As palabras de Malala Yousafzai, Premio Nóbel da Paz no ano 2014, dan título a esta entrada.
Durante estes útimos días, coa proximidade da celebración do Día da Paz, estivemos coñecendo a historia de Malala dun xeito sinxelo que puidesen entender.
Penso que lles sorprendeu e admirou a partes iguais a vida nada doada desta moza que naceu en Pakistán onde queda un longo camiño para acadar vivir en Paz.
Preparamos entre tod@s un mural grande de Malala co que adornamos o hall de Infantil.
E tamén un pequeno traballiño individual coa mesma imaxe do mural ( que se pode atopar na páxina actiludis . com) e unha pequena biografía de Malala que nós engadimos na parte traseira.
Mirade con que mimo preparamos os traballiños individuais que levamos para casa o venres.
Así de guap@s posamos co noso mural grande de Malala no hall de Infantil.
Ademais, como proxecto de todo o colexio fixemos uns papaventos pola Paz que soltamos a voar no patio o venres día 29 de xaneiro con motivo da conmemoración do Día da Paz.
Todos os papaventos tiñan mensaxes de Paz e o noso, como non podía ser doutro xeito, tiña a mensaxe de Malala.
Para esta data tan especial recibimos a visita especial da profe Adriana ! ! !
Grazas Adri por lembrarte de nós! ! !
Fíxonos moita ilusión verte e que nos dixeses que estabamos moi maiores xa ! ! !
O encargado , elexido por sorteo, de levar o noso papaventos foi Xurxo. Portouse como un homiño moi formal e estivo todo o tempo pendente de coidalo moito. Que preocupación más grande ! ! ! je je je. . .
Os compañeir@s de 1º , 3º e 6º de Primaria cantaron cancións da Paz en inglés.
Logo tod@s xunt@s cantamos a canción de Antonio Flores : No dudaría.
Por certo, grazas familias por axudarnos a ensaiala na casa cos cativ@s ! ! !
Nesta vídeomontaxe con fotos podedes vernos en acción.
DÍA DA PAZ 2016 on PhotoPeach
Bicos e. . . boa semana de Entroido.
Non esquezades os mandadiños no Meco! ! !