martes, 25 de junio de 2013

FIN DE CURSO E FIN DE FESTA ! ! !

Pois xa estamos en xuño, e parece que foi onte cando coñecín á miña pandilla de piratas, ala polo mes de setembro. . . Qué rápido pasou o tempo. . .  canto medraron. . . canto aprenderon e canto me ensinaron . . . meus pequerrechos. . . 

Aqui vos deixamos as nosas derradeiras aventuras ata o curso  próximo. . .

Asi foi como nos despedimos de Andy Warhol, facendo os nosos autorretratos e o noso propio deseño de lata de sopa. Non cabe dúbida de que somos uns artistas ! ! ! 


Mirade cómo Warholeamos. . . 

DESPEDIMOS A WARHOL. . . on PhotoPeach

O xoves merendamos unhas galletas moi ricas que nos fixo a nai de Lucas (Graciñas Carla !!!) e que tiveron moito éxito,e o venres, último día de cole antes das vacacións. . . estivo cheo de emocións. . .  Fixemos picnic, xuntámonos cos nen@s da clase de Pilar para unha superfesta, bailamos, cantamos, xogamos no patio dos maiores. . . 
Queredes velo???

FIN DE CURSO E FIN DE FESTA ! ! ! on PhotoPeach

Pois con isto e con  máis dun biscoito. . .  (moitos levamos comidos neste curso. . . ) só me queda agradecer ás familias a vosa colaboración ó longo deste curso, ás miñas compañeiras a vosa axuda incondicional, "á miña Pilar" o moito que aprendo dela e . . . aos meus piratiñas. . . graciñas polos vosos mimos e por verme guapa todos os días. . .  je je je. . .

Deséxovos que veña pronto o verán (pero de verdade) e que teñades unhas felices vacacións !!!

Moooooooitos bicos.


miércoles, 19 de junio de 2013

AGRADECID@S E EMOCIONAD@S. . .

A semana pasada traballamos con ilusión para facer un pequeno agasallo para os nosos amig@s maiores de 2º B. Fixemos un pequeno cofre pirata que tiña un tesouro, unha moeda de chocolate. . . riquíiiiiiisima. . . 


Como hai máis nen@s que na nosa clase, algúns de nós traballamos dobre, e coloreamos e picamos 2 cofres. . . pero con tanta ilusión, que casi non nos pareceu traballo. . . 
O martes, subimos ás agachadas para darlles unha sorpresa. . . 


Pero a sorpresa levámola nós, porque por cada agasallo que lles entregábamos, eles tiñan para nós unha nube moi rica. . . que desapareceu voando dentro da nosa boca. . . 



Bicos.

CUMPLE DE MARC ! ! !

O luns celebramos o cumple de Marc cunha gran merendola ca que nos puxemos as botas. . . 
A súa familia visitounos á hora da merenda para convidarnos a biscoito para todos os gustos.

Aqui tendes ao homenaxeado ben  serio , porque seguro que está pensando un desexo. . . 


E soprando como o lobo feroz. . . 


Graciñas por convidarnos !!!

Bicos.



viernes, 14 de junio de 2013

TRABALLIÑOS DE PRIMAVERA E. . . O SEGREDO MELLOR GARDADO ! ! !

Hoxe ímosvos amosar algúns traballiños de primavera que fumos facendo e. . . imos desvelar o noso segredo mellor gardado. . . ejem. . . as obras de arte que van ser portada e contraportada dos nosos traballiños.

Comezamos polo Arco da Vella ( unha idea da miña compañeira Pilar) , que pintamos seguindo as cores que ten na realidade e que polo outro lado leva unha adiviña. Aqui nos tendes en faena, axudad@s pola profe Eva. Graciñas compi pola túa axuda ao longo deste curso cos meus pequerrech@s !!!





Ca profe Elena, estamos a traballar o conto de: "A toupiña que quería saber quén lle fixera aquilo na cabeza", partindo dun libriño de actividades sobre o conto que elaborou a profe Iria (3 anos C).


Tamén fixemos uns debuxiños cunha rima do mes de xuño (unha idea da profe Pilar) e o ceo pintámolo con pincel como maiores. . . 





E agora. . . a exclusiva ! ! ! A mamá que da unha aperta ao seu paxariño pequeno e que vai ser a nosa portada (atopeina na páxina http://krokotak.com/  e foi amor a primeira vista ! ! !), e a bolboreta que nos pasou a profe Pilar e que poñeremos de contraportada.



E por último, o vídeo facendo as portadas, veredes que foi moito traballiño e moita paciencia, pois adicámoslle varios días. . . 

PORTADAS 3º TRIMESTRE on PhotoPeach

LEMBRADE QUE O LUNS ÁS 17:15 TEMOS REUNIÓN NA CLASE, POR FAVOR VINDE SEN NEN@S PARA PODER FALAR CON TRANQUILIDADE.
NON FALTEDES !!!

BICOS.


miércoles, 12 de junio de 2013

PÉS DESCALZOS ! ! !

Hoxe ímosvos mostrar un documento inédito , de algo que fixemos hai uns días xa, cando aínda estaba aqui a nosa amiga Mili, pero que non tiven tempo de montar ata agora.
Non saen fotos de tod@s, porque ás veces é imposible facer, axudar, sacar fotos... e menos mal que nese momento estaba con nós a profe Elena. Por certo, graciñas compañeira !!!
Ídelo entender cándo vexades o vídeo. . . 

PÉS DESCALZOS. on PhotoPeach

Bicos.

sábado, 8 de junio de 2013

SEMENTAR SEMENTAREI. . .

