sábado, 30 de mayo de 2015

VISITA DUN RETRANQUEIRO.

O martes recibimos ao cole a visita de Celso, un retranqueiro que se adica a recopilar contos e tradicións orais da zona do Deza.
Grazas a él escoitamos unha escolma deses contos e cancións e rímonos moito.



Bicos.

MARUJEANDO CON MARUJA MALLO ! ! !

Nestes días, comezamos a coñecer a Maruja Mallo.

Primeiro a través dunha presentación ca que aprendimos cousas da súa vída e a súa obra, e coñecimos moitos dos seus cadros.


Plasmamos algunhas das cousas aprendidas e achegámonos ao uso dos mapas como medio de representación da realidade.


Tentamos emular á artista galega facendo composicións con figuras xeométricas.



Aqui tendes as nosas creacións xeométricas:

Composicións con figuras xeométricas. on PhotoPeach

Ademáis, fixemos a nosa versión dun dos seus cadros de aspecto máis espacial: Eter 3.
E como si dunha nave espacial se tratase, incorporamos a nosa foto asomando pola fiestra.


Para mostra, parte das nosas obras expostas no corredor de Infantil.


E aqui tendes a nosa producción plástica ao completo. 

Eter 3 on PhotoPeach

E xa para rematar, ainda que non ten que ver co tema, estes días estounos vendo cansos ata para seguir as reglas dos xogos dirixidos que facemos nas sesións de Psicomotricidade, así que estou deixando que desfruten da pista , dos columpios e do patio de Primaria en xeral, así tamén o van coñecendo de cara ao curso que ven.


Boa semana.

Bicos.

sábado, 23 de mayo de 2015

UN PAR DE COUSIÑAS E. . . PENA PORQUE A NOSA AVENTURA REMATA . . .

A semana pasada non publiquei nada porque, xunto con algunhas das miñas compañeiras estivemos nunhas xornadas de formación que organizaban na Fundación Barrié sobre infancia e asombro.
Ali, impresionounos moito a primeira das ponentes, Catherine L'Ecuyer, autora do libro "Educar en el asombro". 
Aqui vos deixo o enlace ao seu blog por si tendes curiosidade:

Agora si, fáltanme un par de cousiñas por contar para actualizar o blog.

Lena  lembrounos os movementos da Terra e a lúa grazas a un curioso xoguete que lle fixo o seu avó con madeira.
Que importantes son os avós e que inxenio máis grande teñen! ! !


Ás veces, abúrrense no patio, non saben a qué xogar e discuten moito.
É importantísimo xogar, pero tamén ensinalos a xogar e a relacionarse.
Temos que xogar con eles e ensinalos a xogar.

Nestes días propóñome poñer de moda algún que outro xogo. . .ejem. . . 
Empecemos pola goma!
Non sei cánto lles durará, pero de momento están entusiasmad@s.


Damos por rematado o proxecto do espazo que nos acompañou durante todo o curso, contra todo pronóstico.O seu interese parece tan grande como o propio Universo pero. . . temos que comezar a desmontar o"chiringuito" , e durante os próximos días, comezarán a levar para casa todo o material aportado para investigar.

Aqui nos tendes preparando as contraportadas do noso dosier que resume algunas das moitas cousas aprendidas.


A partir de agora, o tempo que resta ata o final de curso, que non é moito, pero si suficiente para seguir desfrutando, aprendendo, xogando e medrando; ímos coñecer a unha pintora galega cunha grande personalidade e uns cadros moi " espaciais": MARUJA MALLO.


O tempo pasa rápido cando o que fas é divertido! ! !

Tendes máis abaixo 5 entradas máis que subín hoxe para poñer o blog ao día, así que tomade asiento! ! !

Bicos e boa semana! ! !

GATOCAN VISÍTANOS NO COLE! ! !

As chicas da Asociación Protectora de Animáis Gatocan visitáronos co canciño Pirata.
Con elas aprendimos moitas cousas dos coidados de gatos e cans, e tamén da labor tan importante que desempeñan esta e outras moitas protectoras.


