miércoles, 27 de marzo de 2013

IRMÁNS E LECTORES XENEROSOS DA SEMANA !!!

A semana pasada houbo unha pequena revolución na nosa clase. Tocáballes baixar a ler a Fernando ( o irmán de Isma ), Joel (o irmán de Hugo ) e Luna ( a irmá de Lucas). . . Comprenderedes que isto xerou máxima expectación. . . e gañas de saber ler como os nosos irmáns maiores. . . 

Uns dos motivos polos que facemos esta actividade, é polas ventaxas que teñen os contos no desenvolvemento dos máis pequen@s:

1. Fomentan o gusto pola lectura e  polos libros.
2. Aumentan o seu vocabulario, axudándoos a aprender palabras novas.
3. Axúdaos a saber escoitar e atender.
4. Estimulan a súa memoria e as súas gañas de expresarse.
5. Desenvolven a súa intelixencia.
6. Axúdaos a ser máis reflexivos, atopando formas axeitadas de comportarse.
7. Axúdaos a combater os seus propios temores ao identificarse cos protagonistas.
. . .

Por estas, e outras moitas ventaxas, anímovos a ser lectores xenerosos e a contarlles contos aos vosos pequen@s !!!

Aqui vos deixamos as fotos de Fernando e Joel, que nos leron o conto "A casa da mosca chosca".


Fixérono tan ben que recibiron unha ovación dos seus pequerechos. . . e aqui os tendes aos catro xuntos. . .



Ao día seguinte, chegaron Luna e Pedro e leron para nós o conto "10 patiños de goma".


Outra vez fixérono moi ben e Lucas,  ao remate do conto, sacouse unha foto ca súa irmá e o seu amigo Pedro. Pero. . . a aperta. . . xa vedes quén a levou. . . 


Graciñas por ser para nós un libro aberto !!!

Moitos bicos e desfrutade dos días festivos.
Eu pecho o "chiringuito" ata a volta das vacacións. . . 

PORTADAS DO 2º TRIMESTRE.

Parece mentira cómo paou o tempo xa. . . alá vai o segundo trimestre, e parece que nos acabamos de coñecer. . . pero xa levamos 6 meses xunt@s compartindo aventuras. . .
Asi foi cómo elaboramos as portadas do 2º trimestre, unha idea moi sinxela pero moi vistosa da profe Pilar.
Fixemos 2 boliñas con lápiz en cartolina escura, e indicámoslles que as coloreasen de branco con témpera para facer a cara e a barriga do boneco de neve. Tamén pintaron a neve do chan e co dedo índice fixeron as folerpas de neve.  Os ollos, o nariz e a boca pintáronos con rotus. E os gorros e as bufandas están feitos cuns retais moi chulos que tiña a profe Pilar.

Aqui nos tendes en faena. . .

bicos.



lunes, 25 de marzo de 2013

O NOSO CORPO SERRANO ! ! !

Xa sabedes que andamos metidos en novas investigacións. . .
Pero aínda non vos ensinamos nada.
Desta volta, o centro da nosa atención é o noso corpo.

Moitas cousas chaman a nosa atención e  por iso, coma sempre, trouxemos un lote de cousas para investigar, xogar, falar, etc.
Aqui tendes unha mostra do moito que colaboramos, e dalgunhas cousas que trouxemos á escola.


O NOSO CORPO SERRANO !!! on PhotoPeach

E con todas estas cousas comezamos a investigar, a ler e a falar. comezamos falando do que pasaba cando estabamos na barriga de mamá, (dímoslle moitas voltiñas ao tema, pois chamaba moito a nosa atención. . .) falamos dos ósos, dos músculos, para qué serven, qué temos debaixo da pel, xogamos ás adiviñas con Paula, xogamos na pizarra máxica, cantamos, etc.

Comezamos a elaborar un libro con algunhas cousiñas das que ímos aprendendo.
O primeiriño de todo foi debuxarnos, ver cómo representamos o esquema corporal e qué imaxe temos do noso corpo. Aqui nos tendes máns á obra.


Despóis distinguimos si somos nenos ou nenas e cada quén pintou a imaxe correspondente. Tamén observamos con atención o noso pelo e os nosos ollos e vimos que somos diferentes, por iso cada quén pintouno como correspondía ca realidade.


Falamos das nosas máns, de todas as cousas que podemos facer con elas e do importantes que son para nós, contamos os dedos, tentamos aprender os seus nomes e. . . o máis divertido. . . embadurnamos a mán en pintura para estampala dentro dun marco.


Pero ademáis, uns somos máis alt@s e otr@s máis baix@s, por iso había que medirse. . . Está claro que todos somos diferentes, pero iso é o divertido !!! Pensamos no que necesitábamos, e chegamos a conclusión de había que ter que un metro como o que empregan os médicos cando nos miden.
Agora temos un metro colocado xunto á nosa porta, pero non entendemos ben todos os números que ten, asi que. . . pedimos axuda aos nosos irmáns maiores de 2º e aos seus amig@s.


