martes, 28 de febrero de 2017

Entroido 2017: Civilizacións

Durante a semana quentamos motores para o Entroido cos mandadiños do Meco, así cada día da semana viñemos "adornados" á escola dun xeito diferente e moi orixinal.

Comezamos a semana con moito sono, en pixama e co noso peluche de durmir, pero guapíiiiiiiisim@s! ! !


Ao longo da semana fomos adornado cara , pes, cabeza . . . 
Aqui vos deixamos unha pequena mostra.


Este día había nen@s que non viñeran coa cara pintada , pero ao chegar á escola cambiaron de idea e decidiron pintarse, así que. . . montamos o taller de maquillaxe na clase! ! !

Preparamos os complementos que tiñamos pensado levar o día do desfile: os paus de choiva e as cintas indias coas plumas.


Por fin chegou o venres de Entroido e xuntámos para degustar un rica merendola con produtos típicos de Entroido aportados polas familias.
Grazas pola vosa colaboración! ! !



Logo de xogar un rato nos recunchos, pintámonos e preparámonos para desfilar e bailar a danza da choiva ao redor do noso tótem xigante.




Desfilamos cos nosos paus de choiva  e vimos as actuacións dos outros cursos.


Despois chegou o momento da nosa danza da choiva ao redor do noso tótem cos nosos paus de choiva.



E xa para rematar. . . só nos queda dicir que. . . 


Grazas á nai de Xurxo e Antón por facerse cargo da miña cámara durante o desfile e o baile e sacar fotos das dúas clases.

Bicos choqueiros.

Clasificando animais: ovíparos e vivíparos.

Aqui nos tendes despois de investigar ás galiñas e aprender que son ovíparas, clasificando máis animais atendendo ao mesmo criterio.

A tarefa non é fácil, pero. . . a profe Luz axúdanos moito.



Seguiremos publicando e actualizándonos.

Bicos.


180 aniversario de Rosalía

Nos días previos escribimos versos de Rosalía para decorar os chanzos das escaleiras do colexio.




O día 23 de febreiro despois do recreo, saímos a cantar tod@s xunt@s a Alborada no patio e escoitamos recitar aos nen@s maiores os seus poemas.



Bicos.



lunes, 27 de febrero de 2017

Co co co. . .cousas de galiñas.

Estivemos aprendendo cousas das galiñas.


Despois de investigar moito  plasmamos parte do aprendido por escrito.


Resultado de imagen de gif animado gallina


Tamén temos un novo xogo na aula: "As galiñas poñedoras"


Seguiremos publicando.

Bicos.


Plantamos castiñeiros no paseo do Burgo

Dentro do Proxecto Voz Natura no que participa o noso colexio, o xoves 16 de febreiro plantamos un castiñeiro por aula no Paseo do Burgo.

Aqui nos tendes posando co noso, nun día estupendo no que sobraban os abrigos e parecía que xa chegara a primavera.


E a continuación un resumo en imaxes desta actividade.

Visita de Adriana! ! !

A profe Adriana, que segue estudando moito, estivo no cole uns días facendo as súas prácticas de Psicopedagoxía no Departamento de Orientación con Carmen.
Ainda que esta vez non puidemos tela con nós na clase, baixou a visitarnos e tróuxonos caramelos.
Mmmmm...que ricos estaban Adri! ! !
Resultado de imagen de gif animado caramelo
As túas visitas son sempre moi doces ! ! !


Segue estudando moito e ven a visitarnos! ! !

Moitos bicos.

Aprender xogando

Sei que é tentador pensar que cando están xogando @s cativ@s non aprenden, sen embargo. . .


E como unha imaxe vale máis que mil palabras, aqui vos deixo varias imaxes de situacións de xogo  nas que se poden observar tamén situacións de aprendizaxe.


Traballando as cores e a puntería no patio.


Traballando a lectoescritura no rincón das letras.


Rincón do xogo simbólico: despois de clasificar animais atendendo á súa alimentación coa profe Luz, Manu decidiu que o dragón era carnívoro e daquela tiña que cazar para comer.


Plasmando as nosas aprendizaxes no rincón de Arte.


Facendo puzzles e memories onde poñemos en práctica as cousas aprendidas sobre os animais.

Na asamblea organizamos xogos cos que traballamos a lectoescritura. Por exemplo, xogamos a "Detectives das letras" coas cartas de palabras e imaxes, que se reparten de xeito desordeado e entre tod@s temos que emparellar correctamente.


Aqui nos tendes lendo e atopando a nosa parella.



Outro dos xogos cos que desfrutamos e aprendemos é coas nosas rectas numéricas: traballamos a atención, asociamos número con cantidade, contamos en sentido ascendente (do 0 ao 10) e descendente (do 10 ao 0), atopamos o número anterior e posterior, saltamos cara adiante (sumamos) e cara atrás (restamos), etc.

Decidimos plastificalas para que non se estropeen e así no verán levarémolas para casa.
Aqui nos tendes en acción con elas.


Seguiremos publicando. . .