Si alguén se anima. . . o Pirata é un santo! ! !
Non hai máis que ver as fotos para comprobar a súa paciencia infiniiiiiiiiita cos meus bucaneros.

Unha foto para abrandar corazóns. . . porfisssss! ! !


Adoptade ! ! !
E isto tamén vai para o meu pai. . . que sei que mira o blog. . . e  tendes sitio na casa! ! !

E agora a sesión de fotos que resume esta visita tan especial.

VISITA DA PROTECTORA GATOCAN on PhotoPeach

Bicos.

A VIDA É PURO TEATRO ! ! !

A verdade é, que a outra cousa que máis lles gusta no mundo mundial despois das artistadas, penso que debe ser o teatro.
Como lles digo moooooooitas veces: sodes moi teatreros e peliculeros ! ! !

Nas últimas datas presenciamos distintas representacións que aínda non vos amosamos.

Acudimos á Fundación Abanca para ver a obra musical: A nena e o grilo.


Grazas á profe Eva polas fotos, porque eu ese día non puiden asistir.


Tamén acudimos á Laboral para ver outra obra musical a cargo do grupo Bolboreta: De aqui para alá.
Todo o colexio acudiu a esta representación, e unha vez máis os maiores axudaron aos máis pequenos.

Nesta ocasión acudimos acompañad@s dos nen@s de 3º B da profe Emilia, e a min fíxome moitísima ilusión porque moitos del@s foron @s meus primeir@s Piratas da Ría, cando eu cheguei ao cole, e xunt@s comezamos a aventura do blog.

Grazas meus piratiñas grandes por acompañarnos polo camiño! ! !


Así de atent@s estivemos no teatro.


@s nen@s de 4º A que non participaran nas obras anteriores, fixeron unha breve representación teatral para nós na aula.

Unha vez máis encantounos, e xa estamos convencidos de que o alumnado de 4º ten madeira de artistas! ! !


Pero. . . o grande descubrimento foi a nosa Lena ! ! !
Trouxo uns títeres feitos por ela, repartiu os papéis entre os actores e actrices que ela mesma "contratou", e dirixiu e representou a súa propia obra de teatro de marionetas.
Asi tal cual. . . 
Por certo, a min contratoume e doume un pequeno papel. . . 
Grazas pola oportunidade Lena! ! !
De aqui a Hollywood ! ! !


Atención ao casting e reparto de papéis! ! !
E non perdades detalle que comeza a función.


Ah! non me quero esquecer!!! O argumento . . . de rabiosa actualidade. . . polo menos na nosa aula. 
Trataba dun cohete que parte cara ao espazo cargado de animais do máis variopinto.
Estou segura de que vai ser un éxito de taquilla! ! !

Bicos.

CUMPLE DE IZAN! ! !

Este venres día 22 celebramos na aula o cumpleanos de Izan.
A súa nai acompañounos á hora da merenda e convidáronos a unha rica tarta de mazá feita ca axuda da avoa.


Graciñas por acompañarnos!!!

Parabéns e que teñas moitos agasallos! ! !

Moitos bicos.

DÍA DA FAMILIA.

Para agasallar ás nosas familias e xa que algúns de nós estabamos a falar neses días de "soños que dan susto" ou pesadelos, fixemos uns atrapasoños moi primaverais.


Agardamos que a maxia dos atrapasoños funcione e só os soños queden atrapados nel e  os pesadelos marchen fuxindo moi lonxe.


Bicos.

LETRAS GALEGAS 2015: XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE.

Este ano, o 17 de maio, Día da Letras Galegas, estivo adicado á figura de Xosé Filgueira Valverde.


Na aula fixemos distintas actividades para coñecelo mellor.


Celebrámolo no patio xunto con todo o colexio o día 14 de maio.

Primeiro fíxose unha lectura da biografía d autor no que participaron alumnado dos distintos cursos.

O noso representante foi Anxo.


Logo vimos a entrega de premios do concurso de relato e poesía.


Escoitamos como lían distintos textos do autor.


