sábado, 28 de septiembre de 2013

UNHA SEMANA DE PREPARATIVOS. . .

Nestes días, preparámonos para a chegada do Outono, que parece que pouco a pouco vaise deixando sentir. Falamos das características propias da estación que nos vai acompañar, dos froitos de tempada, das festas que celebraremos, pintamos un debuxo para ir decorando o corredor, tentamos escribir OUTONO . . . 


Pero podería asegurar,  que o que máis emoción causou foron os preparativos para mergullarse no fondo do mar. Posto que ese é o tema que ímos investigar neste trimestre. 



Como xa somo maiores, axudamos a preparar a carta para informar ás nosas familias e. . . asinámola abaixo xunto á profe. . . Toda unha experiencia ! ! !
E para ir quentando motores. . . qué mellor que comezar a decorar a clase con sereas e peixes e ver vídeos do fondo do mar á hora da merenda ! ! !

Aqui tendes un resumo da nosa axetreada semana. . . 


TRABALLANDO COMO ANANITOS ! ! ! on PhotoPeach

Esta é plantilla do noso debuxo de outono.



E aqui tendes a serea e o peixe, que  atopamos na páxina http://krokotak.com/, unha das nosas favoritas.



Bicos.




NOEL CUMPLE 4 ANOS ! ! !

Esta semana celebramos o cumple do noso amigo Noel.
O homenaxeado, pensou un desexo, soprou a vela co número 4 e. . .  convidounos a todos a chocolatinas ! ! !
E nós cantámoslle o "Cumpleanos Feliz" e firmamos na súa postal de cumple !!!


Que teñas moitos agasallos ! ! !

Aproveito este primeiro cumple do curso, para lembrarvos que dende a escola procuramos fomentar nos nen@s unha alimentación saudable. Por iso, pedímosvos que non mandedes bolsas de chuches para celebrar os cumples, é preferible unhas chocolatinas, un par de caramelos para cada nen@ ou mesmo un biscoito para merendar.

Si alguén quere vir a traer o biscoito á hora da merenda e axudarnos a merendar, que se poña en contacto conmigo primeiro, para poder buscar o día axeitado, posto que ás veces teñen clase con outras persoas e ademáis cando temos visita procuramos rematar o traballo antes, recoller antes, ir ao baño con tempo, etc. para non retrasarnos na saída ao patio.

E por último, lembrar que cando vindes a celebrar o cumple NON  se poden sacar fotos.


Bicos.



viernes, 20 de septiembre de 2013

BENVID@S AO CURSO 2013-2014 ! ! !

Agora que o verán está a piques de rematar e tod@s voltamos ás nosas rutinas diarias, comezamos un novo curso no que xa non somos @s pequen@s da escola !!!
As nosas aventuras piratas continúan. . . pero todo o mundo agarda máis de nós: máis atención, máis sentidiño, máis responsabilidade, máis autonomía. . . polo que precisamos da vosa colaboración na casa para axudarnos a medrar.


Este curso cambiamos de clase e temos dous amigos novos: unha nena que se chama Aymar e un neno que se chama Izan. Benvid@s amig@s!!!

Estamos sentados en 4 equipos de mesa aos que ainda non lles puxemos nome, cando rematamos o traballo ímos á mesa da profe (pero na fila non pode haber máis de 5 nen@s, por iso temos uns números no chan que nos axudan a facer a fila. . .), o baño xa non está na clase, Luz é profe dos pequeniños de 3 anos e o profe Xoán ven a axudarnos, os mártes ímos ao ximnasio con él e co profe Óscar. . .  Ufff. . . un lote de novidades. . . 

Pero hai cousas que non cambian. . . e como unha imaxe vale máis que mil palabras. . . e hoxe estou gamberra. . . 


Ejem. . . por favor, poñédelle unha cinta longa ás chaquetas para que poidan colgalas porque no chan do baño . . . non sempre hai auga. Ás veces non apuntamos ben. . . non sei si me explico. . . 


E agora ímosvos a amosar algunhas das cousas que fixemos nestes primeiros días: un cadro do mar, repasamos algunhas letras e números que xa coñecíamos, xogamos, falamos, escoitamos contos, fixemos unhas etiquetas cos nosos nomes para poñer na nosa caixiña das ceras brandas, xogamos na pizarra dixital co profe Xoán, etc.

ESTREAMOS O CURSO 2013-2014 ! ! ! on PhotoPeach

Que teñades unha boa fin de semana.
Bicos.

sábado, 7 de septiembre de 2013

A CONTA ATRÁS. . . 3, 2, 1. . .

Graciñas a tod@s os que xa vos pasáchedes polo cole a traer o material.
A clase xa está lista e o luns comezarei a colocar todo o material dos peques!!!
O mércores día 11 de setembro ás 9:00 da mañán comezamos as clases e agradeceríavos que cando veñades a acompañar aos vosos fillos/as  ao cole pasedes ata a clase para ter unha breve reunión e dar a benvida ao novo curso. Non vos imos roubar moito tempo. . . porque nós tamén temos que poñernos ao día. . .

Bicos.