domingo, 29 de mayo de 2022

VISITA Á GRANXA-ESCOLA DE BELELLE

 Esta semana que remata fixemos a nosa primeira excursión.

Visitamos a Granxa-Escola de Belelle , en Neda.

Fomos divididos en tres grupos, cada unco pano da súa cor: vermello, laranxa e verde.

Ali levamos a cabo catro talleres: animais, horto, facer pan e equitación.

E con moita ilusión levamos para casa unha semente de xirasol e un bolo de pan.

Aqui vos deixamos un vídeo en imaxes do ben que o pasamos.

Agardamos que vos guste!!!

VISITA Á GRANXA ESCOLA DE BELELLE de Bibiana Boedo

sábado, 21 de mayo de 2022

¡ SOMOS ARTISTAS ! ! !

 Seguimos investigando Pingüíns, e esta vez no Contexto de Arte fixemos moooooi ben unha proposta moooooi dificil .

Mirade qué ben debuxamos a metade que falta do pingüín.


pingüíns de Bibiana Boedo

Creamos con distintos materiais.


Eleximos un /unha compi de clase para escribir o seu nome e debuxalo/a.



Diego trouxo un conto moi fermoso dun faro e gustounos tanto que debuxamos o noso propio faro como ilustradoras/es profesionais.

¡ Hola faro ! de Bibiana Boedo

Facemos Ioga cos animais mariños para relaxarnos.



Aqui tendes o vídeo por si queredes seguir practicando.


Por fin comezamos as clases de Teatro con Ramiro, dentro do programa MUS-E.
Nesta primeira sesión quentamos motores presentándonos e facendo algún xogo.


7

E seguimos versionando as obras de Romero Britto ao tempo que aprendemos a pintar con pincel.






Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

Bibi

lunes, 16 de mayo de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

 O venres conmemoramos no patio O Día das Letras Galegas.

Recitamos xenial o noso poema e bailamos a muiñeira.

Aqui tendes un resumo en imaxes do ben que o pasamos.

Letras Galegas de Bibiana Boedo

E para que vexades o ben que bailamos, aqui vos vai un vídeo.


Seguiremos actualizando.

Bibi


CONTEXTO DE ARTE MAIO: VERSIONANDO A ROMERO BRITTO

 Esta semana  no Contexto de Arte fíxosenos curta, pero pasámolo xenial versionando obras de Romero Britto co noso toque de pincel especial.




Transformámonos en investigadoras/es por un día para atopar o tulipán agachado na imaxe e pintalo, poñendo a proba a nosa atención a concentración . E fixémolo xenial! ! !


Fixemos creacións artísticas con distintos materiais presentes na aula.


Seguimos elaborando portadas para os traballiños con moita ilusión.


Pasámolo xenial no patio xogando xunt@s.


E rematamos a semana levando para casa o venres o agasallo do Día da Familia, un bulbo de fresía que plantamos e temos que coidar con  moito agarimo e lembrar regar para ter unhas fermosas flores.


Seguiremos actualizando.
Bibi

9 DE MAIO: CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN

 O 9 de maio, para conmemorar o Día de Europa fixemos unha carreira solidaria en colaboración coa ONG save the Children , coa que recadamos cartos para axudar en Ucrania.

Aqui tendes unha escolma de fotos dese día.

carreira solidaria de Bibiana Boedo

Biquiños
Bibi

sábado, 7 de mayo de 2022

CONTEXTO DE XOGOS MAIO

 Esta semana no contexto de xogos estivemos traballando moito coa letra O.

Tiñamos que recoñecer e atopar a palabra correcta para pegar ao lado de cada debuxo. Había que fixarse moi ben en todas as letras, e como todas comezaban pola letra O había que poñer moita atención en cómo remataba cada palabra.


Tamén traballamos discriminación auditiva. Dicíamos en voz alta o nome dos debuxos prestando moita atención a si comezaba por O ou por outra letra , para colocar os debuxos no sitio correcto.


Preparamos os dorsais para a carreira solidaria do luns.


E tamén comezamos a preparar con moitísima ilusión portadas dalgúns dos nosos traballiños.


¡ Ides alucinar coa portada do noso Proxecto de Pingüíns! ! !
Fixémola en varias fases porque ten moooooito traballño detrás. 
Esta semana, por fin, rematámola,


E tamén seguimos investigando Os Pingüíns e outros animais que habitan na Antártida, algúns deles en perigo de extinción. Falamos do que iso significaba e da necesidade de coidar o noso planeta e as especies que viven nel.
Para rematar fixemos un súper traballo en papel no que plasmamos parte do aprendido e tamén traballamos lectoescritura.
Paréceme interesante que vexades máis polo miúdo en qué consistiu a actividade individual en papel.
Nesta folla había que atopar no texto do enunciado tres palabras: focas, krill e albatros. Logo había que rodealas, para non perdelas. Con isto traballamos conciencia fonolóxica e auditiva. Prestaron moita atención a por qué letra comezaba cada unha, cal viña despóis, por cal remataba, etc.
Son ritmos moi diferentes de traballo, houbo quen precisou máis axuda, quen menos e quen ninguha. Cada quen vai ao seu ritmo, que ten que ser respectado.
Pero o mellor de todo foi o interese enorme que amosaron tod@s! ! !


Unha vez localizadas as palabras, tentaron escribir cada unha no lugar correspondente, mirando polo enunciado no que as tiñan rodeadas.


E tamén xogamos moitíiiiiiiisimo e pasámolo xenial no patio.


¡ Seguiremos actualizando ! ! !

Biquiños

Bibi