra do día é : CAMPANA
Como xa temos buscado moitas palabras que comezaron pola letra C, propóñovos falar do seu significado e facer a seguinte manualidade de Nadal.


Aqui vos deixo o enlace coa explicación para facelas.



A segunda tarxetiña tiña unha proposta para facer en familia estupenda : CHAMAR A ALGÚN FAMILIAR.

Aqui vos deixo outras propostas para aprender xogando:

 1 - A  xogar coas rimas como no cole! ! ! Hai que decir en voz alta o nome do debuxo que aparece no modelo e logo os nomes dos que aparecen abaixo e descubrir cal  dos 4 que nos amosan rima co modelo. 




2- Agora un xogo de Nadal para atopar o debuxo diferente. Moita atención ao vídeo e. . .a xogar! ! !



3 - Adiviñas de Nadal. 
Escoitade con atención para acertar coa adiviña ! ! !


4- Para que Papá Noel e os Reis Magos vos coñezan un poquiño mellor, déixovos esta idea para imprimir e cubrir e logo mandarlles.




Tomade asiento agora que comeza o Photocall de Nadal.



Diego aprende xogando coas nosas propostas interactivas e fixo uns ourizos con moooooooito corazón! ! !


Tamén siguen ao pé da letra as propostas do calendario de Advento e déronse moitas apertas ben apretadiñas ! ! !


Jennifer fixo o boneco de neve que lle quedou fermosísimo .
Moi ben Jenny! ! ! Estás feita unha campeona! ! !


Despois de ver o conto : ASI ES MI CORAZÓN , o Chef  Allen fixo uns corazóns para chuparse os dedos. Mmmmmm. . . que pintaza! ! !


Tamén estivo xogando coas letras e os números e lembrándose moito de tod@s os/as compis.


Daniella construíu unha cheminea moi nadaleira e nela colocou un buzón para deixas as súas peticións aos Reis Magos e Papá Noel.


Onde deixarían á gatiña Elsa esta vez? ? ?
Elsaaaa! ! ! Non estarás metida no buzón? ? ?
jajaja. . .

Moitos biquiños

Bibi

viernes, 17 de diciembre de 2021

CALENDARIO ADVENTO DÍA 17

 Hoxe abrimos o sobre número 17 e dentro atopamos estas dúas tarxetiñas.



A palabra para estimular linguaxe oral e escrito é  : HADA
Podedes comezar falando do seu significado e en lugar de atopar outras palabras que comecen pola letra H, como é difícil , deixámosvos un xogo con Pocoyó.

Hai que tentar escribir na casiña de abaixo as palabras con H que nos trae Pocoyó.


Aqui vos deixo un vídeo para que poidades  facer un hada moi chula



Este é o patrón da actividade plástica por si vos animades a facela.

A segunda tarxeta ten a proposta en familia de : INVENTAR UN CONTO DE NADAL

Para que vos vaiades inspirando aqui vos deixo un dos meus favoritos.




E aqui vos deixo tamén a carta dos Reis Magos para que a vaiades escribindo.


Agora tomade asiento que comeza o Photocall ! ! !



Allen estivo xogando coas palabras e os números na casiña das letras.


Tamén xogou coas construccións e a facer pompas.


Daniella fixo ioga, puxo a árbore de Nadal e. . . Elsa. . . bueno Elsa quixo ser unha bola máis da árbore! ! ! jajajaja


Carla está facendo delicias de Nadal na cociña. . . para chupar os dedos ! ! !


Tamén aprendeu xogando coas nosas propostas destes días.


E. . . xogando a disfrazarse. . . transformouse nunha Noeliña moi guapa! ! !

Moitos biquiños

Bibi