Bicos.




sábado, 25 de febrero de 2017

Aniversario de Asier! ! !

Fai uns días celebramos o cumpreanos do noso amigo Asier.
Soprou a vela co número 6 e convidounos a unha rica merendola!!!


Parabéns e agardamos que tiveses moitos agasallos! ! !

Moitos bicos.


martes, 14 de febrero de 2017

Teatro en Afundación: Osiño

A semana pasada visitamos a sede de Afundación para ver unha obra de teatro titulada Osiño.

Era unha obra de teatro de marionetas na que aparecían distintos animales e observábamos o paso do tempo e os cambios que se producían na paisaxe co cambio de estacións.

Ao chegar á clase fixemos uns fermosos debuxos da obra de teatro-

Aqui vos deixamos un resumo en imaxes da actividade.


domingo, 12 de febrero de 2017

Felipe tiene gripe

Este é outro dos contos que pedimos en nadal aos Reis Magos e Papá Noel.
Partindo deste conto traballamos a saúde, a prevención , os coidados cando estamos maliños e os profesionais implicados na nosa saúde: doctor@s, enfermeir@s, farmacéutic@s.


Felipe é un elefante que, como moit@s de nós nestes últimos días, está enfermo.
Pero él non obedece á súa avoa e non quere tomar o xarabe que lle dou o seu doctor, poir iso non mellora.
Falamos do comportamento de Felipe e da nosa responsabilidade para curarnos e mesmo para previr estar enfermos.
É unha historia moi divertida e estupenda para traballar a Educación para a saúde.

Pero logo, tamén serviunos para facer actividades plásticas e. . . fixemos a nosa versión do elefante Felipe, partindo dun globo pegado nunha cartolina que de primeiras desconcertounos moito. 



Ocurríaselles que ese globo podían ser moitas cousas pero non un elefante! ! !
Ao final a imaxinación gañou e. . . deixáronse levar! ! !


Aqui tendes o noso resumo en imaxes desta actividade.


Clasificamos animais coa profe Luz.

Ao estar inmersos no proxecto da granxa, falando de animais que viven nela, unha cousa levou a outra e. . . acabamos falando de distintos tipos de animais.
Á profe Luz, que nos axuda moito, ocurríuselle que podíamos clasificar os animais que coñecemos e asi aprender máis cousas deles, non só dos que viven na granxa.
Por iso, antes de irnos de vacacións de Nadal pedímosvos fotos de animais e agora andamos a voltas coas nosas labores de clasificación.

Primeiro clasificámolos atendendo a si eran salvaxes ou domésticos.


Logo, clasificámolos tendo en conta a súa alimentación, así aprendimos que podían ser : carnívoros, hervíboros ou omnívoros.


Xa vos ensinaremos como seguimos as nosas clasificacións, porque aínda non rematamos.
Con esta actividade non só estamos aprendendo cousas de animais , e polo tanto de Coñecemento do Medio, tamén estamos clasificando que é unha operación lóxica-matemática moi importante,  aprendendo a agardar a nosa quenda, etc.

Pero agora un resumo en imaxes desta actividade.



Grazas Luz pola túa axuda aos piratiñas e a min! ! !

Bicos.

domingo, 5 de febrero de 2017

Psicomotricidade: bailamos e traballamos por parellas

Tentando facer cousas do gusto de tod@s e ao mesmo tempo traballar a súa motricidade grosa, decidímonos polo baile e descubrimos novos talentos ao tempo que facíamos unha pequena coreografía.

Se algún día non podo dar a clase de baile, xa teño coreógrafa para o meu posto. . . je je je. . .
Xa sabedes. . . a fama custa e. . . Nikol fainos sudar. . . 


Para aprender a ter en conta aos demais traballamos por parellas no ximnasio.
Eleximos libremente a parella coa que queremos traballar.
Temos que desplazarnos de distintas formas pero sempre moi pendentes da nosa parella para sincronizarnos, acompañarnos, levar o ritmo e non lastimarnos.


Estirámonos e relaxámonos.


Aqui vos dexamos un resumo en imaxes destas dúas sesións.


Bicos.

PAZ: Cada persoa é única e fermosa, pero tod@s xunt@s somos unha obra de arte

Este foi o lema elexido este ano para conmemorar o día da Paz na escola.
Tiñamos que decorar mans de distintas cores e escribir nelas unha mensaxe de paz, no noso caso escribimos unha palabra.
Logo xuntamos todas as mans para formar unha árbore da paz.


Estas foron algunhas das palabras que escribimos nas nosas mans.


Antes de montar as nosas mans na árbore vimos na asamblea o conto "Wangari y los árboles de la paz".


Aqui vos deixamos o enlace do conto a petición dos piratiñas.



Pouquiño a pouco a ärbore de Educación Infantil ía tomando forma e vimos que con moito esforzo, xuntos somos unha obra de arte.


Fixemos un puzzle dunha pombiña que plastificamos para xogar na casa.


E saímos ao patio para cantar tod@s a unha a canción "Apertas que voan" de Paco Nogueiras.


Bicos.