Como din na tele, nós tamén voltamos a casa polo Nadal, pois comezamos as vacacións e pasaremos uns días descansando cas nosas familias, cheos de ilusión pola chegada de Papá Noel e os Reis Magos, e tamén desexando ensinar na casa cánto traballamos ao longo deste trimestre.
Como seguramente xa comprobaríades, nos traballos dos vosos fill@s non había nada relacionado co proxecto do mar, pois os pequen@s non entenden de trimestes e sí de intereses.
Así que como o seu interese non decae, e teñen aínda curiosidade e preguntas que temos que tentar respostar, retomaremos as nosas investigacións sobre o mar e Peteiro á volta das vacacións.
Nestes días, deixamos o mar un pouco en calma para adicarnos case por completo a deixarnos invadir pola maxia do Nadal.
Preparamos bolas para a árbore de Nadal de casa ca nosa foto e escribimos a carta para As Súas Maxestades de Oriente.
Traballamos en equipo cos compañeir@s da clase da profe Pilar para montar unha árbore de Nadal.
A profe Elena dounos unha sorpresa de Nadal e trouxo ao cole a Marquitos, a súa mascota.
Coñecímola, acariciámola e gustounos tanto que fixemos uns debuxos preciosos del.
Coñecímola, acariciámola e gustounos tanto que fixemos uns debuxos preciosos del.
Graciñas Elena !!!!
Traballamos moito facendo estrelas para decorar na casa. . .
Amodiño a con calma. . .
Para que quedasen así de fermosas. . .
Elaboramos as nosas portadas para os traballiños con moooooooooita ilusión.
Vimos un conto de Nadal na pizarra máxica, ca axuda da profe Eva e fixemos xogos de comprensión do conto.
Aqui vos deixo o enlace do conto e os xogos de comprensión para os que queiran repetir na casa:
E tamén os enlaces doutros xogos cos que nos divertimos nestes días:
E así foi pasando a semana, ata que chegou o gran día e As Súas Maxestades de Oriente visitaron o noso colexio.
Aqui nos tendes nunha espera cargada de emoción que se nos facía eterna. . .
Ata que por fin chegan e puidemos saudalos ! ! !
Pero estou segura de que estades desexando ver cómo entregamos a carta aos Reis Magos. . .
Bueeeeeeno, pois alá vai. . .
A visita das Súas Maxestades. . . on PhotoPeach
E para o fin de festa, xogamos nos recunchos tranquiliñ@s mentres que a profe preparaba os traballiños e demáis cousas para que levásemos.
E para rematar unha ADIVIÑA DE NADAL:
Unha señora, moi enseñorada,
que remexeu na carpeta,
e as notas quedaron tiradas. . .
Quén foi ???
A solución á volta das vacacións. . . e mira que dixen que non abrisen a carpeta ata chegar a casa. . .
Ejem. . . que non cunda o pánico, porque atopou o sobre cas notas tirado a bruxa Pepita e deixounas na miña mesa. . .
Unha aperta para Andrea que se perdeu a festa cos Reis, pero que ten os seus traballos e o agasallo que lle deixaron As Súas Maxestades agardando por ela na escola.
Graciñas familias pola vosa colaboración ao longo deste trimestre ! ! !
Bó Nadal e que no 2014 se cumpran todos os vosos soños.
Bicos.