Está xenial, ter irmáns e amig@s maiores. Baixan encantados a medirnos e anótano nas nosas fichas. Cántos números e qué difíciles ! ! !


Nós tamén estamos encantad@s. . . deixámonos medir, atendemos cando os vemos escribir os números e pagámoslles con bicos. . . je je je. . . 


Graciñas aos nenos e nenas de 2º B e á profe Victoria ! ! ! 

Aqui vos deixamos a plantilla dalgúns traballiños que fixemos:

   

  bicos.


domingo, 24 de marzo de 2013

TEATRO-MUSICAL PARA CONMEMORAR O DÍA DA ÁRBORE.

O día 21 de marzo conmemorábase o Día Mundial da Árbore. Por iso, o mércores día 20 asistimos ao Conservatorio de Culleredo para presenciar unha obra de Teatro-Musical, representada pola Escola de Música Adagio Cantábile, onde os nen@s foron participantes activ@s para axudar a salvar a Lito, unha pequena árbore, a través de dramatizacións acompañadas de actividades musicais.
Pasámolo xenial e portámonos moi ben. . .
Mirade, mirade. . .

TEATRO-MUSICAL DÍA DA ÁRBORE on PhotoPeach

Desfrutade das vacacións e. . . moi atent@s porque nos próximos días poñeremos máis fotos e contaremos máis cousiñas que fixemos. . .

bicos.


sábado, 23 de marzo de 2013

UN SUSTO PARA COMEZAR BEN AS VACACIÓNS ! ! !

Por fin respiro tranquila. . . 
Non sei por qué extraño motivo tecnolóxico e rabudo, que descoñezo, a miña cámara toleou e a tarxeta xa non digamos. . . e non podía descargar as fotos de TOOOOODA esta semana,  porque nin aparecían, nin existían. . . e eu que son máis ben branquiña, comecei a palidecer máis por momentos, só de pensar en que perdiamos as fotos do traballo de toooooda esta semana. . . Ca cantidade de cousas interesantíiiisimas que tiñamos para ensinarvos.
 Por sorte, podo contar con quén sabe máis que eu, e conseguiron rescatarnos as fotos todiñas.
Agora só teño que ordenalas e montalas, e nos próximos días veredes cómo os compañeir@s de 2º non só veñen a contarnos contos, senón que tamén veñen a medirnos, para ver cómo son os nosos corpos; veredes o teatro-musical ao que fomos o mércores, cómo fixemos as portadas dos traballos e. . . moitas cousas máis,que iremos desvelando pouco a pouco. . .

Biquiños e Felices Vacacións.




sábado, 16 de marzo de 2013

AS NOSAS LECTORAS XENEROSAS DA SEMANA. . .

Onte recibimos a visita de dúas chicas da clase de 2º B que nos leron o conto "Zaza tiene un hermanito". Esta vez tocoulles a Litzy e Laura Vigo.


Atendimos moito, pois estivemos toda a mañán  desexando que chegase a hora do conto e preguntándolle á profe cándo baixaban e cánto faltaba. . . 

Graciñas por ser para nós un libro aberto. . .

bicos.



viernes, 15 de marzo de 2013

ABRIMOS OS OLLOS AO ARTE. . .

O tempo vai pasando, estes piratiñas van madurando e gustaríame acercal@s ao Arte, pouquiño a pouco.
Para comezar por algo sinxelo, que poidan experimentar e conectar en certa maneira, co proxecto do corpo, estamos coñecendo ao pintor Jackson Pollock.
El@s chámanlle "polo" como os que comemos no verán. . . je je je. . .
O primeiro que fixen foi poñerlles un vídeo no que aparecía pintando, non lles dixen nada, só que tiñan que estar moi atent@s  para ver si adiviñaban cal era a súa profesión. Non houbo dúbidas, berraron ao unísono: PINTOOOOOOR.
- Pero qué pinta ¿paredes? casas?
- NOOOOO, CUADROS !!!
Aqui nos tendes vendo o vídeo.


Chamoulles moito a atención, porque o lienzo estaba no chán e Pollock estaba descalzo pintando sobre o lienzo, deixaba gotear a pintura e. . . témoslle ganas ao de descalzarnos, eu tamén para qué negalo, asi que calquera día chegan a casa cos pés manchados de pintura. . . 
Pero ademáis, Pollock saía fumando, e aproveitamos que estamos investigando o corpo para dicir o malisisisisismo que é fumar e. . . algún paxariño cantou que os seus papás fuman, e que estropean o corpo. . . 
Había que experimentar e. . . como a pizarra máxica gusta moito, comezamos pintando como Pollock empregando a pizarra, de momento sen mancharnos, no seguinte enlace:
Aqui nos tendes desfrutando !!! Ata lle puxemos título ao noso 1º cadro !!!

