domingo, 25 de octubre de 2015

PIRATAS DO SAMAÍN.

Nestes días seguimos recibindo material para o proxecto dos piratas.


Silvia explicounos a diferencia entre unha pirata boa e unha pirata mala e descubrimos que é unha estupenda actriz ! ! ! je , je, je. . . Non vos perdades a súa cara porque é xenial ! ! !


Marina e Manuel Nistal trouxeron cousiñas de piratas para disfrazarnos e fixéronos rir  moito á hora de explicarnos cómo había que poñelas.


Rematamos o mural pirata e colocámolo no rincón.



Pero tamén fixemos outras cousas, por exemplo, Sofía trouxo castañas e noces para ensinarnos a tod@s.


E comezamos a facer adornos para o Samaín que próximamente vos amosaremos rematados.


E agora. . .un vídeo resumo da semana cun pouquiño de todo.

Piratas do Samaín on PhotoPeach
O xoves poden vir disfrazados de temática do Samaín. Tende  en conta que a roupa ten que ser cómoda e facilitarlles a autonomía para ir ao baño.

Que teñades unha terrorífica semana ! ! !

Bicos.

CONTACONTOS DA DRAGONA RAMONA

Déixovos a información dunha sesión de contacontos á que pode ser interesante que os levedes.


Data: O venres 6 de novembro 
Lugar: Biblioteca Xosé Cardeso Liñares de Vilaboa
Hora: 18:30
Contacontos coa Dragona Ramona: Quén pode vencer ao vento?
Nen@s a partir de 3 anos. Entrada libre (sen pais nin nais)

Bicos.

CUMPLEANOS DE BRAIS ! ! !

Brais cumpliu catro anos e tamén nos convidou a un biscoito moi rico para rematar a semana.


Como o biscoito xa estaba cortado e listo para comer, colocamos os pratos para a foto como si fose unha tarta de varios pisos.

Graciñas a Brais e á súa familia pola merendola!!!
Moitos bicos e que teñas moitos agasallos piratiña.

CUMPLEANOS DE MIGUEL ! ! !

Comezamos a semana celebrando o cumple de Miguel.


Convidounos a un rico biscoito que tomamos á hora da merenda.

Graciñas a Miguel e á súa familia por convidarnos! ! !

Moitos bicos e que teñas moitos agasallos piratiña.


sábado, 17 de octubre de 2015

ENTRE PIRATAS E BRUXAS.

Esta semana curtiña pasámola entre piratas e bruxas.

Comezamos a facer unhas bruxas terroríficas para decorar a escola polo Samaín.
Agardamos que teñades moito medo ao velas cando as teñamos rematadas.



A profe Adriana tróuxonos un conto de piratas moi fermoso.




Logo vímos o vídeo e cantamos a canción de Mamá Cabra do Pirata Metepata.



Lemos cousas de piratas e falamos sobre eles.
Aprendimos unha palabra dificilísima: "Catalejo"


E tentamos comprender o seu uso.

Tivemos que pensar para atopar as cousas que podían pertencer a un pirata e colorealas.



E preparamos a portada do libro de piratas que ímos elaborar.



Hoxe deixamos un vídeo para cantar e bailar! ! !



Que teñades unha boa semana e . . . lembrade traer un cartonciño dos do papel hixiénico para as nosas manualidades terroríficas.

Bicos.


domingo, 11 de octubre de 2015

PIRATAS Á ABORDAXE ! ! !

Nestes días estivemos pensando e escribindo os nosos coñecementos previos sobre os piratas, pero tamén pensamos no que nos gustaría aprender sobre eles. A profe Adriana tomou boa nota de todo o que dicíamos e ímolo incorporar ao mural pirata que estamos facendo para o rincón en canto o teñamos rematado.



MURAL PIRATA on PhotoPeach

Pero ademáis recibimos moooooooita axuda para as nosas investigacións.
Así que . . . mirade cantos tesouros temos ! ! !






TESOUROS RECIBIDOS on PhotoPeach

E ata aqui as nosas aventuras desta semana.

Para rematar, quixera facervos unha petición. De cara a comezar a preparar manualidades para decorar o cole polo Samaín, precisamos un tubiño de cartón dos que veñen co papel hixiénico.


Graciñas pola vosa colaboración!!!
Sodes un tesouro ! ! !
Desfrutade da ponte.

Bicos.


domingo, 4 de octubre de 2015

CARACOL COL COL, CARACOL CARACOLEIRO. . .

Esta semana rematamos os nosos caracoliños de Outono, na cuncha puxémoslles polviños máxicos (qué bonita é a inocencia) e con purpurina fixémoslle o fio de prata que vai deixando ao caminar. Neste último punto, teño que dicir que xa se encargaron el@s de aclarame que non era un fío de prata, que o que deixaba eran "babas asquerosas".


Así de bonito quedou o pasillo cas nosas artistadas.


Pero tamén seguimos aprendendo e xogando nos rincóns, compartindo, imaxinando, expresándonos e facéndonos entender.

E. . . para mostra dúas señoritas moi enseñoradas! ! !


Unha das últimas cousas que fixemos esta semana foi preparar as nosas lupas de investigadores.
As lupas acompañaron a cartiña que levamos a casa esta fin de semana para informarvos de que comezamos o PROXECTO DOS PIRATAS e pedirvos colaboración.


E agora tomade asiento, que ahi vos vai o vídeo resumo da nosa semana.


CARACOL CARACOLEIRO. on PhotoPeach
Moitos bicos e que teñades unha boa semana.