Nas aulas de 3 anos puxemos o noso graíño de area e educamos na igualdade coa axuda do seguinte conto, pois pensamos que para acadar unha sociedade menos excluínte, mais igualitaria e libre de sexismo temos que transformar primeiro a educación das novas xeracións e os contidos aos que están expostas a través de películas, música de moda (que cantan sen pararse a pensar na letra) e mesmo contos clásicos.
É difícil ensinar aos mais pequenos a desfacerse de estereotipos sexistas si o que escoitan antes de durmirse é que Cincenta tivo que casarse cun príncipe para ser felices e comer perdices, ou que Brancaneves limpaba a casa dos ananitos. . . Non vos parece?
Despois de ver o vídeo estivemos reflexionando sobre o tema na medida que a súa madurez o permite, pero lembrade que neste caso a educación comeza en casa e que os adultos somos exemplo e modelo a imitar polos cativ@s.
Nas aulas preparamos unhas cintas moradas con mensaxes contra a violencia de xénero, no noso caso con palabriñas sinxelas como: amor, bicos, apertas, agarimo, etc.
Logo xuntámonos as dúas clases na entrada de Educación Infantil para colgar as nosas cintas moradas na árbore contra a violencia .
Grazas por unirvos á nosa proposta de asistir á escola cun lazo morado! ! !
Recomendacións de contos para educar na igualdade que os Reis Magos, Papá Noel ou o Apalpador poden mercarlles este Nadal:
Margarida é unha elefanta que abrirá o camiño á igualdade ás súas compañeiras.
O autor deste conto retoma o papel que xogan os homes na crianza das novas xeracións.
Mais aló do felices para sempre, o desenlace do conto é unha nova procura da felicidade.
Desmitificando o estereotipo das princesas , este conto é simplemente xenial ! ! !
Libro sobre a aceptación de un mesmo e que anima aos nen@s a ser ele@s mems@s e deixar a súa pegada no mundo.
Carlota é unha princesa que está farta da cor rosa e de bicar sapos para ver si se tranforman en príncipes.
Unha nova versión do clásico en clave de humor para axudarnos a educar na igualdade de xénero e na corresponsabilidade doméstica.
Para educar na igualdade de xénero.
Seguiremos actualizando. . .
Bicos.