Pintando como Pollock na pizarra máxica!!! on PhotoPeach

 Falamos da data na que nacimos, e da data na que naceu o pintor. Uníndoo co tema do corpo, investigamos e vimos que botamos 9 meses na barriga de mami antes de nacer, que comemos a través do cordón umbilical, que o primeiro que quere saír é a cabeza, que nos cortan o cordón umbilical ao nacer, que o día que nacemos é cando celebramos o noso cumple, e un longo etc. 
O tema  dou moito de sí. . .ata que chegamos a que Pollock naceu en Xaneiro e buscamos qué nen@s da clase naceron neste mes: Jennifer, Milagros e Daniel. Falamos de que en Xaneiro estamos en Inverno e fai frío, pero que falta pouquiño para a primavera. (que veña xaaaaaaa. . . )


Despóis veu a pregunta do millón: Ónde naceu?
E daquela tivemos que buscar EEUU no mapa mundi e poñer o mapa ben grande na pizarra máxica para velo tod@s. Agora todo o que buscamos témolo que ver en grande !!!
Había algo tamén  moi grande entre onde estamos nós e onde naceu él. Ao final chegamos á conclusión de que era un mar moi grande ou un océano !!! Toma castaña!!! Día inspirado ! ! !
Pero que non podíamos chegar andando, só en barco, en avión ou, ca opción de Anxo e Isma que están empeñados en ir en submarino. Pero non vos preocupedes, que xa lles dixen que se nos vai do presuposto. . . 

Próximamente outro capítulo das aventuras d@s pequen@s artistas. . .

Aqui vos deixo as actividades en papel que fixemos, para dar fé do que traballamos e lembralo máis adiante:


E tamén a actividade que mandamos para casa esta fin de semana, porque seguimos a voltas co tema do nacemento:



bicos.

 .

sábado, 9 de marzo de 2013

LECTURA XENEROSA ! ! !

Moit@s pensarán  na lectura como unha actividade solitaria, pero tamén pode ser unha lectura chea de xenerosidade, unha lectura en voz alta na que os oíntes son tamén lectores a través duns mediadores que lles ofrecen a súa voz, a súa capacidade lectora e as súas mellores intencións para ler entoando ben, sen trabucarse e lembrándose de ensinar as ilustracións antes de cambiar de páxina, para non escoitar as queixas do seu público entregado pero esixente. . .
Tivemos a sorte de atopar uns lectores xeneros@s na clase de 2º B da profe Victoria, na que moit@s nen@s da nosa clase teñen irmáns. Un par de días á semana virán a visitarnos despóis do recreo cargados de nervios e emoción a partes iguais, para transportarnos ao mundo da fantasía no máis absoluto do silencios pola nosa parte. . . 

O xoves, Santi e Paula leron para nós o conto "O pirata pata de lata".


E o venres, Nicolás e Aroa viñeron para lernos o conto " A Cebra Camila".


Graciñas pola vosa xenerosidade e por ser para nós un libro aberto. . . 

" Un libro aberto é un cerebro que fala;
pechado, un amigo que agarda;
esquecido, un alma que perdoa;
destruído, un corazón que chora. "
Proverbio hindú.

bicos.





CONCERTO DIDÁCTICO.

Este venres, todo o alumnado de Educación Infantil do noso colexio, xunto co das escolas unitarias de Culleredo, desfrutamos dun concerto didáctico estupendo no ximnasio da nosa escola.
O grupo de corda "Arco Iris" deleitounos, ensinounos, fíxonos desfrutar da música, rir, participar, etc. En definitiva, conseguiu que grandes e pequenos vivísemos a música tanto que ao final do concerto rematamos pedíndolles outra e facéndolles a ola. . .

CONCERTO DE CORDA CO GRUPO ARCO IRIS on PhotoPeach

bicos.


viernes, 8 de marzo de 2013

FACEMOS O INVERNO MÁIS LEVADEIRO. . .

Estamos desexando que chegue a Primavera, non podemos negalo, pero para facer este inverno máis levadeiro, máis divertido e que se nos faga máis curto, atent@s ao que estivemos facendo. . .
Estivemos traballando un dos contos que vos pedimos polo Nadal para que trouxeran os Reis.
Tratábase do conto de "Gatiño e a neve". Falamos do Inverno, do frío, das características doutras estacións do ano, dos protagonistas, doutros animais que coñecíamos, etc.



Fixemos un pequeno libriño que recopilaba as cousas das que falamos partindo do conto e tamén uns gatiños preciosiiiiiiisimos cun patrón que atopamos na páxina http://krokotak.com/.


Pero iso non foi todo, as manualidades nos gustan moito e tamén ás nosas profes. Así que a profe Pilar e a nosa profe fixeron un patrón dun pingüín chulo, chulo. . . pero chulo. . . a máis non poder. . .

Este si que é "made in feito na casa", pero non sei que faría sen "a miña Pilar". É xenial ter a alguén que é capaz de debuxar o que imaxinas. . . ás veces a miña cabeza non para (non son fácil de acougar. . . ) pero eu non teño a mán de Pilar para o debuxo. . . así que biquiños compañeira ! ! ! É un pracer estar porta con porta ! ! !

Aqui deixamos as actividades do conto:
Este é o patrón de krokotak.com:

E para rematar, os nosos pingüíns:

E. . . por certo. . .

bicos.