Ainda que non se sabe moi ben si estamos na primavera, no outono ou nun tempo indefinido. . . nós decidímonos a sementar.
Iso si, en vasiños de prástico transparentes (para poder ver cómo medran as raíces) e dentro da clase.

Aqui nos tendes en faena, plantando lentellas, fabas e garabanzos. . . axudados pola profe Luz á que nomeamos "encargada da regadeira", porque algúns non che temos moito sentidiño para regar soliños. . . a verdade é esa. . . 

SEMENTAR SEMENTAREI. . . on PhotoPeach

 A anécdota da sesión, ejem. . . houbo alguén que despóis de ter a semente envolta co algodón e de que Luz lle botase auga no vaso ca regadeira, estaba dispost@ a bebela . . . e houbo que explicarlle de novo que a auga era para beber a planta, e que nós non lle podemos beber a auga á planta. . . Non vou dicir quén foi, cada quén que pense o que ten na casa. . . pero vai ser certo que hai quen bebe ata a auga dos floreros. . .  ja ja ja . . .

Bicos.




DERRADEIRA SESIÓN DE LECTURA XENEROSA E AGRADECEMENTOS ! ! !

Xa queda pouquiño para rematar o curso e onte tivemos a nosa derradeira sesión de lectura xenerosa.
Recibimos a Carlota e María, que nos leron o conto de "Pétala".
Coma sempre, gustounos moitíiiiiisimo.


Graciñas á profe Victoria e a  todos os nenos e nenas de 2º pola súa xenerosidade e por adicarnos o seu tempo, para pesarnos, medirnos, ler para nós. . . 

Sodes xeniales, por iso vos queremos adicar este vídeo. . . 

GRACIÑAS POLA VOSA XENEROSIDADE !!! on PhotoPeach

Un bico enorrrrme. . . 

miércoles, 5 de junio de 2013

ATA SEMPRE MILI ! ! !

Onte foi un día triste, pois despedímonos da nosa amiga Mili.
Xa levábamos días falando do tema, dándolle voltas, buscamos no mapa o país ao que marchaba, tamén onde estamos nós, e xa de paso onde estaba Andy Warhol. . . 
Pero o día chegou. . . e os ollos facíanos burbulliñas. . . 
Ímola botar moitísimo de menos. . . 


Graciñas por ser a nosa amiga durante este curso,
por ser tan doce como os biscoitos que comemos polos cumples
e por regalarnos o teu sorriso ata o derradeiro día. . . cando tod@s estabamos tristes. . . 


Nese corpiño pequeno. . .
tes un corazón moi grande. . . 

Moitos bicos para ti e a túa familia.




sábado, 1 de junio de 2013

OS GATOS DE ANDY WARHOL. . .

miau
                         

Seguro que os peques xa vos contaron que Andy Warhol tivo moitos gatos (chegou a ter ata 25. . .) e que a todos lles chamaba Sam. . . é unha anécdota que lles encanta. . . Ata un día, fixen como que non sabía os seus nomes e empecei a chamarlles eu a el@s Sam. . . a tod@s. . . e partíanse de risa. . . pero deixáronme moi claro que: "Profe, nosotros no somos gatos. . . "


En vista do éxito aproveitamos para traballar tamaños (grande- pequeno), para traballar lectoesritura e escribir SAM, contar cántas letra ten e dicir cales son e. . .  para artistear un pouco. . . 

Preparad@s para o vídeo !!!

ONDE ESTÁ SAM ??? on PhotoPeach

Aqui vos deixo as plantillas dos nosos traballiños.
 E gustaríame deixarvos tamén unha reflexión. Compartir non está reñido co respecto polo traballo alleo. Si vos fixades, cando publico cousas que non son idea miña, ou que non elaborei , escribo de quén son ( moitas da miña compañeira Pilar, das compañeiras Iria e Pilar da casiña, da miña amiga Vane. . . ) Só vos pido que fagades o mismo co que deixo aqui. . . ainda que non marque as fichas poñéndolle o meu nome como fan noutros blogues. . . quizás confío demasiado na bondade allea. . .  tampouco é plán abusar. . . 



Máis abaixo podedes ver as fotos traballando a letra o, os nosos lectores xenerosos, o cumple de Natalia ou cómo nos pesaron os maiores e cómo descubrimos os números na báscula. . . 

Bicos.

MOITO OLLO . . .

Nestes días estivemos facendo a letra O. A outra semana pintamos unha ovella e esta  un ollo mooooooi grande que toooooodo o ve. . . 


Cada un pintou os ollos da súa cor, así que algúns despistados tiveron que mirarse no espello para ver de qué cor tiñan os ollos. . . 


Aqui vos deixamos as plantillas dos nosos traballiños:



Bicos.

LECTORES XENEROSOS DA SEMANA . . .

Estabamos desexando que chegase o xoves e o venres para que @s nos@s amig@s maiores baixasen a contarnos contos. . . É un momento tan máxico, no que estamos tan caladiñ@s e atent@s. . . 

Este xoves,  Sara e Pablo leron para nós o conto de "David va al colegio".


E o venres, desfrutamos co conto de "Orellas de bolboreta" que leron e entoaron moi ben para nós José e Pedro.



Graciñas por ser para nós un libro aberto. . . 

Bicos.

FELICIDADES NATALIA ! ! !

Onte celebramos o cumple de Natalia xunto ca súa familia. Acompañáronos á hora da merenda cun biscoito riquísimo.


 Despóis fixémoslle uns debuxos moi chulis para o seu libro do cumple, e algúns ata escribimos o seu nome ! ! !


Graciñas pola invitación familia ! ! ! 

Bicos.