jueves, 21 de junio de 2012

DESPEDIDA. . .

Hoxe comeza o verán e mañá remata o curso, así que toca despedirse.
As despedidas non me gustan, por iso non quero deixala para o derradeiro día.
Como vos dixen na reunión do outro día, ao principio custoume o cambio: cole novo, compañeir@s nov@s, nen@s nov@s e ademáis un grupo movido que non deixa que te aburras. . . pero como xa vos dixen tamén, a día de hoxe estou encantada con eles e dame pena que marchen para 1º. . .
Tendes uns fill@s estupendos porque vos tamén o sodes.
 Graciñas pola vosa confianza e colaboración ó longo deste curso ! ! !
Aqui vos deixo unha pincelada das nosas derradeiras aventuras, unha poesía de despedida e un vídeo especial para os meus piratas. . .



Despedida pirata. . 
.
 Educar es lo mismo que poner motor a una barca… 
hay que medir, pesar, equilibrar… 
… y poner todo en marcha. 
Para eso, uno tiene que llevar en el alma un poco de marino…
 un poco de pirata…
un poco de poeta… 
y un kilo y medio de paciencia concentrada.
 Pero es consolador soñar mientras uno trabaja, 
que ese barco, 
ese niño irá muy lejos por el agua. 
Soñar que ese navío llevará nuestra carga de palabras hacia puertos distantes,
 hacia islas lejanas.
 Soñar que cuando un día esté durmiendo nuestra propia barca,
 en barcos nuevos seguirá nuestra bandera enarbolada.

 (Gabriel Celaya)

PARA OS MEUS PIRATAS. . . on PhotoPeach

Moitos bicos.

BIbi.

sábado, 16 de junio de 2012

A DINO-MANÍA TOCA O SEU FIN. . .

A DINO-MANÍA TOCA O SEU FIN. . . on PhotoPeach

O curso está tocando o seu fin e a nosa dino-manía tamén, aprendimos un lote de cousas, fixémonos máis autónom@s, aprendimos a buscar información e fixemos un libriño con algunhas das cousas que aprendimos.
Temos que agradecervos ás familias a vosa confianza nas nosas aventuras e a vosa colaboración nas nosas nosas investigacións ao longo deste curso. Graciñas por todo ! ! !

Ao longo desta semana iremos levando para casa todo o material que trouxemos para investigar os dinosauros, foi tanto que foi imposible ler todo . . .


Lembrade que este luns día 18 de xuño ás 18:30 temos reunión.
Non faltedes !

Un bico enorme e ata o luns !


viernes, 15 de junio de 2012

FELICIDADES MARCOS REGUEIRO ! ! !

Hoxe Marcos Regueiro cumpriu 6 anos e celebrouno convidándonos a unha tarta riquísima e ademáis moi chula . . . Tiña futbolistas e ata unha portería . . . E tamén tomamos zumo. Estaba todo boísimo ! ! ! Graciñas a Marcos e aos seus pais que nos acompañaron á hora da merenda .





Un bico enorme.

sábado, 9 de junio de 2012

CONTOS, CONCERTOS E OUTRAS AVENTURAS . . .

Nestes días que nos quedan xunt@s antes das vacacións, estamos aproveitando para facer un lote de cousas divertidas e tamén para aprender.
Houbo moitos compañeiros que trouxeron debuxos de dinos para tod@s, Martín, Marcos Rial, Daniel Pereyra e Aday. Aday trouxo ademáis información dunha exposición sobre dinosauros que hai en Pontevedra ata o 23 de setembro e que ao mellor apetécevos visitar no verán. Xa vos puxera o enlace da páxina noutra ocasión, pero vouna repetir para os despistad@s . . .


Tamén temos que contarvos que nestes días tivemos unha sesión de contacontos moi divertida, estivemos vendo documentais da BBC e lendo cousiñas de dinosauros, preparamos ca profe Luz os instrumentos que levamos ao concerto do Conservatorio, onde coñecemos a Pololo, cantamos e pasámolo xenial; e visitamos as clases de 1º de Primaria por fin . . .  cheos de emoción,  onde os nosos ollos non daban visto todo o que tiñan polas paredes para recopilar información do que nos agarda para o ano. Ademáis, aproveitamos para preguntar aos compañeiros de 1º as nosas dúbidas e respostáronos xenial ! ! ! Graciñas aos compis e ás profes de 1º ! ! !


CONTOS, CONCERTOS E OUTRAS AVENTURAS... on PhotoPeach

sábado, 2 de junio de 2012

OS VERMES DE SEDA.

OS VERMES DE SEDA. on PhotoPeach

Nestes días, aínda que seguimos á voltas cos dinosauros, ímos descubrindo outras cousas que chaman a nosa atención. Agora a nosa curiosidade esperta para tentar comprender cómo os vermes de seda se convirten en bolboretas e cómo fan o fío de seda. 
Coma sempre, buscamos información , lemos, debatimos e plasmamos os nosos coñecementos nun folio.
Pero esta vez temos que agradecer á profe Iria o fío de seda que trouxo á nosa clase para que puidésemos ver cómo se desfai a crisálida. Alucinante ! ! !  A pena foi que non lle sacamos fotos. . .

Para os que queirades repasar o que aprendimos, aqui vos deixo outro conto sobre os vermes de seda.
Espero que vos guste ! ! !


Bicos.

SOMOS DE PRIMEIRA ! ! !

Porque non todo nesta vida van ser letras, números e dinosauros . . . este luns celebramos que o Depor sube á primeira división pintando así as nosas caras. Mirade qué guap@s estamos ! ! !


SOMOS DE PRIMEIRA ! ! ! on PhotoPeach