As nosas cabeciñas están desexosas sempre de novidades, aventuras, de que nos conten cousas novas e. . . tamén de facer travesuras. . .
Nestes días falamos moito do Inverno, decoramos o mural do corredor, contamos historias de piratas, aprendemos o número 2 cunha idea da profe Pilar (pintando un coelliño na man e levantando 2 dedos para fecerlle as orellas), empezamos o caderniño de mates do 2º trimestre, espertamos a curiosidade polas letras e cada vez recoñecemos o nome de máis compañeir@s e tentamos escribilo na pizarra magnética que temos no rincón das letras, o venres voltamos a facer merenda de cine (comemos a merenda vendo unha peli ), aprendemos cancións de piratas e do Inverno, etc.
Pero tamén hai que recoñecer que este tempo pon a proba o noso sentido do humor, estamos máis alterad@s, e facemos máis travesuras. . . e a profe di que lle vai sair fume polas orellas, aínda que Andrea miroulle e dixo: " no tale nada " (Non sae nada. . .je je je. . . ) Esperemos que a choiva poida darnos unha tregua a vindeira semana, porque non poder ir ao parque polas tardes, nin saír ao patio a desfogar nos columpios e correr polo campo no recreo, fai que estemos máis toliñ@s que de costume. . .
Gustounos moito este vídeo do Inverno, aqui volo deixamos para que o vexades con nós outra vez.
E aqui vos deixamos o noso vídeo-resumo da semana.
Agardamos que vos guste ! ! !
PIRATEAMOS NO INVERNO. . . on PhotoPeach
RECADO IMPORTANTE : Precisamos cartonciños dos do papel hixiénico, así que cando rematedes o papel non tiredes o cartón. . . temos unha manualidade en mente. . .
bicos.
Graciñas polos vosos comentarios!!!
ResponderEliminarAh!!! Xa non precisamos máis cartonciños do papel hixiénico, porque a mamá de Pablo conseguiu para tod@s !!! Graciñas Dolo !!!
bicos.
Bibi.