viernes, 30 de marzo de 2018

Mergullándonos no mar. . . e algunhas ideas para facer nestes días sen cole.

Como xa vos contamos na cartiña que levaron @s peques o último día de cole, e que el@s mesmos axudaron a preparar, no terceiro trimestre ímonos mergullar nas profundidades do MAR e imos investigar o que alí hai.

Resultado de imagen de gif animado el mar

Cómo xurde este proxecto?

Queremos contarvos como xurdiu a motivación para este proxecto, para que comprendades mellor a labor que levamos a cabo nas nosas aulas.

Cando estabamos traballando a secuencia didáctica adicada ao MARISQUEO observamos no noso alumnado interese polo tema, pois as súas inquedanzas non se quedaban só nos animais que viven na ría.

Ao mesmo tempo a través do proxecto dos PITIÑOS, que nos tivo entusiasmad@s durante o 2º trimestre, descubrimos como había outros animais que nacían dun ovo e chamáronlles especialmente a atención os peixes e as tartarugas mariñas (destas últimas incluso vimos algún vídeo).

Resultado de imagen de gif animado pensar
Así foi como decidimos plantexarlles si lles apetecía investigar O MAR  e descubrir e aprender cousas relacionadas co tema, e a resposta d@s peques foi un sonoro: siiiiiiiiii ! ! !

Cómo podedes axudar as familias?

Agora precisamos da vosa colaboración, porque á volta das vacacións devolveremos todo o material que aportáchedes para investigar OS PITIÑOS e agardamos a vosa axuda para que nos mandedes moitas cousiñas para o novo proxecto: O MAR.

Lembrade que non é preciso mercar nada, podedes traer libros, contos, puzzles, xogos, recortes de revistas e xornais, información que atopedes en internet, etc.

É moi importante que poñades o nome do do vos@ fill@ en todo o material que aporte para facilitar así a súa devolución ao remate do proxecto.

Ideas para facer estes días sen cole.

Xa que o tempo non acompaña para ir á praia e recoller cunchas para o proxecto do MAR,
ímosvos propoñer alternativas:

- Un xogo on line para aprender os tamaños GRANDE- MEDIANO-PEQUENO , tal e como fixemos nos últimos días de cole.
Pincha aqui para xogar.

Imagen relacionada

- Un xogo sobre o mar para ir abrindo boca . . .
Pincha aqui para xogar.


Imagen relacionada

- Unha boa sesión de CONTACONTOS MÁIS OBRADOIRO.
Data: luns 2 de abril.
Lugar: Biblioteca González Garcés (O Burgo)
Hora: 18:30
Contacontos máis obradoiro: o cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa.


A partir de 3 anos.
Recollida de invitacións.

Lembrade que as clases comezan o martes 3 de abril.

Bicos.


miércoles, 28 de marzo de 2018

Vexo, vexo. . .unha froita ! ! !

Xogamos nas asambleas para aprender o nome de moitas froitas e incrementar así o noso vocabulario.

Aqui vos deixamos unha escolma de fotos onde podedes ver o ben que o pasamos.


Ao final da semana, xuntamos todas as imaxes nun libro de froitas para a Biblioteca de aula.

Seguiremos actualizando. . . 

Bicos.

lunes, 26 de marzo de 2018

Chegou a primavera. . . ás clases de 3 anos! ! !

Ainda que ás veces non parece, xa  estamos na PRIMAVERA.

Resultado de imagen de gif animado primavera

Para dar a benvida á nova estación,  puxémonos a traballar nunhas fermosas e coloridas flores e. . . atención todo o mundo porque. . . PINTÁMOLAS CON PINCEL  como artistas consagrados e cotizados! ! !


Aqui vos deixamos un vídeo resumo con fotos da actividade para que vexades o ben que se nos dou o manexo do pincel.


Seguiremos actualizando. . . 

Bicos.


domingo, 25 de marzo de 2018

Cuentistas da semana! ! !

