Seguimos a recibir axuda das familias para aprender moito do artista holandés e tamén para xogar con él.
Mateo trouxo moita información sobre a vida e a obra de Mondrian coa que estamos aprendendo moito, Omar unha lámina moi fermosa cunha foto del que puxemos decorando o rincón e Marina un memori para xogar con cadros do famoso artista.
Aqui nos tendes xogando a descubrir as parellas co Memori de Marina.
Comezamos a facer un caderniño do pintor con algunhas das cousas que ímos aprendendo.
Comezamos pola portada, ben chula e. . . como din el@s: con letras estilo Mondrian (porque agora todo é estilo Mondrian. . . ja ja ja)
Co mapa de Europa investigamos onde vivimos nós, onde naceu Mondrian e onde se atopan outros países que coñecemos.
Logo nun traballo individual plasmamos parte do aprendido.
Falamos das bandeiras de distintos países e de como empregan distintas cores en cada unha delas xunto con escudos ou distintos símbolos.
Buscamos a bandeira de Holanda e pintámola.
Logo fomos complicando as tarefas. A seguinte proposta foi debater e tomar unha decisión en equipo, por unanimidade e sen discutir nin berrar: cada equipo debía elexir un representante investigador/a que enviaría ao rincón de Piet Mondrian para atopar o ano de nacemento do artista.
Tiña que ser unha decisión razoada, pensando quen era o/a que mellor ía saber cumplir a misión encomendada, non pensando en amizades (cousa difícil a estas idades), pensando na efectividade á hora de resolver a misión. (Luz e eu escoitamos todo tipo de razoamentos e rímonos moito, ji, ji, ji).
Ademais para complicar aínda máis a tarefa, durante o tempo de procura dos investigadores elexidos o resto do equipo debía permanecer en silencio e non podía dar pistas. Todas as ideas e a axuda de cómo facer para atopar o dato axeitado había que decirllo previamente na reunión do equipo.
Por último cada investigador escribiu nas casillas correspondentes ás cores do seu equipo a que consideraban a resposta acertada e, cando todos remataron explicáronos onde atoparon o ano de nacemento do artista e comprobamos entre todos as respostas que eran certas.
O importante de todo isto non era gañar, pois tod@s gañamos, o que aprendimos con esta actividade foi a falar, respectar a quenda dos demais, e o tempo de traballo en silencio para concentrarnos, a poñernos de acordo sen rifar, pensar no que mellor sabe facer cada un e como tod@s aportamos ao grupo dunha maneira ou doutra.
Logo, de xeito individual plasmamos o aprendido xunt@s. Picamos na caixa de números os que precisabamos para escribir a data de nacemento de Mondrian.
Seguiremos actualizando. . .
Bicos. (estilo Mondrian. . .como din por ahi . . . )