Os nenos e nenas de Educación bailamos e cantantamos unha muiñeira corrida.


Os nen@s de primaria cantan " Ai ven o maio" e a oquestra interpreta "Ao son do Ar".


Rematamos a celebración co himno galego, que algúns decidimos bailar tamén. . . 


Xa vedes que o pasamos en grande, pero si queredes un resumo da celebración en imaxes, tomade asiento.

LETRAS GALEGAS 2015 on PhotoPeach

Bicos.

domingo, 10 de mayo de 2015

NOVIDADES VARIAS E UN RECADIÑO.

Ás veces facemos tantas cousas que é difícil adicar unha entrada diferente a cada cousiña.
Por iso deste vez, imos facer un pequeno "remix" para amosarvos distintas cousas que fixemos recentemente.

Comezamos por unha sesión de contacontos á que acudimos a semana pasada na aula de música.


Esta semana estreamos os estoxos de nen@s maiores e. . . estamos encantad@s ca novidade ! ! !



Repasamos distintos conceptos xogando na pizarra máxica co lobo Matías.


Aqui tendes o enlace para seguir xogando: XOGO "EL LOBO MATÍAS"
Tamén o deixamos na columna da dereita do blogue, onte pon:  Enlaces favoritos.

E agora si o recadiño:


Bicos.

CUMPLE DE ISMAEL! ! !

Xa non queda nada... e imos maiores. pouco a pouco, tod@s cumprimos 6 anos.
Esta semana celebramos o cumple de Isma que nos convidou a merendar un rico biscoito cuberto de chocolate! ! !


Mmmmmmm... non quedou nin unha miga!!!

Parabéns e espero que teñas  moitos agasallos! ! !

Bicos.

PICASSEANDO COLLAGES.

Continuamos traballando un pouquiño máis ao pintor malagueño e aventurámonos a facer uns fermosos "retratos picassianos" empregando a técnica do collage.


A actividade resultou moi divertida e imaxinativa, xa veredes como as súas obras son orixinais e . . . verdadeiras obras de arte ! ! !


Por equipos, tiñan que compartir distintos retratos feitos por Picasso e recortar deles a parte da cara que precisasen sen romper o resto, pois podía ser empregado polo resto dos compañeir@s.
Qué importante é ter en conta aos demáis e a colaboración ! ! !
Tod@s o entenderon moi ben e recortaban con moito coidado: eu quero este pelo, ti toma estes ollos, pídome estas orellas, etc.

@s profes damos exemplo ! ! ! Grazas profe Eva por unirte aos nosos experimentos e axudarnos! ! !

Mirade qué fermosos quedaron os nosos collages e qué exposición montamos no corredor xunto á nosa clase.


Na seguinte montaxe de vídeo podedes ver máis polo miúdo todos os nosos collages.

COLLAGES PICASSIANOS on PhotoPeach
Tamén visitamos a exposición adicada a Picasso na entrada do colexio e,  como si dun verdadeiro museo se tratase, admiramos e comentamos as obras ali expostas sen pasar a banda de seguridade e , por suposto, sen tocar.


Si queredes ver con máis detalle cómo elaboramos os collages e a visita á exposición do colexio non tendes máis que tomar asiento e desfrutar da seguinte montaxe en imaxes.


Picasseando II on PhotoPeach

Aqui vos deixamos unha foto de grupo para o recordo.


E xa para rematar, achégovos información dunha proposta do Museo de Belas Artes con motivo do Día Internacional dos Museos para o vindeiro DOMINGO 17 DE MAIO.



Taller "Picasso en familia"

Unha divertida proposta para toda a familia, para achegarse ao neno Pablo e á Coruña á que chega a finais do século XIX a través do xogo e o diálogo coas obras, abordando o seu gran paisión: o debuxo e a pintura. Actividade dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos, acompañados por un adulto.

Para esta visita requírese anotación previa (máximo dous nenos por chamada) que se abre o luns 11 de maio en:

Teléfono: 881 881 700 (de luns a venres, de 10 a 14 horas)


Bicos e boa semana.