O momento do conto estase convertindo nun momento fantástico para estimular o seu gusto pola lectura, pero tamén para traballar a expresión oral e falar en público. Un público sempre moi atento e agradecido, iso si! ! !


Por iso , ás veces temos axudantes para contar os contos e outras . . . simplemente quedamos sen traballo e convertímonos en espectadoras tamén! ! !

Aqui tendes aos cuentistas da semana que remata.





Seguiremos actualizando. . .

Bicos.



domingo, 18 de marzo de 2018

Cuentistas

Estes días sorprendímonos moi gratamente ao descubrir que temos uns peques moi "cuentistas", encántalles falar en público e "contar" contos ou o que xurda, ás veces axustándose á realidade e outras. . . en versión libre, pero sempre dun xeito que fan que todo sexa interesantísimo e, o máis importante, divertidísimo.

Con todo o noso cariño para @s cuentistas. . .

Por un lado temos @s clásicos aos que lles encanta contar contos e que o público estea caladiño. . .


Tamén temos as que contan contos con moito estilo. . .


Pou outro lado, están os que contan unha visita á Casa das Ciencias e o nacemento dos pitiños da incubadora como se fose un conto de Ciencia Ficción.


E xa para rematar, descubrimos quen conta e fala por teléfono pero. . . ollo, que sospeitamos dunha conferencia a longa distancia! ! ! Que vai pasar cando nos chegue a factura? ? ?


Que teñades unha boa semana ! ! !

Moitos bicos.





Aliméntate ben

Como xa sabedes, o noso cetro participa este curso no PROGRAMA ALIMÉNTATE BEN da Consellería de Educación, dentro da modalidade de FROITAS FRESCAS.
Con este programa preténdese concienciar ao alumnado e ás familias da importancia da adquisición de hábitos de vida saudables. Por este motivo, do 5 ao 19 de marzo repártese no centro á hora da merenda froita fresca.


Pola nosa parte, as titoras de 3 anos, falamos co noso alumnado da importancia de comer froitas e dos beneficios que isto aporta á nosa saúde. Aproveitamos para coñecer e comparar moitos tipos de froita e elexir a nosa favorita para pintala como verdadeiros artistas.


Ademais, Thiago fixo un libro coa profe Laura no que recolle a froita favorita de tod@s! ! !
É un libro estupendo que Thiago  explicou mooooooi ben e dímoslle un aplauso enooooooorme! ! !


Aqui vos deixamos un vídeo con imaxes desta actividade.


Seguiremos actualizando. . .

Bicos.

Xogando coas mates: A ABELLA BUBA

Nestes días xogando na pizarra dixital estivemos asociando número e cantidade e tamén recoñecendo as grafías dos números 1, 2 e 3.

Aqui vos deixamos unha escolma de fotos para que vexades o ben que o pasamos.


Si queredes xogar na casa, podedes atopar o xogo da ABELLA BUBA na columna dereita do blog, onde pon: ENLACES FAVORITOS.

O enlace da ABELLA BUBA é o primeiro que ides atopar e nel tendes distintas propostas de xogos relacionados coa lóxica-matemática.

Agardamos que vos gusten! ! !
Aprender xogando é moi motivador para @s pequen@s! ! !

 Seguiremos actualizando. . . 
Bicos.



sábado, 17 de marzo de 2018

Portadas do segundo trimestre

Nestes días, como o final do segundo trimestre estase achegando, estamos elaborando as portadas para os nosos traballiños que moi pronto levaremos a casa para ensinarvos.

Carla e Antía trouxeron unhas pegatinas preciosas coas que decoramos a portada do PROXECTO DE PITIÑOS.

Mirade que ben están quedando! ! !


Seguiremos actualizando. . . 

Bicos.


Teatro Patapatum

Onte asistimos a unha representación teatral moi especial no edificio de Servizos Múltiples convidados polo Concello de Culleredo.


