Nestes días estivemos ultimando a preparación dos nosos traballiños para levar a casa.
Rematamos pouco a pouco as nosas ivestigacións sobre bichos falando das formaigas e das abellas, vendo vídeos sobre os seu traballo e cortos da serie "Minúsculo" , que pouco teñen que ver coa realidade dos bichos pero que nos fan rir moito.
Aqui vos deixamos algunhas fotiños das nosas derradeiras investigacións.
E estes son algúns dos nosos vídeos favoritos de "Minúsculo".
- A catapulta.
- Unha historia de amor.
- A avispa e a lúa.
- As carreiras.
Agardamos que pasedes un bo momento en familia cos nosos vídeos favoritos.
Quixera aproveitar para darvos algúns recadiños de cara ao final de curso:
- O venres levaron para casa os traballiños do "Proyecto para jugar a pensar con la mariquita Juanita", adicádelles un tempo a miralos cos pequenos/as e valorade moito o seu esforzo e non me refiro só ao que se ve nas fichas, porque detrás delas hai moito traballo de madurez, observación, saber escoitar e razoamento.
Lembrade que os traballiños de Juanita son para gardar na casa pero as carpetas teñen que traelas de volta á escola para poder gardar os traballos que ímos levar nos próximos días para casa.
- Non vos esquezades que mañán luns día 20 temos a reunión de final de curso na aula ás 17:30 á que é importante que asistades.
- Lembrade que o martes, sempre e cando o tempo o permita, desfrutaremos dunha xornada de xogos ao aire libre no parque da Laboral e para que se desenvolva o mellor posible é moi importante que sigades os consellos que se vos mandaron ao TokApp. (que veñan con roupa e calzado cómodo, protección solar posta xa da casa e unha merenda sinxela que lles resulte doada de comer no campo)
Bicos e boa semana.