Era un espectáculo da compañía "O elefante elegante" , no que a través da música e o xesto (pois non falaron en toda a representación) convidaban a unha reflexión acerca do exceso de bens materiais (xoguetes e agasallos)  e acadaron a atención dun público entusiasmado que se portou xenial ! ! !



Durante o espectáculo non estaba permitido sacar fotos, por iso temos só estas pouquiñas que sacamos ao final cando os actores estaban falando cos pequen@s e respostando ás súas preguntas.


Seguiremos actualizando. . .

Bicos.

Aniversario de Miguel ! ! !

Esta semana na clase das XOANIÑAS celebraron o aniversario de Miguel que xa ten 4 anos ! ! !


A súa nai acompañounos na merenda e convidáronos a un rico biscoito.


Parabéns e agardamos que tiveses moitos agasallos! ! !

Moitos bicos.

miércoles, 14 de marzo de 2018

Contacontos coa Dragona Ramona

Agora que o tempo non acompaña para xogar no parque e/ou facer outras actividades ao aire libre, unha boa opción para divertirse pode ser escoitar un bo conto.
Aqui vos deixamos a información sobre a próxima sesión de contacontos coa Dragona Ramona por si alguén se anima. . .

Resultado de imagen de dragona ramona

VENRES 16 DE MARZO
Biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa. 18.30 h:
Contacontos coa Dragona Ramona: A voda dos ratos.
A partir de 3 anos. Entrada libre.

Bicos.



domingo, 11 de marzo de 2018

Circuíto en parella: XOANIÑAS e PIRATAS

Esta semana, unha das actividades das que máis desfrutamos foi a nosa sesión de Psicomotricidade.

Image result for gif animado correr

Pasámolo xenial xogando por parellas  ( XOANIÑAS e PIRATAS ) no circuíto  que prepararon as profes. 

A algúns aínda lles custa un pouquiño agardar a súa quenda e a espera fáiselles eterna. . . je, je, je. . . 
Pero cada vez facémolo mellor! ! !

Aqui vos deixamos unha escolma de imaxes da sesión.


Boa semana.

Bicos.

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER


Moitas veces non resulta doado traballar con alumnado tan pequeno estas conmemoracións, pois o seu nivel de madurez non lles permite entender a súa importancia.

Ás titoras de 3 anos pareceunos que podíamos tentar achegar ao alumnado a figura de Emilia Pardo Bazán falándolles dela na súa infancia e tentando resaltar o seu gusto pola lectura e fomentar neles a curiosidade polas letras.
Eliximos esta figura feminina pola súa especial relevancia como pioneira defendendo os dereitos das mulleres.
E posto que do 5 ao 9 de marzo, conmemorouse ademais a Semana da Prensa, parecíanos importante tamén destacar que foi  a primeira muller corresponsal de prensa no estranxeiro.

Unha muller, sen dúbida, adiantada ao seu tempo! ! !


Seguiremos actualizando. . . 

Bicos.






sábado, 10 de marzo de 2018

Visita á Biblioteca do Fórum na Coruña - 2ª parte.

Xa estamos de volta  unha semana máis con novas aventuras.
Pero antes de ensinarvos o que fixemos esta semana, comezaremos por amosarvos máis fotos da saída á Biblioteca para visitar ao paxariño Ole.

 Aqui tendes as fotos que nos sacou a profe Mirian.
Grazas Mirian, eres unha estupenda fotógrafa! ! !

Primeiro as fotos escoitando os contos, poesías e cancións de Ole.


E agora mirade que ben "lemos" contos ! ! !



Seguiremos actualizando. . .

Bicos.


domingo, 4 de marzo de 2018

Visita á Biblioteca do Fórum na Coruña.

Un día ao chegar ao colexio atopamos unha carta misteriosa moi especial.

Image result for gif animado carta

Estaba na cadeira do encargad@, que deseguido a colleu para ensinala a toda a clase.


Ao ler a postal descubrimos que estaba escrita por un  paxariño que se chamaba OLE. Contábanos como chegou voando á cidade da Coruña e fixo a súa casa na Biblioteca do Fórum no Parque Europa.
Alí fíxose amigo das bibliotecarias e convidábanos a visitalo e coñecer a Biblioteca do Fórum.


Cando chegamos á Biblioteca xa nos estaban agardando, contáronos como organizaban os libros, como había que facer para levar contos para ler pola noite en casa antes de durmir, escoitamos contos e poesías, rímonos moito e cantamos co paxariño Ole, etc.


Antes de rematar a visita puidemos elexir contos libremente e buscar un sitio confortable e tranquilo para ler como maiores.



Foto de grupo para o recordo.
Clicade sobre a imaxe para vela ampliada.


De volta na escola, falamos de todo o que vimos e aprendimos e pintamos ao paxariño OLE.


Recadiños importantes :

1. Lembrade que o xoves 8 de marzo é día non lectivo.

2. Igual que fixemos ao final do 1º trimestre, dentro duns días levaremos para casa as nosas carpetas grandes de gomas cos nosos traballiños deste trimestre. Lembrade que os traballiños son para quedar na casa , pero as carpetas baleiras había que traelas de volta ao colexio. Algúns nen@s non trouxeron de volta a carpeta baleira despois do 1º trimestre e precisámolas canto antes para comezar a preparar os nosos traballos deste trimestre.

3. O venres levaron para casa unha carta do paxariño Ole, si queredes facervos socios/as da Biblioteca do Fórum, tendes que entregar a documentación alí persoalmente.

Que teñades boa semana ! ! !

Bicos.

Pío, pío, pío: continuamos cos pitiños.

Ainda que ultimamente estivemos moi polifacétic@s (Entroido, excursións, mariscador@s, Rosalía, etc), seguimos coas nosas investigacións no noso proxecto de PITIÑOS.

Agudizamos o oído, pois Anxo trouxo un saquiño misterioso no ha había uns ovos moi especiais, e temos que estar en silencio e moi atent@s para atopar os ovos que soan igual.

Image result for pollitos gif animados


Con Sara Fernández falamos de como a mamá galiña abriga aos seus pitiños, os ensina a comer, etc.
Sara trouxo unhas fotos estupendas que colocamos na parede no noso recuncho dos PITIÑOS.

Image result for pollitos gif animados


Adrea sorprendeunos a tod@s con dúas actividades plásticas que fixo para adornar e xogar no recuncho.

pollito-y-polluelo-imagen-animada-0006


Con Thiago comparamos as partes do corpo dos PITIÑOS coas partes do corpo das PERSOAS, e falamos de semellanzas e diferenzas.

pollito-y-polluelo-imagen-animada-0017


Tamén seguimos lendo o material que recibimos da casa na procura de información para seguir aprendendo moito.

Algunhas das cousas que imos aprendendo plasmámolas por escrito, non todas porque non temos tempo suficiente e tamén é preciso que @s pequen@s aprendan a expresarse e contar verbalmente os nosos descubrimentos e aprendizaxes.

Contamos as distintas partes do corpo dos PITIÑOS e plasmamos algunhas das nosas contas en papel.


Aprendimos adiviñas e poesías relacionadas co tema que incluiremos no noso LIBRO DOS PITIÑOS para que poidades desfrutar delas na casa.


Aqui vos deixamos un divertido xogo no que hai que poñer os pitiños a salvo. É para xogar en familia, pois precisarán seguramente un pouco de axuda.

Clicade aqui para xogar.
Image result for flecha gif animados

Atopamos unha presentación en internet que resume moi ben algunha das cousas que fomos aprendendo sobre os PITIÑOS.


E para rematar, un conto relacionado co tema.




Seguiremos actualizando. . . 

Bicos.